Concertos

A vocación de RIQUELA CLUB é converterse nunha nova referencia cultural para Compostela, cunha programación propia e confeccionada en colaboración con outros axentes culturais, festivais e promotoras de concertos. Prestixiosos festivais como Outono Códax Festival, Wos Inc Festival ou o Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuito xa escolleron o RIQUELA CLUB como espazo colaborador para as súas programacións. E tamén, como non, RIQUELA CLUB abre as súas portas para que podas tomar as túas copas en boa compañía e con boa música.

  • 02/06/23 | Venres - 23:30 (#167) Pinchadas e DJs A partir das 23.30h. Entrada libre Fins de semana Entrada gratuita
  • 03/06/23 | Sábado - 21:00 (#196) Aniversario Nora Tattoo Flash day // Sesión vermú // Música en directo 15€ (+ gastos)
  • 06/06/23 | Martes - 22:00 (#166) La Fábrica de Impro Todos os martes de febreiro a xuño excepto festivos ou vésperas de festivos ÚLTIMA SESIÓN DA TEMPADA! 7.50€ (+ gastos) Entradas
  • 09/06/23 | Venres - 21:00 (#198) Berlai Presentación do disco "Cas Berlai" 8€ (+ gastos)
  • 10/06/23 | Sábado - 12:00 (#197) Garaxeland Entrada gratuita
  • 15/06/23 | Xoves - 23:00 (#199) Akazie Dentro da programación de Plataforma - Festival de artes performativas Entrada gratuita
Concertos anteriores

Micah P Hinson, Cracker, Luke Wislow King, Rubio de Pruna, Alex Cooper, Morgan , Andrew Combs, Rodrigo Amarante, Bia Ferreira... Por Riquela teñen pasado os máis selectos artistas nacionais e internacionais... e os que quedan por pasar. Bótalle un ollo ó noso arquivo se tes un rato.

Características técnicas

En RIQUELA CLUB dispoñemos de todo o necesario para levar a cabo o teu evento. Se queres montar un concerto podes descargarte o rider técnico da sala e ver exactamente o equipo de son co que contamos, o noso backline básico e o noso escenario. Aquí vos deixamos un resumo das especificacións técnicas:

- Escenario de tarimas de 4x3 m.
- Equipo de son con watios de sobra para as dimensións da sala.
- Monitores de escenario.
- Mesa de son dixital con control dixital táctil.
- Microfonía estándar voces, amplificadores e batería.
- Backline básico (batería, amplificador de baixo e amplificador de guitarra).
- Mesa de DJ con 4 canais.
- Pratos e pletinas de CD.
- Sistema de son hi-fi.
- Sistema de proxección de imaxes.

Se tes dúbidas podes contactar connosco ao través do noso formulario de contacto ou escribíndonos a eventos@riquela.com