#72
JAY
jueves 18/5/2017 20:30
+ PUMA PUMKU + OH AYATOLLAH

Os vigueses JAY presentan o seu último disco en Riquela Club o xoves 18 de maio nun concerto triple no que estarán secundados por dúas bandas composteláns, os PUMA PUMKU (outra banda do mesmo selo discográfico galego Matapadre) e OH AYATOLLAH.

Tras Vacaciones en Vietnam (Discos Humeantes, 2013) e Los colegas no te olvidan (Discos Humeantes, 2015), a banda viguesa Jay ofrecen no seu terceiro disco, Fuimos nosotros (Matapadre, 2017), un elaborado traballo que os leva moito máis lonxe. Aglutinando as súas variadas experiencias e paixóns, neste disco atopamos flamenco, hip hop, destellos tropicais, noise, kosmiche, dub, punk, moito pop, sampleos luminosos, palmas e tradición. Combinacións que poderían resultar imposibles pero soan certeiras e máis Jay que nunca, sempre desafiantes e felinos. Fuimos nosotros é un álbum rico en arranxos e sons, onde claramente apostaron polas ideas e a aventura, ao mesmo tempo que reafirman o seu lugar e carácter xenuino. O deixan ben claro: “fuimos nosotros”. Toda esta conxunción resulta poderosa, non apta para aburridos, retrógrados e amantes do obvio. E ademais pódese cantar e bailar. Fuimos nosotros contén letras sensibles e poéticas que ao mesmo tiempo supuran cruda realidad, Jay despregan a súa maxia. Baixos pesados cheos de flow, samplers, teclados imaxinativos, guitarras envolventes, frautas, saxos, beats endiañados e ritmos súper sólidos. Fuimos Nosotros constitúe unha experiencia sónica audaz e alucinante, onde Jay exhalan un novo álbum refulxente.

Moito, e moi ben, leva falándose durante este ultimo ano sobre Puma Pumku. Un nome tras o que se refuxian Amadeo Varela, Guillermo Cavero “Pamper”, Francisco Varela, Óscar Raña “Pulpo” e Álvaro Dosil “Coque”, cinco amigos que, tras ter tocado en diversas formacións, uniron os seus camiños ao través dunha personalísima visión da psicodelia, o dream pop, o space rock e a música experimental. A principios de 2014, mentres se curten con concertos por toda Galicia e Portugal, gravan o seu primeiro álbum con Roberto Mallo e Rodrigo Caamaño (Triangulo de Amor Bizarro), encaixando así as pezas dun puzzle que soa á vez clásico e moderno, salpicado de guitarras que se entrelazan e voces que falan de mundos que non están neste. Os sons resultantes poden por momentos lembrarnos a Deerhunter ou Brian Jonestwon Masacre, bandas referente para Puma Pumku, xunto a indispensables como Pink Floyd, Neu!, Can ou King Crimson. Este disco ao que facemos referencia Is It In You? (Matapadre, 2014) é unha declaración de intencións que destila enerxía, ambición e inquietude, porque a experimentación está no ADN destes chavales, cuxa xuventure é a antesala de algo máis grande que está por vir.

https://www.facebook.com/jayseara/ https://www.facebook.com/Pumabaingo/
#72 JAY jueves 18/5/2017 20:30
+ PUMA PUMKU + OH AYATOLLAH
10€ / 7€ (anticipada)
(+ gastos)
Puntos de venda:
www.workonsunday.es, A Reixa Tenda, Riquela Entradas
Comparte! Presentación novo disco "Fuimos nosotros" | Apertura de portas 20.00h
#382
jueves 22/10/2026 20:30
Concerto

#382 corto.alto jueves 22/10/2026 20:30
Concerto
21,63€ Entradas
#381
miércoles 11/11/2026 20:30
Concerto

#381 Sara Hebe miércoles 11/11/2026 20:30
Concerto
18,44€ Entradas
#380
miércoles 18/11/2026 20:00
Doble data

Barrence Whitfield é un artista salvaxe e potente que leva máis de 40 anos ofrecendo interpretacións vocais explosivas, sendo un dos últimos shouters que quedan en activo e en plena forma. Tanto con The Savages como en solitario, Barrence sempre o dá todo, e agora conta co apoio da magnífica banda de frat rock and roll MFC Chicken (inesquecible o seu concerto no Outono Códax 2022) para varios concertos especiais nos que repasarán o repertorio dos primeiros tempos de Barrence, cando empezou a […]

#380 Barrence Whitfield & MFC Chicken miércoles 18/11/2026 20:00
Doble data
18€ Entradas
#379
miércoles 11/11/2026 0:20
Concerto

rancés de nacemento, texano por adopción musical e cantante de soul con alma de bluesman, Tiwayo é un espírito libre que ten tocado na rúa e viaxado por todo o mundo, absorbendo as raíces do blues, o soul e o góspel seguen dando forma á súa música. Foi precisamente nunha viaxe a Memphis onde un veterano músico cajún de blues quedou fascinado polo contraste entre o aspecto xuvenil deste músico e a profundidade áspera e da súa voz. E foi el quen o bautizou como «The Young Old» («o mozo vello»[…]

#379 Tiwayo miércoles 11/11/2026 0:20
Concerto
18€ Entradas
#378
domingo 25/10/2026 20:30
Concerto

#378 Julia Perminova Trío domingo 25/10/2026 20:30
Concerto
TBC
#377
domingo 21/2/2027 18:30
Monólogo

Tabú es un espectáculo de stand-up comedy en el que Dani Alés explora, con inteligencia y una escritura extraordinariamente cuidada, las contradicciones de nuestro tiempo.

Sin recurrir a la provocación fácil ni al humor ofensivo, el espectáculo se adentra en esos asuntos que parecen intocables para demostrar que el verdadero límite del humor no está en los temas, sino en la falta de talento.

Con un ritmo constante, una mirada afilada y un inusual equilibrio entre reflexión y car[…]

#377 Dani Aléx presenta: Tabú domingo 21/2/2027 18:30
Monólogo
17,80€ Entradas
Anterior Siguiente