#14
Man in black | TOÑO LÓPEZ, OSCAR AVENDAÑO...
viernes 2/12/2016 22:00

“Johnny Cash lémbrame a loita dun home contra a tristura, a soedade e o pesimismo ou como fuxir de todo iso, pero tamén a busca da luz, a felicidade esquiva e os soños” (Toño López)

TOÑO LÓPEZ voz e percusión
OSCAR AVENDAÑO voz e guitarra
ANDRÉS CUNHA guitarra e coros
MAURO COMESAÑA batería e coros

Nado en Vigo, o nome de Toño López está ligado inevitablemente ao dá banda galega de rock&soul The Soul Jacket, na que é vocalista e parte da composición desde 2004. Con The Soul Jacket gravou 4 discos e percorreu os escenarios de gran parte do país convertíndose nunha banda referente no panorama nacional. De voz potente e agardentosa pódese dicir que a escola de Toño López é o blues, o soul e a música con alma e a golpe de escenario é onde forxou a súa voz e a súa personalidade. Tamén foi vocalista durante varios anos da Breogain Soul Band e de The Blackingstones, bandas residentes de varios locais de Vigo que versionaban clásicos do soul e o funk, mesmo se penetrou algunha que outra vez no terreo do jazz da man do guitarrista Javier Pena. De Toño López díxose: “é un fillo bastardo de Joe Cocker, un sobriño afastado de Van Morrison, un tipo de voz rota capaz de incendiar unha sala de concertos cunha música que se move entre o rock do sur do Mississippi, o blues rural e o soul de Alabama”, o que está claro é que ademais de con a súa voz exprésase coa alma cada vez que interpreta unha canción.

Oscar Avendaño leva tempo compaxinando a súa carreira en solitario ou á fronte de Los Profesionales coa súa carreira como baixista de Siniestro Total. Con estes últimos leva desde o ano 2001, pero sempre compartindo o seu tempo con infinidade de grupos, como Trem Pantasma ou Los Casanovas, ou outros proxectos como bandas sonoras para curtametraxes (o máis recente, Julia de Jose Aragunde) ou documentais (Novo Vigo Vello de Eduardo Rolland). A finais da pasada década é cando decide que ten suficientes cancións orfas de grupo e decide poñerse en marcha e gravalas, empezando así unha carreira en solitario que aínda continúa e coa que xa ten editados tres discos: Oscar Avendaño y Los Profesionales, Demasiado Oro y Burro (os tres con Folc Records). Este último foi gravado nos estudos Guitar Town de Hendrik Röver e co propio Hendrik como produtor e colaborador de luxo na maior parte dos 12 temas que compoñen o álbum. Na actualidade alterna concertos con banda con outros en acústico, mentres continúa xirando e gravando con Siniestro Total. Ademais, está a traballar nun novo álbum en solitario.

MEMORIA DE JOHNNY CASH

Froito da colaboración con Licor 43 e baixo o nome GINGER 43 LIVE, un dos fíos conductores da primeira programación de Nadal do novo Riquela Club é unha homenaxe a un dos músicos máis influíntes do século XX, o gran Johnny Cash, ao que dedicaremos tres sesións que protagonizarán músicos galegos de variados estilos e contrastada calidade como Martín Esturao (Mad Martin), Sabela King, Nestor Pardo, Antonio López, Óscar Avendaño…, artistas que sen dúbida proporcionarán unha enriquecedora achega para redescubrir a este mítico e xenial artista de intensa personalidade ao que resulta difícil poñer unha etiqueta e que é considerado un dos máximos expoñentes da música country. Toño López (vocalista de The Soul Jacket) e Oscar Avendaño (Los Profesionales, Siniestro Total) unirán as súas forzas no primeiro dos concertos deste ciclo “Memoria de Johnny Cash”, mentres que o coruñés Pardo será o protagonista do segundo e, no terceiro, contamos cunha especial colaboración para a ocasión, a de Sabela King y Mad Martin. É a primeira vez que se celebran todos estes conciertos, trátase dunhas propostas cuxo estrea absoluta terá lugar no Riquela Club durante estas dúas semanas previas ao Nadal 2016. A entrada para os tres concertos é gratuíta ata completar o aforo do local.

http://www.johnnycash.com
#14 Man in black | TOÑO LÓPEZ, OSCAR AVENDAÑO... viernes 2/12/2016 22:00
Entrada de balde
Comparte! Ginger 43 live! Riquela Nadal'16. Memoria de Johnny Cash I. TOÑO LÓPEZ, ÓSCAR AVENDAÑO, ANDRÉS CUNHA & MAURO COMESAÑA. Apertura portas 21.00h Logos
#368
sábado 10/10/2026 19:00
Monólogo

O domingo 04 de outubro, Riquela vístese de comedia (e de sarcasmo marca Castela) coa chegada de Laura de Val e o seu novo show.

Unha hora longa onde a identidade, a ironía e as malas decisións mestúranse con chistes malos (como o que acabas de ler, probablemente) e unha promesa importante: non haberá hummus. 🧆❌

Laura escribe esta sinopse en terceira persoa... aínda que é ela mesma a que o está facendo. Porque así funciona a súa cabeza: todo soa mellor antes de dicilo. Pásache a[…]

#368 Laura de Val sábado 10/10/2026 19:00
Monólogo
18€
#367
viernes 5/6/2026 20:30
Concerto

Tras un tempo de descanso, Néboa regresan con novo disco, que verá a luz no mes de maio, e volven actuar en Santiago o próximo 5 de xuño na sala Riquela.

#367 Néboa viernes 5/6/2026 20:30
Concerto
13€ Entradas
#366
sábado 13/6/2026 20:30
Concerto

O sábado 13 de xuño, Riquela recibe a unha auténtica besta do escenario: Boom Boom Kid, o proxecto en solitario de Carlos Rodríguez (ex Fun People).

Hardcore, punk, rock alternativo... pero tamén folk, rockabilly e psychobilly. Todo vale baixo o seu propio selo, Ugly Marcas. Un directo sen rede, visceral e honesto, que non deixa a ninguén indiferente.

Se che gusta o ruído ben feito e a actitude sen filtros, esta é a túa noite.

🗓️ SÁBADO 13 DE XUÑO
⏰ 20:30h
📍 R[…]

#366 Boom Boom Kid sábado 13/6/2026 20:30
Concerto
#365
jueves 25/6/2026 20:30
Concerto

O xoves 25 de xuño, Riquela recibe a unha das mellores bandas nacionais do momento. Vera Fauna chega a Santiago co seu disco "Díme onde estamos" debaixo do brazo e un directo que conquistou salas e festivais de arriba a abaixo.

O seu xa non é unha promesa. É realidade. O 2025 foi o ano da súa consagración, e agora veñen demostralo na nosa casa. Cancións que enganchan, unha posta en escena impecable e ese non sei que que converte cada concerto nunha festa.

#365 Vera Fauna jueves 25/6/2026 20:30
Concerto
22€ Entradas
#364
jueves 28/5/2026 20:30
Concerto

🎶🌿 EMILIA E PABLO EN RIQUELA

O xoves 28 de maio, o dúo chileno-español presenta un adianto de "De Púrpura e Melancolía", o seu novo traballo. Unha viaxe musical pola poesía de Gabriela Mistral, Alejandra Pizarnik e outras grandes, xunto ao mellor dos seus discos anteriores.

Fusión de raíz latinoamericana e flamenca, recoñecidos pola crítica (Mondo Sonoro, Premios MIN) e con colaboracións con Estrella Morente ou Niño de Elxe.

🗓 XOVES 28 MAIO
⏰ 20:30h
📍 Riquela […]

#364 Emiia y Pablo jueves 28/5/2026 20:30
Concerto
10€  Entradas
#363
domingo 12/4/2026 13:00
Concerto

Ukestra do medio apresenta ‘De Aqui e de Acolá’, o seu terceiro disco grande, um trabalho que inclui 10 temas e que se abre a inspiraçons nom exploradas anteriormente. Assi, a cúmbia, a bossa nova ou a música de ar tradicional convivem com ritmos mais habituais nos trabalhos da Ukestra como som o pop, o swing, o folk ou a música country. Umha mestura intencionalmente eclética e heterodoxa.

‘De Aquí e de Acolá’ apresenta-se como o disco mais alegre da Ukestra do Medio, no que predominam[…]

#363 Ukestra do Medio domingo 12/4/2026 13:00
Concerto
5€ Entradas
Anterior Siguiente