#46
SIMÓN GARCÍA QUARTET
domingo 14/5/2017 20:30

SIMÓN GARCÍA QUARTET
PABLO AÑÓN saxofón alto
IAGO MOURIÑO teclado
SIMÓN GARCÍA contrabaixo
MIGUEL CABANA batería

Bassically é un proxecto do contrabaixista e compositor galego Simón García (Mugardos, 1977) no que este talentoso e emprendedor músico adapta pezas jazzísticas orixinais, escritas por el mesmo, que foron concibidas para grupo de contrabaixos ou grupo de contrabaixos e solistas. Toda esta música xa ten sido interpretada, nas súas versións orixinais, en diferentes países de Europa, Asia e América, pero nesta ocasión, Simón García xogará coa tímbrica e expresividade dun cuarteto de jazz. Este repertorio abrangue diferentes estilos musicais como o swing, o funk, a jazz ballade ou bossa nova e, para a ocasión contará cos membros do seu cuarteto: o saxofonista Pablo Añón, o pianista Iabo Mouriño e o baterista Miguel Cabana.
Tras máis dunha década de traxectoria profesional, boa parte dela desenvolta durante un periodo de sete anos en Madrid, PABLO AÑÓN (A Coruña, 1983) ten tocado en festivais, salas e clubes de toda España, Italia, Alemaña, Portugal ou o Congo. Na actualidade cursa o grao superior na especialidade de jazz e completa a súa formación en saxofón con Roberto Somoza. Ademais de ser membro de diferentes proxectos, ten conseguido distincións como o Premio ao Mellor Solista no Certame de Jazz Palma de Mallorca 2010, entre outros galardóns. Formado en música clásica no Conservatorio de Lalín, IAGO MOURIÑO continuou os seus estudos con diferentes mestres e no Conservatorio Superior de Música da Coruña. Lidera o Iago Mouriño Trio, no que fai visible a súa faciana como compostior, e forma parte de diversas formacións coas que actúa habitualmente en festivais de jazz de toda a península. Nado na Coruña no seo dunha familia de músicos en 1975, MIGUEL CABANA é licenciado en Jazz Performance con matrícula de honra na Guildhall School of Music and Drama londinense. Aos 15 anos de idade comezou a súa carreira profesional tocando en orquestras, bandas de rock, funk, pop, latin, folk, jazz, etc. En 1999 entrou a formar parte do profesorado da Escola Municipal de Música da Coruña como profesor de linguaxe musical, batería, percusión e combos. Na actualidade é endorser de baterías NPdrums (Nova Percusió), pratos Murat Diril, baquetas Morgan Mallets e caixas DMJDRUMS e compaxina a súa laboura como docente con diferentes proxectos musicais. Licenciado en contrabaixo polo Conservatorio Superior de Música de Castilla y León, o mugardés SIMÓN GARCÍA é un músico versátil que asiduamente é requirido para traballar con artistas de diferentes eidos musicais e artísticos. Cunha importante carreira internacional como intérprete e compositor, a súa música xa se ten interpretado en 26 países de Europa, América e Asia, tanto por el mesmo como por solistas de talla internacional. Regularmente ofrece clases maxistrais e concertos en diferentes países. Simón García mantén un contrato de exclusividade coa editorial inglesa Recital Music, coa que ten publicado máis de 40 partituras, e actualmente conta xa cunha discografía de máis de 30 títulos.

https://www.simongarcia.es
#46 SIMÓN GARCÍA QUARTET domingo 14/5/2017 20:30
5€
(+ gastos)
Puntos de venda:
Riquela
Comparte! Riquela Jazz | Deleite ao vivo | Consumición mínima incluida na entrada | Presentación do disco "Basically" | Apertura portas 19.30h Logos
#387
sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

No duerme nadie.
Así se pecha o Festival Flamenco.

Gregorio Moya e Paco Cortés despiden os tres días cunha homenaxe a Enrique Morente, a figura que abriu o flamenco a todo o que viña de fóra sen soltar nunca a raíz.

Morente rompeu regras e hoxe ninguén o discute. Que artista actual cres que está facendo o mesmo? 👇

Non deixes a entrada para o último día.

#387 Gregorio Moya & Paco Cortés sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
#386
viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela

"Unha obra sobre o cante como resistencia máxima."
Teresa Hernández canta na Igrexa da Universidade.

A cantaora chega acompañada por Kike Terrón e El Peli para poñer a voz no centro absoluto, nun espazo que engade unha acústica e unha solemnidade difíciles de repetir.

⚠️ Importante: na apertura de portas acceden primeiro as persoas con abono do festival. Despois ábrese a entrada libre para o público xeral ata encher.

#386 Teresa Herández viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela
Entrada libre
#385
jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

Dúas almas, unha mesma linguaxe.
Así arranca o Festival Flamenco en Santiago.

Francisco Escudero "El Perrete" e Rubén Levaniegos abren os tres días con Binomio. Dos almas, un solo lenguaje: un espectáculo construído sobre o encontro entre o cante e o toque, e sobre o diálogo entre dous intérpretes que se entenden sen falar.

#385 Francisco Escudero: El Perrete jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
#384
domingo 15/11/2026 20:30
Concerto

Sharp Pins es el proyecto de pop lo-fi, muy sólido, del talentoso músico de Chicago Kai Slater, de Lifeguard y Dwaal Troupe.

#384 Sharp Pins domingo 15/11/2026 20:30
Concerto
19,80€  Entradas
#383
sábado 24/10/2026 20:30

#383 Lucky Dados + Mad Martin sábado 24/10/2026 20:30
10€
#382
jueves 22/10/2026 20:30
Concerto

#382 corto.alto jueves 22/10/2026 20:30
Concerto
21,63€ Entradas
Anterior Siguiente