#76
ELECTRA
sábado 10/6/2017 21:00

Os Arehucas Live Music! e Riquela Club acollen o sábado 10 de xuño un dos concertos de presentación de ELECTRA. Banda formada en A Coruña, ELECTRA é o novo proxecto do guitarrista e compositor Pablo Rega, ex membro da mítica formación Kozmic Muffin. Electra é un proxecto onde Pablo Rega conxuga todas as súas fobias e filias. Unha viaxe musical que se nutre dende o rock experimental das súas orixes, influido pola súa traxectoria como compositor e intérprete en terreos máis vangardistas, no que envolve musicalmente unhas coidadas letras en castelán con cores e texturas que van dende os sons do rock máis clásico ou a música fronteiriza e de raíz americana ata as pasaxes máis sofisticadas e evocadoras. Movéndose entre a violencia e a calma que outorgan a experiencia, Electra nace cunha firme e sobria achega en escena que non deixará a ninguén indiferente.

Pablo Rega pasou os últimos 15 años dedicado á música instrumental, a medio camiño entre a improvisación libre e a composición contemporánea e experimental en formacións como a B.I.B. (Banda de Improvisadors de BCN) e O.M.E.G.A. (Orquestra de Música Espontánea de Galicia) das que foi director durante anos. Deseñador de son para espectáculos de teatro e bandas sonoras para cine e documental, ten traballado en incontables proxectos e formaciones no eido da improvisación libre, o free jazz e as músicas de vangarda.

Forman ELECTRA, Alvaro Dórda como vocalista (Mandrágoras, Ultracuerpos, Rockers go to Hell), Miguel Martínez ao baixo (Rockers go to Hell, MEU, Pardo), Ramón Alonso como guitarrista e nos coros (Ultracuerpos, Sensacional), Enrique Otero aos teclados (Kozmic Muffin, Banda Crebinsky) e, na batería e os coros, Adrián Seijas (Misterioso viaje a Holanda); todos eles músicos de sobrada e demostrada experiencia no panorama nacional. Electra prepara o seu primeiro traballo discográfico en estudo para o próximo outubro e estréase cun directo irresistible, maduro e elegante

https://www.facebook.com/electra.info/ https://www.instagram.com/electra.info/
#76 ELECTRA sábado 10/6/2017 21:00
10€ / 8€ (anticipada)
(+ gastos)
Puntos de venda:
Riquela, A Reixa Tenda, Ticketea Entradas
Comparte! Arehucas Live Music | Apertura de portas 20.00h Logos
#382
jueves 22/10/2026 20:30
Concerto

#382 corto.alto jueves 22/10/2026 20:30
Concerto
21,63€ Entradas
#381
miércoles 11/11/2026 20:30
Concerto

#381 Sara Hebe miércoles 11/11/2026 20:30
Concerto
18,44€ Entradas
#380
miércoles 18/11/2026 20:00
Doble data

Barrence Whitfield é un artista salvaxe e potente que leva máis de 40 anos ofrecendo interpretacións vocais explosivas, sendo un dos últimos shouters que quedan en activo e en plena forma. Tanto con The Savages como en solitario, Barrence sempre o dá todo, e agora conta co apoio da magnífica banda de frat rock and roll MFC Chicken (inesquecible o seu concerto no Outono Códax 2022) para varios concertos especiais nos que repasarán o repertorio dos primeiros tempos de Barrence, cando empezou a […]

#380 Barrence Whitfield & MFC Chicken miércoles 18/11/2026 20:00
Doble data
18€ Entradas
#379
miércoles 11/11/2026 0:20
Concerto

rancés de nacemento, texano por adopción musical e cantante de soul con alma de bluesman, Tiwayo é un espírito libre que ten tocado na rúa e viaxado por todo o mundo, absorbendo as raíces do blues, o soul e o góspel seguen dando forma á súa música. Foi precisamente nunha viaxe a Memphis onde un veterano músico cajún de blues quedou fascinado polo contraste entre o aspecto xuvenil deste músico e a profundidade áspera e da súa voz. E foi el quen o bautizou como «The Young Old» («o mozo vello»[…]

#379 Tiwayo miércoles 11/11/2026 0:20
Concerto
18€ Entradas
#378
domingo 25/10/2026 20:30
Concerto

#378 Julia Perminova Trío domingo 25/10/2026 20:30
Concerto
TBC
#377
domingo 21/2/2027 18:30
Monólogo

Tabú es un espectáculo de stand-up comedy en el que Dani Alés explora, con inteligencia y una escritura extraordinariamente cuidada, las contradicciones de nuestro tiempo.

Sin recurrir a la provocación fácil ni al humor ofensivo, el espectáculo se adentra en esos asuntos que parecen intocables para demostrar que el verdadero límite del humor no está en los temas, sino en la falta de talento.

Con un ritmo constante, una mirada afilada y un inusual equilibrio entre reflexión y car[…]

#377 Dani Aléx presenta: Tabú domingo 21/2/2027 18:30
Monólogo
17,80€ Entradas
Anterior Siguiente