#29
OS AMIGOS DOS MÚSICOS
viernes 17/2/2017 21:00

Os Amigos dos Músicos presentan o 17 de febreiro en Riquela Club o seu álbum de debut: un conxunto de cancións nas que xuntan o propio co alleo, a tradición local coa contemporaneidade doutras latitudes e lonxitudes. A banda, que sempre buscou referentes na canción popular galega, establece con este disco un compás para dirixirse en tal singradura. Así, as coordenadas que, dun xeito simbólico máis tamén obxectivo, marcan Curros Enríquez, Suso Vaamonde, Manuel María e Luís Emilio Batallán son o risón que permite pararse e levantar a vista, mais só para proseguir a viaxe cos ollos no mundo enteiro. Unha mostra deste ánimo de descuberta son os seus concertos, nos que Os Amigos dos Músicos presentan o seu amplo rexistro musical a través da sutileza dos cambios de dinámica e a mestura das distintas voces que componen a banda nunha marmita na que todos os elementos coceron a lume lento para dar lugar a un material de onte, de hoxe, de aquí e de acolá…

Este disco de debut de Os Amigos dos Músicos foi elexido pola revista Mondosonoro como o mellor álbum editado en Galicia en 2016, ademáis de declaralo disco do mes en xaneiro e o 5º mellor álbum de folk/americana a nivel estatal. A prensa especializada tamén dixo: “El resultado posee una lógica interna demoledora, plagado de honestidad y autenticidad (El Mundo); “Estamos ante un gran disco. Un auténtico clásico contemporáneo de la música gallega” (Rockdelux) ou “Una de las piezas clave del folk-pop gallego” (Ruta 66).

https://open.spotify.com/album/3Nz0qKwOMWuByQQ3XevZ9U https://es-es.facebook.com/osamigosdosmusicos/
#29 OS AMIGOS DOS MÚSICOS viernes 17/2/2017 21:00
10 € / 8 € (anticipada)
(+ gastos)
Puntos de venda:
Riquela, A Reixa Tenda, Ticketea Entradas
Comparte! Presentación do disco "Os Amigos dos Músicos" | Apertura portas 20:00h
#387
sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

No duerme nadie.
Así se pecha o Festival Flamenco.

Gregorio Moya e Paco Cortés despiden os tres días cunha homenaxe a Enrique Morente, a figura que abriu o flamenco a todo o que viña de fóra sen soltar nunca a raíz.

Morente rompeu regras e hoxe ninguén o discute. Que artista actual cres que está facendo o mesmo? 👇

Non deixes a entrada para o último día.

#387 Gregorio Moya & Paco Cortés sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
#386
viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela

"Unha obra sobre o cante como resistencia máxima."
Teresa Hernández canta na Igrexa da Universidade.

A cantaora chega acompañada por Kike Terrón e El Peli para poñer a voz no centro absoluto, nun espazo que engade unha acústica e unha solemnidade difíciles de repetir.

⚠️ Importante: na apertura de portas acceden primeiro as persoas con abono do festival. Despois ábrese a entrada libre para o público xeral ata encher.

#386 Teresa Herández viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela
Entrada libre
#385
jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

Dúas almas, unha mesma linguaxe.
Así arranca o Festival Flamenco en Santiago.

Francisco Escudero "El Perrete" e Rubén Levaniegos abren os tres días con Binomio. Dos almas, un solo lenguaje: un espectáculo construído sobre o encontro entre o cante e o toque, e sobre o diálogo entre dous intérpretes que se entenden sen falar.

#385 Francisco Escudero: El Perrete jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
#384
domingo 15/11/2026 20:30
Concerto

Sharp Pins es el proyecto de pop lo-fi, muy sólido, del talentoso músico de Chicago Kai Slater, de Lifeguard y Dwaal Troupe.

#384 Sharp Pins domingo 15/11/2026 20:30
Concerto
19,80€  Entradas
#383
sábado 24/10/2026 20:30

#383 Lucky Dados + Mad Martin sábado 24/10/2026 20:30
10€
#382
jueves 22/10/2026 20:30
Concerto

#382 corto.alto jueves 22/10/2026 20:30
Concerto
21,63€ Entradas
Anterior Siguiente