Desta volta, Loiros estarán presentando o seu segundo LP, titulado Back from the Edge.
Nel inclúense seis novas cancións orixinais do grupo, coidadosa e amorosamente compostas, executadas e gravadas, onde atopamos unha inusual mestura de xéneros que cristaliza nun son e nunha estética moi definidos e persoais. Baixo un certo enfoque jazzístico, a banda aglutina influencias do rock progresivo, o shoegaze, o grunge e o post rock, creando unha paisaxe sonora única na que o ouvinte pasa por diferentes estados emocionais. Sorprende o seu son cru, en contraste cos coidadísimos arranxos, a fina execución e o mimo no tratamento das melodías vocais, cuxas harmonías fan de fío conductor ó longo de todo o disco.
#275
Loiros + Gloria Pavía
Xoves 21/11/2024 20:30
Concerto
10€ ant. / 12€ bill.
(+ gastos) Puntos de venda:
Entradium Entradas
Comparte!
Concerto
10€ ant. / 12€ bill.
(+ gastos) Puntos de venda:
Entradium Entradas
Comparte!