#20
ANDRÉS RIVAS JAZZ TRÍO
Domingo 20/11/2016 20:30

Formado en 2006, o repertorio do Andrés Rivas Jazz Trío está centrado en temas orixinais e en versións de standards do jazz clásico arranxadas para esta formación de guitarra, contrabaixo e batería. Andrés Rivas (batería) e Paco Charlín (contrabaixo) levan máis de 20 anos tocando xuntos en diferentes formacións e con artistas do máis variado perfil. Telmo Fernández é un dos guitarristas máis importantes do jazz en Galicia e en España, e achega ao trío o son da guitarra do jazz clásico que se fusiona á perfección coa sección rítmica do conxunto. Os tres compoñentes do Andrés Rivas Jazz Trío teñen tocado con importantes artistas do panorama nacional e internacional do jazz.

ANDRÉS RIVAS JAZZ TRÍO
TELMO FERNÁNDEZ guitarra
PACO CHARLÍN contrabaixo
ANDRÉS RIVAS batería

RIQUELA, recentemente inaugurado (9 de setembro de 2016), está situado no casco vello de Santiago de Compostela, en concreto nonúmero 35 da rúa do Preguntoiro, un espazo que se abre á céntrica, fermosa e escenográfica praza compostelá de Feixoo e que esa dividido en dúas zonas diferenciadas tanto en horarios como en contidos: Riquela Bar e Riquela Club. RIQUELA BAR é un espazo acolledor e dinámico aberto dende as 11.30 da mañá ata a 1.00 da madrugada cunha suxerente oferta de carta de comidas e bebidas. RIQUELA CLUB é a esencia cultural do espazo, unha sala con capacidade para máis de 200 persoas onde gozar da música en vivo e unha gran variedade de espectáculos. A vocación de RIQUELA CLUB de converterse nunha nova referencia cultural para Compostela, cunha programación propia e confeccionada en colaboración con outros axentes culturais, festivais e promotoras de concertos, xa dou os seus primeiros exitosos pasos. Prestixiosos festivais como Outono Códax Festival, Wos Festival ou o Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuito xa escolleron o Riquela Club como espazo colaborador para as súas programacións.

Xa nas primeiras semanas de actividade, con dous concertos do compostelán Valentín Caamaño Trío, RIQUELA CLUB amosou o seu interese polo jazz como unha das liñas de programación que haberían de definir a súa oferta cultural. Esta intención se materializa agora neste ciclo RIQUELA 3&3 JAZZ, un certame que xurde froito da colaboración dunha destilería tamén santiaguesa, LA DESTILERÍA DE LAS IDEAS, e que nace vinculado en concreto á súa marca 3&3 PREMIUM GIN.

RIQUELA 3&3 JAZZ supón toda unha declaración de intencións de dúas iniciativas compostelás, do novo RIQUELA CLUB e de LA DESTILERÍA DE LAS IDEAS, na que é unha firme aposta polo jazz feito en Galicia. RIQUELA 3&3 JAZZ nace en forma dun ciclo de catro concertos que se desenvolverá durante os meses de novembro e decembro, unha primeira entrega que nace con vontade de converterse nun ciclo estable durante o próximo 2017 co respaldo dunha marca galega de calidade como a 3&3 PREMIUM GIN. Os protagonistas destes primeiros catro concertos, que se celebrarán 2 mércores e 2 domingos son Xacobe Martínez Antelo Trío (mércores 9 novembro), Andrés Rivas Jazz Trío (domingo 20 novembro), Felipe Villar Organ Trío (domingo 4 decembro) e, para rematar, o sexteto FUZZ que lidera o guitarrista Virxilio da Silva (mércores 14 decembro).

As localidades para estes concertos están á venda no RIQUELA a o ecónomico prezo de 6 euros (abono para os 4 concertos de 18 euros), e inclúen unha degustación de 3&3 PREMIUM GIN ou doutro producto de LA DESTILERÍA DE LAS IDEAS.

https://www.facebook.com/profile.php?id=100013485360508&fref=ts
#20 ANDRÉS RIVAS JAZZ TRÍO Domingo 20/11/2016 20:30
6€/18€ (abono)
(+ gastos)
Puntos de venda:
Riquela
Comparte! Entrada concerto: 6€ (consumición gintonic 3&3 ou La Destileria de las Ideas incluída) abono 4 concertos: 18€ (consumición gintonic 3&3 ou La Destileria de las Ideas incluída por concerto). Apertura portas 19.30h Logos
#314
Sábado 17/5/2025 16:00
Día das Letras Galegas

Celebremos xuntas o Día dás Letras Galegas con música e tadición!

O sábado 17 de maio, no Riquela Club (Santiago de Compostela), terá lugar unha Foliada dás Letras Galegas moi especial da man das incribles pandereteiras do Grupo A de Cantigas e Agarimos. 🪕💃

🕓 Desde as 16:00 gozaremos de ritmos tradicionais, boa enerxía e o mellor ambiente. E o mellor? A entrada é gratuíta! 🎉

Non te perdas esta oportunidade de celebrar a nosa cultura, a nosa lingua e a nosa música nunha ta[…]

#314 Cantigas e Agarimos Sábado 17/5/2025 16:00
Día das Letras Galegas
Entrada libre
#313
Xoves 8/5/2025 20:30
Concerto

¡La espera ha terminado! Rebeca Jiménez nos presenta su nuevo álbum “LADY LUCK”producido por Toni Brunet.

Después de mucho tiempo sin pasar por Santiago, Rebeca, con su inseparable teclado y el gran Toni Brunet a la guitarra, llegan el próximo jueves 8 de mayo a “La Riquela”, justo la noche previa a la salida de este nuevo disco.

Por eso este concierto será una celebración muy especial y nos presentarán gran parte de estas nuevas canciones.

Con una voz única que llega al […]

#313 Rebeca Jiménez Xoves 8/5/2025 20:30
Concerto
15,30€ Entradas
#312
Sábado 31/5/2025 20:00
2ª edición do festival Flamenco Riquela

2º Edición do Festival Flamenco Riquela. Único festival flamenco de Galicia, impulsado polo Riquela Music, que trae o mellor do flamenco nacional a Santiago de Compostela.

#312 Festival Flamenco Riquela Sábado 31/5/2025 20:00
2ª edición do festival Flamenco Riquela
19,80€ Entradas
#311
Venres 30/5/2025 20:00
2ª edición do festival Flamenco Riquela

2º Edición do Festival Flamenco Riquela. Único festival flamenco de Galicia, impulsado polo Riquela Music, que trae o mellor do flamenco nacional a Santiago de Compostela.

#311 Festival Flamenco Riquela Venres 30/5/2025 20:00
2ª edición do festival Flamenco Riquela
19,80€ Entradas
#310
Xoves 29/5/2025 20:00
2ª edición do festival Flamenco Riquela

🎭 2ª Edición do Festival Flamenco Riquela | Noite de Coplas e Boleros 🎶

O único festival flamenco de Galicia volve a Santiago!

Riquela Club convida a unha viaxe pola emoción e a tradición na primeira noite do Festival Flamenco Riquela, unha celebración da música que nos conecta coa alma. O xoves 29 de maio, as 20:30h, mergúllate nun espectáculo íntimo e apaixonado de coplas e boleros, interpretados por artistas de luxo:

🔥 Alana Sinkëy
🔥 Alejandro Escalera
🔥 El[…]

#310 Festival Flamenco Riquela Xoves 29/5/2025 20:00
2ª edición do festival Flamenco Riquela
19,80€ Entradas
#309
Venres 9/5/2025 20:30
Concerto

PAVA é a proposta musical da poeta e compositora coruñesa Lucía Aldao. Un directo eléctrico e pegadizo que vai da psicodelia ao pop rock máis alternativo con tintes de crúas guitarras velvetianas. Nos traballos discográficos de Aldao sobrevoan as sombras de xigantas como PJ Harvey, a personalidade da súa voz e a forza das súas letras orbitan na elipse das novas voces femininas xurdidas nos últimos anos ao outro lado do Atlántico. Analís Guillín (batería), Pablo Silva (guitarra) e David Santos[…]

#309 Pava Venres 9/5/2025 20:30
Concerto
12€ Entradas
Anterior Siguiente