#168
Willie e Winnie
Xoves 23/2/2023 21:00

Willie & Winnie abarca diversos xéneros como o jazz, o ambient, a música electrónica e o folk americano, é coñecido polas súas baladas sombrías con arranxos sofisticados. En xaneiro do 2020 lanzan "You & I". Un álbum escuro e emotivo que conquista polo seu carácter outonal recollido en ondas de sintetizador, na calidez da guitarra acústica e, sobre todo, nas voces, as auténticas protagonistas da súa proposta. Para a gravación do disco, producido e mesturado por Arturo Vaqueiro (ex Humanoid), contaron con algúns dos mellores músicos da escena galega: Alejandro Casquero ao piano, Alejandro Masafret ao baixo, Ton Risco á batería e Antonio Otero ao saxo alto.

En 2021 lanzan “Trace”, producido, gravado e mesturado pola mesma banda, é un conxunto de pezas de carácter contemplativo que recentemente se converteu en peza fundamental da instalación sonora e fotográfica “Cara a Dentro” que estivo durante o pasado mes exposta no Centro Torrente Ballester de Ferrol.

Na primavera de 2022 colaboran nun disco recompilatorio en homenaxe ao icónico Andrés do Varro, o primeiro artista en conseguir varios números uno en lingua galega. A banda ofrece unha interpretación íntima do seu tema “Eu Non Sei” baixo o único acompañamento do piano de Alejandro Casquero. Actualmente atópanse realizando novos traballos con novas amizades como Taylor Deupree dos que proximamente oiredes falar.

https://www.instagram.com/willienwinnie/ https://linktr.ee/willienwinnie
#168 Willie e Winnie Xoves 23/2/2023 21:00
5€
(+ gastos)
Puntos de venda:
A Reixa Tenda e Riquela
Comparte! Presentación de "Trace"
#291
Xoves 27/3/2025 20:30
Concerto

Tras anos converténdose nun secreto a voces en Santiago subindo cancións de corte doméstico, mariagrep decidiu ser a raíña dun urban melódico tan conectado co bedroom pop como coa vaporwave. Ofreceu decenas de directos nalgúns dos festivais máis importantes do país, e na súa música habita unha sensación de estar a dar a volta ao pop electrónica, cunha actitude tan preto da música industrial como dos medios tempos de estética noventera ou mesmo o punk-pop. Ademais, mariagrep é unha das tres pa[…]

#291 Mariagrep Xoves 27/3/2025 20:30
Concerto
Prezo por concretar
#290
Venres 14/2/2025 20:30
Concerto

Cora Velasco e Carlos Gil coñecéronse en 2018 durante a gravación de Sortilegios, o primeiro disco de Cora, que presentaron en Disco Grande con Julio Ruiz en 2019. Desde entón, acumularon actuacións destacadas en festivais como Ou Son do Camiño, PortAmérica e o Festival da Luz, abrindo tamén para artistas como Luz Casal e Iván Ferreiro. Agora están a preparar o lanzamento do seu primeiro álbum conxunto, O cuarto dourado, previsto para 2025.

Pola súa parte, Helena Egea debutou no Festiv[…]

#290 Cora + Helena Egea Venres 14/2/2025 20:30
Concerto
Prezo por concretar
#289
Xoves 13/2/2025 20:30
Concerto

Forxado na intensa e variada escena de Austin (Texas) , Jack Burton emerxeu como un enérxico cantautor dentro do Folk – Blues. O seu novo disco, cargado de letras inspiradoras e coa súa profunda voz como protagonista, é unha mestura crúa e conmovedora de blues alternative e folk-rock.”

En formato cuarteto , preséntanse por primeira vez en Galicia, ofrecendo un espectaculo de Blues moi xenuíno e fóra das estruturas do xero.

#289 Jack Burton Band Xoves 13/2/2025 20:30
Concerto
15€ Entradas
#288
Domingo 29/12/2024 13:00
Concerto

#288 The Lazy Farmers Domingo 29/12/2024 13:00
Concerto
Entrada libre
#287
Venres 3/1/2025 21:15
Concerto

The Fabulous Resaca Brothers leva pateando escenarios case 10 anos, nos que teñen acompañado a bandas do calibre de Rede House, Gisele Jackson, The Agapornis ou Marcos Coll. Tamén foron banda residente nun clásico garito de Compostela, onde tocarían uns 150 concertos.
Son varios os musicos que pasaron pola formación, que se mantén sempre cambiante para interpretar temas clásicos do Blues eléctrico. O que non cambia nunca é a FESTA que montan encima do escenario. Ás veces mesmo a montan […]

#287 The Fabulous Resaca Brothers Venres 3/1/2025 21:15
Concerto
10€
#286
Venres 27/12/2024 19:00
Concerto

The Lákazans é unha banda formada en 2011 que basea o seu repertorio nos principais estilos da música americana, como o soul, blues, funk, rhythm & blues e country. Ao longo da súa traxectoria, tocaron en numerosos escenarios de Galicia, explorando a esencia destes xéneros tradicionais.
Publicaron tres discos de estudo, nos que destacan arranxos inspirados nas raíces da música americana, cunha mestura de influencias que conecta coa tradición sen perder o seu enfoque contemporáneo.

[…]

#286 The Lákazans Venres 27/12/2024 19:00
Concerto
Taquilla inversa
Anterior Siguiente