Co furabolos moi limpo, Néboa xa pasou a xema polas marxes que semellaban delimitar a distancia entre a indietrónica, a música tradicional galega, a poesía elíptica, o jazz de vodevil, o pop alternativo, a extimidade da canción de autor e a idea dun pop internacionalista; e con todo o po que ficou apegado ó dedo, construíron un castelo sonoro que é, ó tempo, unha pequena casiña en metade dunha aldea e un rañaceos infinito.
https://rasoestudio.com/neboa-2/ https://www.instagram.com/boaneboa
Os venres e sábados a partir das 23.30h. Entrada libre
Venres 4 - DJ SANMA , COMPOSTELA - https://www.instagram.com/sanma.666/
Sábado 5 - DJ VILOUTA / EL HOMBRE VIL, COMPOSTELA https://www.instagram.com/elhombrevil/?hl=es
Venres 11 - DJ ABELISION , COMPOSTELA - https://www.instagram.com/abelvisiondj/
Sábado 12 - DJ PAMPER. COMPOSTELA
Sábado 19 - DJ NANO, COMPOSTELA
Venres 25 - DJ RUTH
Sábado 26 - DJ VILOUTA / EL HOMBRE VIL, COMPOSTELA https://www.ins[…]
Fins de semana
Entrada gratuita
La Fábrica de Impro é o show de comedia improvisada máis incrible que viches xamais. Se non coñeces a impro debes saber que todo se realiza sobre a marcha e no mesmo momento, a partir das propostas do público que asiste ese día á función. Personaxes, situacións ou historias son inventadas sobre o escenario en directo.
Cada espectador, ao entrar na sala, recibirá unha tarxeta e escribirá nela a frase que queira. Todos os espectadores botarán as súas tarxetas a un chapeu ao pé do escenar[…]
The Fabulous Resaca Brothers leva pateando escenarios case 10 anos, nos que teñen acompañado a bandas do calibre de Rede House, Gisele Jackson, The Agapornis ou Marcos Coll. Tamén foron banda residente nun clásico garito de Compostela, onde tocarían uns 150 concertos.
Son varios os musicos que pasaron pola formación, que se mantén sempre cambiante para interpretar temas clásicos do Blues eléctrico. O que non cambia nunca é a FESTA que montan encima do escenario. Ás veces mesmo a montan […]
Todos os venres de agosto
Entrada gratuita
Sabela king & The Hearbreakers defínense pola contención e a sutileza. A potente voz de Sabela mistúrase coas atmósferas creadas polos Heartbreakers para ofrecer un espectáculo cheo de texturas. Xuntos trazan unha viaxe sonora e estilística na que se percibe un profundo respeto ás linguaxes das músicas polpulares, sen deixar de lado as súas influencias máis modernas.
King Datas 2023:
9 de febreiro
16 de marzo
12 de abril
Banda residente
5€
Esquece o 2023, e ven á gran festa swing de 1945! Pon as túas mellores galas e ven practicar todos eses pases de baile que levas meses ocultando no salón da túa casa a Riquela Club. Ven pasalo ben!
5 de abril
16 de abril (sesión vermú)
Entrada gratuita
O Holanola Lab-Fesitval xorde coma un acontecemento impredicible. A súa premisa principal é que o espectador e os músicos teñan un lugar de encontro atravesado por diferentes achegas culturais, para xerar un intercambio de saberes ao redor da música. A referencia atmosférica do encontro é Nova Orleans, cidade que deu orixe ó jazz, pero o festival non ten límites de estilo, o principal é construír unha comunidade máis aló do escenario a través de actuacións e conversas musicais.
Holanol[…]
Prezo por concretar