#71
AL TRAN TRÁN
domingo 30/4/2017 21:00

A compañía madrileña de improvisación teatral E musical Al Tran Trán preséntase por primeira vez en Riquela Club co seu espectáculo El show de Al Tran Trán, probablemente o espectáculo que mellor reflicte a esencia da compañía: humor, música e improvisación. En El show de Al Tran Trán, dous músicos descarados súbense ao escenario a interpretar cancións e retarse o un ao outro a facer o que lles da a gana. Ninguén sabe o que van a facer, nin siquera eles teñen a máis mínima idea do que se agarda deles pero, xa que están... Al Tran Trán inventan cancións con refráns pegadizos, crean historias con finais que provocan a gargallada e bailan sen control ao ritmo de melodías que nunca antes se tiñan tocado ou escoitado. Sketches teatrales e musicais divertidísimos vanse sucedendo a partir das achegas do público, todo isto improvisado no acto. O punto forte deste espectáculo é a cercanía que se xenera co público e o absoluto goce xeralizado que produce, Al Tran Trán fai que calquera poda sentirse como na súa propia casa.

A compañía Al Tran Trán Impro nace en 2009 experimentando unha forma propia de facer música e teatro improvisados. O público volcase inmediatamente coa súa proposta e Al Tran Trán empeza a xirar por toda España co seu primeiro show Con mallas y a lo loco colaborando durante dúas tempadas con RNE no programa No es un día cualquiera e gravando un documental para LA 2 de RTVE sobre a “Impromusical”. En 2012 crean un novo show, Al Tran Trán FM, que estrenan na Sala Galileo-Galilei e representan durante 10 meses no Teatro Alfil de Madrid. Abren a súa escola de improvisación musical e teatral en Madrid. En 2014 participan na Gala de premios Forqué de TVE e embárcanse no seu novo show La última noche, que tamén se estrea no madrileño Teatro Alfíl no que permañece entre marzo e decembro. En 2015 son seleccionados pola Red de Teatros de Madrid co seu espectáculo Al Tran Trán FM. Al Tran Trán é sen dúbida un referente clave en España cando falamos de Improvisación, música e comedia. Unha aposta arriscada onde o verdadeiro protagonista é o público.

https://www.altrantranimpro.com
#71 AL TRAN TRÁN domingo 30/4/2017 21:00
6€
(+ gastos)
Puntos de venda:
Riquela
Comparte! Improvisación teatral e musical | Apertura de portas 20.00h
#387
sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

No duerme nadie.
Así se pecha o Festival Flamenco.

Gregorio Moya e Paco Cortés despiden os tres días cunha homenaxe a Enrique Morente, a figura que abriu o flamenco a todo o que viña de fóra sen soltar nunca a raíz.

Morente rompeu regras e hoxe ninguén o discute. Que artista actual cres que está facendo o mesmo? 👇

Non deixes a entrada para o último día.

#387 Gregorio Moya & Paco Cortés sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
#386
viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela

"Unha obra sobre o cante como resistencia máxima."
Teresa Hernández canta na Igrexa da Universidade.

A cantaora chega acompañada por Kike Terrón e El Peli para poñer a voz no centro absoluto, nun espazo que engade unha acústica e unha solemnidade difíciles de repetir.

⚠️ Importante: na apertura de portas acceden primeiro as persoas con abono do festival. Despois ábrese a entrada libre para o público xeral ata encher.

#386 Teresa Herández viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela
Entrada libre
#385
jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

Dúas almas, unha mesma linguaxe.
Así arranca o Festival Flamenco en Santiago.

Francisco Escudero "El Perrete" e Rubén Levaniegos abren os tres días con Binomio. Dos almas, un solo lenguaje: un espectáculo construído sobre o encontro entre o cante e o toque, e sobre o diálogo entre dous intérpretes que se entenden sen falar.

#385 Francisco Escudero: El Perrete jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
#384
domingo 15/11/2026 20:30
Concerto

Sharp Pins es el proyecto de pop lo-fi, muy sólido, del talentoso músico de Chicago Kai Slater, de Lifeguard y Dwaal Troupe.

#384 Sharp Pins domingo 15/11/2026 20:30
Concerto
19,80€  Entradas
#383
sábado 24/10/2026 20:30

#383 Lucky Dados + Mad Martin sábado 24/10/2026 20:30
10€
#382
jueves 22/10/2026 20:30
Concerto

#382 corto.alto jueves 22/10/2026 20:30
Concerto
21,63€ Entradas
Anterior Siguiente