#62
RATKO ZJACA & TON RISCO
miércoles 19/4/2017 21:30

RATKO ZJACA guitarra
TON RISCO vibráfono acústico e eléctrico

A colaboración entre dous salientables artistas como o croata RATKO ZJACA e o galego TON RISCO, nunha sen par combinación de guitarra e vibráfono, da como froito un resultado contundente en termos de son e arranxos. O concepto rítmico, as texturas e o espazo toman un cariz singular propio dunha formación de mínimos. A forza das composicións orixinais, a combinación do son acústico e eléctrico e a paixón de ambos músicos xeneran un tipo de concerto accesible a todo tipo de público e sen precedente en España como poderemos comprobar nesta noite especial de jazz en Riquela Club o mércores 19 de abril.

RATKO ZJACA é un músico innovador amplamente recoñecido como un guitarrista tecnicamente avanzado. Coñecido por ser un individualista implacable, o que se evidencia no seu estilo de improvisación, atesoura unha historia extensa como guitarrista de sesión. Ratko Zjaz é un músico moi versátil que abrangue moitas áreas de música, pero é particularmente nomeado polo seu traballo no jazz moderno e o seu idioma improvisatorio. Nado en Croacia, axiña o atraiu o son da guitarra, sons subversivos como os producidos por Jimi Hendrix e sons de clásicos como Bach e Beethoven. Formouse na Universidade de Zagreb e, máis tarde, no Conservatorio de Rotterdam, centros con reputación polos seus estudos de música moderna e onde asistiu a clases maxistrais e cursos persoais con Joe Pass, Jim Hall, Pat Metheny, Mick Goodrick, Mike Stern, Bob Brookmayer, John Abercrombie, etc. Tras completar os seus estudos en Rotterdam, trasladouse á Universidade de Nova York School of Music, e nesta cidade comeza a traballar co seu propio grupo e co veterano trompetista americano Benny Bailey. Ten gravado e tocado con Randy Brecker, Gary Peacock, Reggie Workman, John Pattituci, Al Foster, Steve Gadd, Miroslav Vitous, Ron Carter, Jimmy Cobb, Jeff Tain Watts, Alvin Queen, Adam Nussbaum, Shawnn Monteiro, entre outros. En 2000 Ratko gravou A Day in Manhattan coas estrelas do jazz Reggie Workman e Al Foster. Na actualidade está compoñendo música para os seu novo proxecto xunto ao acordeonista italiano Simone Zanchini, Adam Nussbaum e Martin Gjakonovski

Nado en Ourense en 1979, TON RISCO trasládouse en 1999 a Holanda para licenciarse en percusión clásica e vibráfono jazz no Real Conservatorio da Haia, onde estuda co vibrafonista Frits Landesbergen, co percusionista senegalés Ali N’Diaye Rose e con percusionistas de música contemporánea como Wim Vos, traballando ademais directamente con compositores e directores coma Steve Reich, György Kurtág ou Reinbert de Leeuw. Tamén recibíu clases de Joe Locke (New York), Dave Samuels e Tony Micelli (Delaware University, New Jersey) e David Friedman (Berlín). Aínda que leva anos centrado no vibráfono, Ton Risco sempre foi batería e percusionista. Formado en música clásica e jazz, o seu carácter ecléctico lévao a colaborar cunha grande variedade de artistas entre os que salientan a Metropole Orkest (Ámsterdam), Vince Mendoza, Kenny Werner, Andreas Prittwitz, Paul Hillier and Theatre of Voices, Orquestra de Jazz de Galicia, Orquestra Sinfónica de Galicia, Cristina Pato, X. Manuel Budiño, Roberto Somoza, Paco Charlín, Víctor Prieto Trío, LAR Legido, Marcos Pin Factor E-Reset, Jacobo de Miguel, etc., participando en festivais como Zeltsman Marimba Festival (Wisconsin), Holland Festival, Steve Reich Festival ou Tai Pei International Percussion Convention (Taiwán), etc. Con tres discos baixo o seu nome, nos últimos anos centra a súa actividade na música improvisada, como vibrafonista e batería, compaxinanado a súa faciana de músico freelance coa docencia no Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela.

http://www.ratkozjaca.com http://www.tonrisco.com
#62 RATKO ZJACA & TON RISCO miércoles 19/4/2017 21:30
5€
(+ gastos)
Puntos de venda:
Riquela, Ticketea Entradas
Comparte! Consumición mínima incluída no precio da entrada | Riquela Jazz | Apertura portas 20.30h Logos
#368
sábado 10/10/2026 19:00
Monólogo

O domingo 04 de outubro, Riquela vístese de comedia (e de sarcasmo marca Castela) coa chegada de Laura de Val e o seu novo show.

Unha hora longa onde a identidade, a ironía e as malas decisións mestúranse con chistes malos (como o que acabas de ler, probablemente) e unha promesa importante: non haberá hummus. 🧆❌

Laura escribe esta sinopse en terceira persoa... aínda que é ela mesma a que o está facendo. Porque así funciona a súa cabeza: todo soa mellor antes de dicilo. Pásache a[…]

#368 Laura de Val sábado 10/10/2026 19:00
Monólogo
18€
#367
viernes 5/6/2026 20:30
Concerto

Tras un tempo de descanso, Néboa regresan con novo disco, que verá a luz no mes de maio, e volven actuar en Santiago o próximo 5 de xuño na sala Riquela.

#367 Néboa viernes 5/6/2026 20:30
Concerto
13€ Entradas
#366
sábado 13/6/2026 20:30
Concerto

O sábado 13 de xuño, Riquela recibe a unha auténtica besta do escenario: Boom Boom Kid, o proxecto en solitario de Carlos Rodríguez (ex Fun People).

Hardcore, punk, rock alternativo... pero tamén folk, rockabilly e psychobilly. Todo vale baixo o seu propio selo, Ugly Marcas. Un directo sen rede, visceral e honesto, que non deixa a ninguén indiferente.

Se che gusta o ruído ben feito e a actitude sen filtros, esta é a túa noite.

🗓️ SÁBADO 13 DE XUÑO
⏰ 20:30h
📍 R[…]

#366 Boom Boom Kid sábado 13/6/2026 20:30
Concerto
#365
jueves 25/6/2026 20:30
Concerto

O xoves 25 de xuño, Riquela recibe a unha das mellores bandas nacionais do momento. Vera Fauna chega a Santiago co seu disco "Díme onde estamos" debaixo do brazo e un directo que conquistou salas e festivais de arriba a abaixo.

O seu xa non é unha promesa. É realidade. O 2025 foi o ano da súa consagración, e agora veñen demostralo na nosa casa. Cancións que enganchan, unha posta en escena impecable e ese non sei que que converte cada concerto nunha festa.

#365 Vera Fauna jueves 25/6/2026 20:30
Concerto
22€ Entradas
#364
jueves 28/5/2026 20:30
Concerto

🎶🌿 EMILIA E PABLO EN RIQUELA

O xoves 28 de maio, o dúo chileno-español presenta un adianto de "De Púrpura e Melancolía", o seu novo traballo. Unha viaxe musical pola poesía de Gabriela Mistral, Alejandra Pizarnik e outras grandes, xunto ao mellor dos seus discos anteriores.

Fusión de raíz latinoamericana e flamenca, recoñecidos pola crítica (Mondo Sonoro, Premios MIN) e con colaboracións con Estrella Morente ou Niño de Elxe.

🗓 XOVES 28 MAIO
⏰ 20:30h
📍 Riquela […]

#364 Emiia y Pablo jueves 28/5/2026 20:30
Concerto
10€  Entradas
#363
domingo 12/4/2026 13:00
Concerto

Ukestra do medio apresenta ‘De Aqui e de Acolá’, o seu terceiro disco grande, um trabalho que inclui 10 temas e que se abre a inspiraçons nom exploradas anteriormente. Assi, a cúmbia, a bossa nova ou a música de ar tradicional convivem com ritmos mais habituais nos trabalhos da Ukestra como som o pop, o swing, o folk ou a música country. Umha mestura intencionalmente eclética e heterodoxa.

‘De Aquí e de Acolá’ apresenta-se como o disco mais alegre da Ukestra do Medio, no que predominam[…]

#363 Ukestra do Medio domingo 12/4/2026 13:00
Concerto
5€ Entradas
Anterior Siguiente