#147
Mallou
viernes 23/9/2022 21:00
HOLANOLA

Mallou son Benxa e Sabela.

Benjamín Vázquez nace nunha casa chea de música. Dende moi pequeno somérxese na colección de discos de seu pai, gran melómano, onde predominaba a música americana: blues, jazz, gospel, country, rock & roll, soul, funk e moito rock clásico. Mais tamén había moitas músicas do mundo: cubana, mexicana, reggae e africana, entre outras.
Ademais, na casa tiñan unha vella guitarra española, coa que xogou durante anos a improvisar melodías por riba dos seus discos favoritos.
Máis tarde, estuda maxisterio musical en Santiago de Compostela. Alí descobre moitos grupos e músicos que foron importantes fontes de inspiración para os seus futuros proxectos. Ó longo deses anos formou conxuntamente cos seus compañeiros: The Lákazans, Andhrea & The Black Cats, Sabela King & The Heartbreakers, Mallou , e Marta e Benxa.

Sabela comeza en modestas jams nun pequeno local de Santiago de Compostela xunto a varios músicos cos que, un ano máis tarde, formará grupo. No 2012 fórmase The Lakazans, banda coa que conquistarán as salas galegas a ritmo de blues, soul e country americano. É nesta formación na que comeza a facer os seus primeiros pasos de compositora e letrista, dando melodía e vida a varias composicións, comezando en coautoría cos guitarristas da banda.
Temas como o rockabilly "Don't Give that Jazz", o poderoso "Queen Of the Dirt", ou a balada soul "Need Me" que pecha o primeiro traballo da banda, Homegrown.
No 2017 Sabela comeza a tocar o ukelele de forma autodidacta e a compoñer os seus propios temas e que formarán parte do repertorio das varias bandas ás que pertence.
No 2019 forma, xunto a Benjamín Vázquez, o dúo Mallou, que nace da homenaxe á música tradicional galega e ao seu avó, Juan Belo Mallou, gaiteiro maior de Galicia. Levando as músicas tradicionais a terreos máis intimistas onde a voz e a guitarra toman protagonismo absoluto.

https://descubreas.com/es/profesional/mallou/
#147 Mallou viernes 23/9/2022 21:00
HOLANOLA
15€ / 12€ anticipada. Abono HOLANOLA 30€
(+ gastos)
Puntos de venda:
A Reixa Tenda e Riquela Club
Comparte! HOLANOLA FESTIVAL. Tradicional, flamenco, New Orleans
#390
Próximamente

Este Nadal, a comida de empresa, a cea coa cuadrilla ou a xuntanza familiar pódense facer no Riquela. Preparamos dous menús para grupos pensados para compartir, con produto caseiro, bebida incluída e opción vegana en todos os pratos. E se despois da comida queredes alongar a festa, tamén podemos montala.

## Opción 1 · 35 € por persoa

**Para comezar e compartir**
Gildas variadas caseiras
Táboa de queixos curados de ovella con pesto, mojo picón, boletos e trufa negra

#390 Celebra o Nadal no Riquela Club Próximamente
Prezo por concretar
#389

Concerto

#389 Amparo Sánchez
Concerto
15€ Entradas
#388
viernes 23/10/2026 20:30
Concerto

Un disco sobre buscar un lugar propio 🎶

Portosanto presenta Ten que haber un sitio para nós, o seu novo disco, con dez cancións sobre dúas ideas: a necesidade de atopar un lugar propio e o peso da memoria. Os adiantamentos Vinte de agosto e o tema que dá título ao disco xa deixaban ver esas dúas liñas, e a canción principal fala do desconcerto de chegar á madurez sen que aparezan as certezas que se prometían.

📅 Venres 23 de outubro
🕣 21:00
🎟️ Entradas desde 13,60 €

#388 Portosanto viernes 23/10/2026 20:30
Concerto
13,60€ Entradas
#387
sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

No duerme nadie.
Así se pecha o Festival Flamenco.

Gregorio Moya e Paco Cortés despiden os tres días cunha homenaxe a Enrique Morente, a figura que abriu o flamenco a todo o que viña de fóra sen soltar nunca a raíz.

Morente rompeu regras e hoxe ninguén o discute. Que artista actual cres que está facendo o mesmo? 👇

Non deixes a entrada para o último día.

#387 Gregorio Moya & Paco Cortés sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
#386
viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela

"Unha obra sobre o cante como resistencia máxima."
Teresa Hernández canta na Igrexa da Universidade.

A cantaora chega acompañada por Kike Terrón e El Peli para poñer a voz no centro absoluto, nun espazo que engade unha acústica e unha solemnidade difíciles de repetir.

⚠️ Importante: na apertura de portas acceden primeiro as persoas con abono do festival. Despois ábrese a entrada libre para o público xeral ata encher.

#386 Teresa Herández viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela
Entrada libre
#385
jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

Dúas almas, unha mesma linguaxe.
Así arranca o Festival Flamenco en Santiago.

Francisco Escudero "El Perrete" e Rubén Levaniegos abren os tres días con Binomio. Dos almas, un solo lenguaje: un espectáculo construído sobre o encontro entre o cante e o toque, e sobre o diálogo entre dous intérpretes que se entenden sen falar.

#385 Francisco Escudero: El Perrete jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
Anterior Siguiente