#74
GILAD HEKSELMAN TRIO
jueves 11/5/2017 21:30

GILAD HEKSELMAN guitarra
RICK ROSATO contrabaixo
JONATHAN PINSON batería

Riquela Club vistese de gala para recibir o XOVES 11 DE MAIO ao prestixioso trío de jazz neoiorquino GILAD HEKSELMAN TRIO.

Gañador do concurso internacional de guitarra Gibson Montreux 2005, GILAD HEKSELMAN acadou unha reputación como un dos guitarristas máis prometedores en Nova York dende a súa chegada á cidade en 2004. Tras só uns poucos anos, este músico nado en Israel en 1983 xa tiña compartido escenario con algúns dos máis grandes artistas da escena jazz de Nova York (Chris Potter, Mark Turner, John Scofield, Anat Cohen, Ari Hoenig, Esperanza Spalding, Sam Yahel, Jeff Ballard, Gretchen Parlato, Avishai Cohen, Jeff “Tain” Watts, Tigran Hamasyan, Aaron Parks ou Greg Hutchinson) e tocado en todos os grandes clubes de jazz de Nova York (Blue Note, Jazz Standard, Dizzy Club e Smalls) e en festivais de jazz da categoría de Montreux, North Sea (Holanda), Montreal e San Francisco. Gilad Hekselman chegou a abrir o concerto do lendario Paco de Lucía no Festival de Montreux 2006. Gilad Hekselman ten gravados catro compactos que recibiron unánimes eloxios da prensa especializada, nos que teñen colaborado prestixiosos artistas como o saxofonista Mark Turner. Gilad Hekselman toca en guitarras artesanais feitas por Victor Baker.

Oriundo de Montreal, o baixista RICK ROSATO gradouose en 2010 na The New School for Jazz and Contemporary Music de Nova York. No outono de 2010 dirixiu un ciclo de 3 meses no Upstairs Jazz Club de Montreal, onde interpretou composicións orixinais e formou diferentes agrupacións con algunas das voces máis influíntes do jazz actual. Rick Rosato xira internacionalmente con grupos como Stranahan / Zaleski / Rosato, Ben Van Gelder, Gilad Heksleman, Shai Maestro, Will Vinson, etc. Tamén ten actuado con Billy Hart, Aaron Parks, Dayna Stephens, Peter Bernstein, Mike Moreno, Lage Lund, Jeff Ballard ou Ari Hoenig. En 2014 competíu co seu propio trío no Festival Internacional de Jazz de Montreal e gañou o Premio Jazz Galaxie á mellor composición coa súa obra orixinal New Untitled. Actualmente vive en Nova York, onde desenvolve unha intensa actividade como intérprete e docente. A dinámica e explosiva percusión de JONATHAN PINSON ten sido comparada coa dun novo Elvin Jones. A súa formación musical comezou co piano aos 6 anos e cambiou os seus intereses polo jazz en 1999 baixo a tutela de Jerry Kalaf na Los Ángeles Colburn School of Performing Arts, onde se graduou en 2007. Tivo a oportunidade de estudar co gran Billy Higgins no World Stage (Los Angeles) e recibiu unha bolsa para estudar no Berklee College of Music. Actualmente, Jonathan Pinson completa a súa formación no Monk Institute, onde estuda con frecuencia con Jimmy Heath, Herbie Hancock, Wayne Shorter e Ron Carter, entre outros.

http://www.giladhekselman.com https://www.facebook.com/gHexMusic/
#74 GILAD HEKSELMAN TRIO jueves 11/5/2017 21:30
15€ / 12€ (anticipada)
(+ gastos)
Puntos de venda:
Ticketea, Riquela, A Reixa Tenda Entradas
Comparte! Deleite ao Vivo – Riquela Jazz | Apertura de portas 20.30h Logos
#387
sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

No duerme nadie.
Así se pecha o Festival Flamenco.

Gregorio Moya e Paco Cortés despiden os tres días cunha homenaxe a Enrique Morente, a figura que abriu o flamenco a todo o que viña de fóra sen soltar nunca a raíz.

Morente rompeu regras e hoxe ninguén o discute. Que artista actual cres que está facendo o mesmo? 👇

Non deixes a entrada para o último día.

#387 Gregorio Moya & Paco Cortés sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
#386
viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela

"Unha obra sobre o cante como resistencia máxima."
Teresa Hernández canta na Igrexa da Universidade.

A cantaora chega acompañada por Kike Terrón e El Peli para poñer a voz no centro absoluto, nun espazo que engade unha acústica e unha solemnidade difíciles de repetir.

⚠️ Importante: na apertura de portas acceden primeiro as persoas con abono do festival. Despois ábrese a entrada libre para o público xeral ata encher.

#386 Teresa Herández viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela
Entrada libre
#385
jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

Dúas almas, unha mesma linguaxe.
Así arranca o Festival Flamenco en Santiago.

Francisco Escudero "El Perrete" e Rubén Levaniegos abren os tres días con Binomio. Dos almas, un solo lenguaje: un espectáculo construído sobre o encontro entre o cante e o toque, e sobre o diálogo entre dous intérpretes que se entenden sen falar.

#385 Francisco Escudero: El Perrete jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
#384
domingo 15/11/2026 20:30
Concerto

Sharp Pins es el proyecto de pop lo-fi, muy sólido, del talentoso músico de Chicago Kai Slater, de Lifeguard y Dwaal Troupe.

#384 Sharp Pins domingo 15/11/2026 20:30
Concerto
19,80€  Entradas
#383
sábado 24/10/2026 20:30

#383 Lucky Dados + Mad Martin sábado 24/10/2026 20:30
10€
#382
jueves 22/10/2026 20:30
Concerto

#382 corto.alto jueves 22/10/2026 20:30
Concerto
21,63€ Entradas
Anterior Siguiente