Este domingo 8 de marzo, Riquela vístese de glamour para celebrar o Día Internacional da Muller como se merece: con música, swing e moito estilo.
Compostela Swing convídanos a unha sesión vermú moi especial dedicada ás grandes voces femininas do jazz. Unha mañá para brindar, bailar se te animas e deixarche levar polos clásicos que marcaron xeracións.
Aos pratos, unha DJ de luxo: Ledi M. poñerá os mellores temas das raíñas do jazz para ambientar a mañá.
🥂 VERMÚ DIVAS DO JAZZ
🗓 DOMINGO 8 DE MARZO
⏰ A partir das 12:30h
📍 Riquela Club
🎟 ENTRADA LIBRE (ata completar aforo)
🎧 DJ Ledi M.
Un plan perfecto para empezar o domingo con boa música, mellor compañía e ese toque vintage que tanto nos gusta.
Ven a brindar por todas as divas! ✨
#RiquelaClub #DivasDelJazz #CompostelaSwing
Sesión Vermú
Libre
(+ gastos) Puntos de venda:
Comparte!
