#38
Amparo Arias
viernes 24/2/2017 21:00

Amparo Arias é unha cantautora ferrolá cuxa música contén trazas de pop, folk, bossanova e psicodelia. O seu álbum Todo lo que no pasó amosa un claro abanico de estilos musicais que nos fan viaxar no tempo e rememorar a músicos como Chrissie Hynde, Astrud Gilberto, Love ou The Beatles. Neste disco, producido polo músico ferrolán Óscar Quant e a propia artista, colaboran un bo elenco de músicos de Ferrolterra de calidade contrastada como poden ser o propio Óscar, Roger de Flor, Joaquin Bianco, Cabe García, Fran Rey, Adán Arias…Tras un longo silencio, Amparo (voz, guitarra acústica, percusión) decidiu tocar as súas cancións en directo acompañada do seu irmán Rogelio Arias (guitarra eléctrica, charango, coros) nunha posta en escena de ampla variedade e riqueza sonoras. Ao través do seu espectáculo, no cal tamén fai adaptacións de xoias ocultas do pop (Marc Bolan, Velvet Underground etc.), Amparo Arias amosa que a dozura e suavidade melódica das súas cancións non está rifada co acedo pouso que deixan algunhas das súas letras (Timeless guy, O tren dás seis, Limodre etc.). Unha das súas últimas colaboracións foi co músico de Seattle Ken Stringfellow e a súa banda The Posies, que a animaron a dar o salto para cantar as súas cancións en directo. Actualmente tamén está inmersa na composición de novos temas para un futuro disco, ademais de poñer voz a varios dos poemas de William Blake, musicalizados xunto ao seu irmán e o músico ourensán Raúl Díaz (Os Amigos dos Músicos, Niño y Pistola), nun proxecto que axiña sairá á luz.

https://amparoarias.bandcamp.com/ https://www.facebook.com/ampi.arias
#38 Amparo Arias viernes 24/2/2017 21:00
4€
(+ gastos)
Puntos de venda:
Riquela, A Reixa Tenda
Comparte! Presentación do disco "Todo lo que no pasó" | Apertura de portas 20.00h
#368
sábado 10/10/2026 19:00
Monólogo

O domingo 04 de outubro, Riquela vístese de comedia (e de sarcasmo marca Castela) coa chegada de Laura de Val e o seu novo show.

Unha hora longa onde a identidade, a ironía e as malas decisións mestúranse con chistes malos (como o que acabas de ler, probablemente) e unha promesa importante: non haberá hummus. 🧆❌

Laura escribe esta sinopse en terceira persoa... aínda que é ela mesma a que o está facendo. Porque así funciona a súa cabeza: todo soa mellor antes de dicilo. Pásache a[…]

#368 Laura de Val sábado 10/10/2026 19:00
Monólogo
18€
#367
viernes 5/6/2026 20:30
Concerto

Tras un tempo de descanso, Néboa regresan con novo disco, que verá a luz no mes de maio, e volven actuar en Santiago o próximo 5 de xuño na sala Riquela.

#367 Néboa viernes 5/6/2026 20:30
Concerto
13€ Entradas
#366
sábado 13/6/2026 20:30
Concerto

O sábado 13 de xuño, Riquela recibe a unha auténtica besta do escenario: Boom Boom Kid, o proxecto en solitario de Carlos Rodríguez (ex Fun People).

Hardcore, punk, rock alternativo... pero tamén folk, rockabilly e psychobilly. Todo vale baixo o seu propio selo, Ugly Marcas. Un directo sen rede, visceral e honesto, que non deixa a ninguén indiferente.

Se che gusta o ruído ben feito e a actitude sen filtros, esta é a túa noite.

🗓️ SÁBADO 13 DE XUÑO
⏰ 20:30h
📍 R[…]

#366 Boom Boom Kid sábado 13/6/2026 20:30
Concerto
#365
jueves 25/6/2026 20:30
Concerto

O xoves 25 de xuño, Riquela recibe a unha das mellores bandas nacionais do momento. Vera Fauna chega a Santiago co seu disco "Díme onde estamos" debaixo do brazo e un directo que conquistou salas e festivais de arriba a abaixo.

O seu xa non é unha promesa. É realidade. O 2025 foi o ano da súa consagración, e agora veñen demostralo na nosa casa. Cancións que enganchan, unha posta en escena impecable e ese non sei que que converte cada concerto nunha festa.

#365 Vera Fauna jueves 25/6/2026 20:30
Concerto
22€ Entradas
#364
jueves 28/5/2026 20:30
Concerto

🎶🌿 EMILIA E PABLO EN RIQUELA

O xoves 28 de maio, o dúo chileno-español presenta un adianto de "De Púrpura e Melancolía", o seu novo traballo. Unha viaxe musical pola poesía de Gabriela Mistral, Alejandra Pizarnik e outras grandes, xunto ao mellor dos seus discos anteriores.

Fusión de raíz latinoamericana e flamenca, recoñecidos pola crítica (Mondo Sonoro, Premios MIN) e con colaboracións con Estrella Morente ou Niño de Elxe.

🗓 XOVES 28 MAIO
⏰ 20:30h
📍 Riquela […]

#364 Emiia y Pablo jueves 28/5/2026 20:30
Concerto
10€  Entradas
#363
domingo 12/4/2026 13:00
Concerto

Ukestra do medio apresenta ‘De Aqui e de Acolá’, o seu terceiro disco grande, um trabalho que inclui 10 temas e que se abre a inspiraçons nom exploradas anteriormente. Assi, a cúmbia, a bossa nova ou a música de ar tradicional convivem com ritmos mais habituais nos trabalhos da Ukestra como som o pop, o swing, o folk ou a música country. Umha mestura intencionalmente eclética e heterodoxa.

‘De Aquí e de Acolá’ apresenta-se como o disco mais alegre da Ukestra do Medio, no que predominam[…]

#363 Ukestra do Medio domingo 12/4/2026 13:00
Concerto
5€ Entradas
Anterior Siguiente