Berta Franklin é unha banda galega que practica unha amalgama de sons, desde o soul e a psicodelia ata a new-wave e o rock actual, que pretende crear unha experiencia para os sentidos, achegando ao espectador unha atmosfera intimista, intensa e de factura delicada.
Formada a finais do ano 2017, chega á actualidade con tres EPs editados, baixo a produción de Arturo Vaquero no seu debut, e Hevi Malandrómeda nos seguintes. Ademais, no seu curto período de existencia xa conta no seu haber con concertos en grandes festivais como o Caudal Fest, PortAmérica, Osa do Mar ou FaCeLa Fest.
https://www.instagram.com/berta_franklin/ https://open.spotify.com/intl-es/artist/6Uyh0nXj7plMUedUqc15h5