#49
SEÑORES
sábado 18/3/2017 21:00

Ao observar meticulosamente o mapa xenético de SEÑORES atopámonos cunha cartografía artística tan recoñecible como estimulante que remite a unha tradición fortemente arraigada. O código estético que conduce cada movemento do cuarteto bilbaíno, e lle imprime carácter, combina trazos do indie-rock, o punk e o hardcore para materializarse en partituras que son pura fibra. Señores non deixou de crecer nos seus cinco anos de vida. O seu primeiro álbum, Curso práctico de autoestima, publicado en 2013, descubriunos un grupo alleo aos lugares comúns do festi-pop contemporáneo. Señores aposta por guitarreo e melodía subscribindo os usos e as costumes do rock independente clásico-clásico, pero con amplitude de miras e moito fondo de armario argumental. Durante os seguintes anos sumaron incontables concertos, actuaron en boa parte dos festivais de referencia e participaron no circuíto Girando por salas.
Con La Luz, o seu recente traballo editado a finais de 2016, Señores moven fichas polo taboleiro da nosa música popular sen renunciar ao firme paso que os caracteriza. No que á composición se refire, Señores prefire subliñar nos extremos, nos posibles territorios de conflito; nalgunhas cancións soan máis pop que nunca e noutras resultan máis abrasivos, tensos e esquinados que de costume. Salienta o seu compromiso cos textos, máis concisos que en anteriores entregas, pero tamén máis elocuentes, nos que fixan a mirada nas vergoñas da Vella Europa, da sociedade de consumo ou da desastrosa anestesia normativa que rexe o noo día a día, sen perder un sentido do humor sempre procedente e varias piscadelas á cultura pop. “Dende a súa brumosa portada, La luz envía sinales a primeira vista. Señores saben que lonxe do foco, nas zonas de sombra e, sobre todo, nas de penumbra, tamén se libran batallas que paga a pena contar…”.

https://sres.bandcamp.com/ https://www.facebook.com/jaunak
#49 SEÑORES sábado 18/3/2017 21:00
10€/8€ (anticipada)
(+ gastos)
Puntos de venda:
Riquela, A Reixa Tenda, Ticketea Entradas
Comparte! Presentación do disco "La Luz" | Apertura portas 20.00h
#387
sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

No duerme nadie.
Así se pecha o Festival Flamenco.

Gregorio Moya e Paco Cortés despiden os tres días cunha homenaxe a Enrique Morente, a figura que abriu o flamenco a todo o que viña de fóra sen soltar nunca a raíz.

Morente rompeu regras e hoxe ninguén o discute. Que artista actual cres que está facendo o mesmo? 👇

Non deixes a entrada para o último día.

#387 Gregorio Moya & Paco Cortés sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
#386
viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela

"Unha obra sobre o cante como resistencia máxima."
Teresa Hernández canta na Igrexa da Universidade.

A cantaora chega acompañada por Kike Terrón e El Peli para poñer a voz no centro absoluto, nun espazo que engade unha acústica e unha solemnidade difíciles de repetir.

⚠️ Importante: na apertura de portas acceden primeiro as persoas con abono do festival. Despois ábrese a entrada libre para o público xeral ata encher.

#386 Teresa Herández viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela
Entrada libre
#385
jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

Dúas almas, unha mesma linguaxe.
Así arranca o Festival Flamenco en Santiago.

Francisco Escudero "El Perrete" e Rubén Levaniegos abren os tres días con Binomio. Dos almas, un solo lenguaje: un espectáculo construído sobre o encontro entre o cante e o toque, e sobre o diálogo entre dous intérpretes que se entenden sen falar.

#385 Francisco Escudero: El Perrete jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
#384
domingo 15/11/2026 20:30
Concerto

Sharp Pins es el proyecto de pop lo-fi, muy sólido, del talentoso músico de Chicago Kai Slater, de Lifeguard y Dwaal Troupe.

#384 Sharp Pins domingo 15/11/2026 20:30
Concerto
19,80€  Entradas
#383
sábado 24/10/2026 20:30

#383 Lucky Dados + Mad Martin sábado 24/10/2026 20:30
10€
#382
jueves 22/10/2026 20:30
Concerto

#382 corto.alto jueves 22/10/2026 20:30
Concerto
21,63€ Entradas
Anterior Siguiente