#79
BIGBAND CMUS DE SANTIAGO
martes 6/6/2017 21:30
Director: TOM RISCO | Artista convidado: MR. COOL (voz)

A Bigband e como unha asignatura coa intención de complementar o currículo clásico do conservatorio compostelán con certos rudimentos sobre improvisación, ademais de achegar aos alumnos unha mostra da música máis influínte do século XX, o jazz.

Dirixida polo profesor de percusión Ton Risco, a Bigband conta xa con cinco anos de vida, durante os que ten actuado en diferentes clubes de Compostela e contando coa colaboración de salientables solistas do jazz galego como Pablo Castaño, Toño Otero ou Javier Pereiro "Gdjazz".

Nesta ocasión na quq a Bigband do conservatorio compostelán actúa en Riquela Club, conta co colaboración da persoal e poderosa voz de Mr. Cool para abordar un repertorio que combina a compositores clásicos como Duke Ellington e outros máis modernos da talla de Joe Zawinul ou, xa no eido do latin jazz, de Michel Camilo.

Martín Ortigueira, Sergio Piñeiro Marcos Cernadas, Andrea Pérez, Rubén Salvande: saxofóns
Abel Gañete, Fernando Martínez, Ángel Gil, Alberto Calvo: trompetas
Guzmán Lloréns, Eloi Pazos, Ginés Guerra, Lolo Martínez: trombóns
Javier García: guitarra
Juan Cañada: contrabaixo
Xaime Santiago: piano
Nicolás Durán: batería

#79 BIGBAND CMUS DE SANTIAGO martes 6/6/2017 21:30
Director: TOM RISCO | Artista convidado: MR. COOL (voz)
Entrada de balde
Comparte! Entrada libre ata completar cabida | Apertura de portas 21.00h
#390
Próximamente

Este Nadal, a comida de empresa, a cea coa cuadrilla ou a xuntanza familiar pódense facer no Riquela. Preparamos dous menús para grupos pensados para compartir, con produto caseiro, bebida incluída e opción vegana en todos os pratos. E se despois da comida queredes alongar a festa, tamén podemos montala.

## Opción 1 · 35 € por persoa

**Para comezar e compartir**
Gildas variadas caseiras
Táboa de queixos curados de ovella con pesto, mojo picón, boletos e trufa negra

#390 Celebra o Nadal no Riquela Club Próximamente
Prezo por concretar
#389

Concerto

#389 Amparo Sánchez
Concerto
15€ Entradas
#388
viernes 23/10/2026 20:30
Concerto

Un disco sobre buscar un lugar propio 🎶

Portosanto presenta Ten que haber un sitio para nós, o seu novo disco, con dez cancións sobre dúas ideas: a necesidade de atopar un lugar propio e o peso da memoria. Os adiantamentos Vinte de agosto e o tema que dá título ao disco xa deixaban ver esas dúas liñas, e a canción principal fala do desconcerto de chegar á madurez sen que aparezan as certezas que se prometían.

📅 Venres 23 de outubro
🕣 21:00
🎟️ Entradas desde 13,60 €

#388 Portosanto viernes 23/10/2026 20:30
Concerto
13,60€ Entradas
#387
sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

No duerme nadie.
Así se pecha o Festival Flamenco.

Gregorio Moya e Paco Cortés despiden os tres días cunha homenaxe a Enrique Morente, a figura que abriu o flamenco a todo o que viña de fóra sen soltar nunca a raíz.

Morente rompeu regras e hoxe ninguén o discute. Que artista actual cres que está facendo o mesmo? 👇

Non deixes a entrada para o último día.

#387 Gregorio Moya & Paco Cortés sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
#386
viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela

"Unha obra sobre o cante como resistencia máxima."
Teresa Hernández canta na Igrexa da Universidade.

A cantaora chega acompañada por Kike Terrón e El Peli para poñer a voz no centro absoluto, nun espazo que engade unha acústica e unha solemnidade difíciles de repetir.

⚠️ Importante: na apertura de portas acceden primeiro as persoas con abono do festival. Despois ábrese a entrada libre para o público xeral ata encher.

#386 Teresa Herández viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela
Entrada libre
#385
jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

Dúas almas, unha mesma linguaxe.
Así arranca o Festival Flamenco en Santiago.

Francisco Escudero "El Perrete" e Rubén Levaniegos abren os tres días con Binomio. Dos almas, un solo lenguaje: un espectáculo construído sobre o encontro entre o cante e o toque, e sobre o diálogo entre dous intérpretes que se entenden sen falar.

#385 Francisco Escudero: El Perrete jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
Anterior Siguiente