#10
MAD MARTIN & THE BLUE CHRISTMAS COMBO
viernes 23/12/2016 21:00

En 1957 Elvis publicou o que sería o seu primeiro album certificado como “disco de Diamante”, Elvis' Christmas Album sería o seu terceiro album de estudo e todo un referente para recompilatorios desta índole posteriores que non estaría exento de certa polémica xa que algúns consideraban irreverentes as versións rocanrroleras de certos clásicos do Nadal. Mad Martin & The Blue Christmas Combo tomán como referencía este disco aínda que non interpretarán todos os temas no incluídos, que complementarán xa clásicos discos de Nadal que editou nos últimos anos o xenio do rockabilly Brian Setzer tras resucitar o swing para o mainstream.

MAD MARTIN & THE BLUE CHRISTMAS COMBO
MANUEL BREY batería
NACHO MARTÍN contrabaixo
MARTÍN ESTURAO (MAD MARTIN) voz e guitarra

Martín Esturao (Mad Martin), nado e criado en Londres de familia compostelá emigrada, se muda a España e comeza a súa aventura musical a mediados dos 80. Forma a súa primeira banda Los Pharaones, formada por amigos do instituto, máis tarde únese a El Pedramol (psychobilly-punk) e en 1990 funda Clan Moriarty, banda de rock&roll clásico coa que grava os seus primeiras demos e que ten certa repercusión sendo citados por Ruta 66 entre outras publicacións. Coíncide cronoloxicamente con The Tombstones, banda de culto e alternativa compostelá. A mediados dos 90 entra a formar parte de Jacob's Name e en 1998 únese a Los Feliz, banda liderada por Miguel Costas tras abandonar Siniestro Total coa que terá oportunidade de compartir cartel con grupos nacionais e internacionais como ZZ Top, Neil Young, Jethro Tull, etc. En 2008 regresa ao rock&roll clásico e funda Doutor Gringo e tras a disolución do grupo forma Mad Martin Trío, banda que lidera na actualidade coa que, despois de gañar concursos nacionais como o prestixioso Azkena Rock, e tras case 3 anos xirando sen descanso, preparan o que será o seu segundo longo para a discográfica sueca Vintjärn Records. Alterna a súa actividade como músico coa súa carreira como produtor discográfico e técnico de son nos estudos de gravación Bungalow de Santiago de Compostela. Forman The Blue Christmas Combo xunto a Mad Martin, o contrabajista Nacho Martín (membro de May Thai & Os Torino Rockets e de True Mountain) e, á batería, Manuel Brey (Doutor Gringo, Os Irmáns Zapruder e Mad Martin Trío).

https://es-es.facebook.com/MadMartintrio/ https://madmartintrio.bandcamp.com/releases
#10 MAD MARTIN & THE BLUE CHRISTMAS COMBO viernes 23/12/2016 21:00
Entrada de balde
Comparte! Riquela Nadal'16 - Ginger 43 Live!. Apertura portas 20.30h Logos
#390
Próximamente

Este Nadal, a comida de empresa, a cea coa cuadrilla ou a xuntanza familiar pódense facer no Riquela. Preparamos dous menús para grupos pensados para compartir, con produto caseiro, bebida incluída e opción vegana en todos os pratos. E se despois da comida queredes alongar a festa, tamén podemos montala.

## Opción 1 · 35 € por persoa

**Para comezar e compartir**
Gildas variadas caseiras
Táboa de queixos curados de ovella con pesto, mojo picón, boletos e trufa negra

#390 Celebra o Nadal no Riquela Club Próximamente
Prezo por concretar
#389

Concerto

#389 Amparo Sánchez
Concerto
15€ Entradas
#388
viernes 23/10/2026 20:30
Concerto

Un disco sobre buscar un lugar propio 🎶

Portosanto presenta Ten que haber un sitio para nós, o seu novo disco, con dez cancións sobre dúas ideas: a necesidade de atopar un lugar propio e o peso da memoria. Os adiantamentos Vinte de agosto e o tema que dá título ao disco xa deixaban ver esas dúas liñas, e a canción principal fala do desconcerto de chegar á madurez sen que aparezan as certezas que se prometían.

📅 Venres 23 de outubro
🕣 21:00
🎟️ Entradas desde 13,60 €

#388 Portosanto viernes 23/10/2026 20:30
Concerto
13,60€ Entradas
#387
sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

No duerme nadie.
Así se pecha o Festival Flamenco.

Gregorio Moya e Paco Cortés despiden os tres días cunha homenaxe a Enrique Morente, a figura que abriu o flamenco a todo o que viña de fóra sen soltar nunca a raíz.

Morente rompeu regras e hoxe ninguén o discute. Que artista actual cres que está facendo o mesmo? 👇

Non deixes a entrada para o último día.

#387 Gregorio Moya & Paco Cortés sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
#386
viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela

"Unha obra sobre o cante como resistencia máxima."
Teresa Hernández canta na Igrexa da Universidade.

A cantaora chega acompañada por Kike Terrón e El Peli para poñer a voz no centro absoluto, nun espazo que engade unha acústica e unha solemnidade difíciles de repetir.

⚠️ Importante: na apertura de portas acceden primeiro as persoas con abono do festival. Despois ábrese a entrada libre para o público xeral ata encher.

#386 Teresa Herández viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela
Entrada libre
#385
jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

Dúas almas, unha mesma linguaxe.
Así arranca o Festival Flamenco en Santiago.

Francisco Escudero "El Perrete" e Rubén Levaniegos abren os tres días con Binomio. Dos almas, un solo lenguaje: un espectáculo construído sobre o encontro entre o cante e o toque, e sobre o diálogo entre dous intérpretes que se entenden sen falar.

#385 Francisco Escudero: El Perrete jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
Anterior Siguiente