#45
PABLO SEOANE & JOSÉ MANUEL DÍAZ
domingo 23/4/2017 20:30

PABLO SEOANE teclado
JOSÉ MANUEL DÍAZ contrabaixo

Nado en Ferrol en 1968, PABLO SEOANE desenvolve dende hai máis de quince anos unha intensa actividade como pianista e compositor en distintas formacións, xeralmente vencelladas ao jazz e á improvisación libre, dentro e fóra de Galicia. Ten composto música para teatro e levado a cabo tarefas docentes en diversas institucións. Entre as súas últimas actividades figuran a xestión das jams-sessions semanais de improvisación libre no Café El Puente (Santiago de Compostela) e a codirección duns multidisciplinares Encontros de Filosofía e Música. Pensar a voces celebradas en Cee. No eido da literatura, ten traducido ao castelán The Hothouse de Harold Pinter e, ao galego, Rough for Radio de Samuel Beckett, Civil Disobedience de H. D. Thoreau e Le Bestiaire de Guillaume Apollinaire. O seu último traballo discográfico co Pablo Seoane Trío, titulado Inópia, publicouse en 2014, ano en que tamén presentou dentro das Xornadas de Música Contemporánea de Santiago a obra Festas do Erro. En 2015 estreou Bestiario traído (Apollinaire, Poulenc, Dufy), escrito para soprano, piano, contrabaixo, zanfona e artes visuais, e Fritz, un proxecto aínda
en formación para piano só, texto e imaxe. En 2016 presentou xunto á bailarina e coreógrafa Begoña Cuquejo na Igrexa da Universidade, no marco do Ciclo de Órgano de Santiago de Compostela, a obra para órgano e danza Ventanía. Na actualidade prepara a gravación dun novo disco a dúo co contrabaixista José Manuel Díaz.

JOSÉ MANUEL DÍAZ naceu en Matanzas (Cuba) en 1980. Mentres estudaba na Escuela Nacional de Arte en La Habana tivo o seu primeiro contacto coas diferentes músicas do seu país, e en especial o jazz. Durante este periodo compartíu escenario e gravou discos con diferentes artistas como Frank Delgado, Camerata Romeu, Liuva María Hevia, etc. En 2001 ingresou no Instituto Nacional de Arte (Universidad de las Artes de Cuba), unha etapa na que continúa conxugando o estudo co traballo profesional e forma parte de diferentes agrupaciós cubanas como Habana Casino (salsa), Sexto Sentido (pop-jazz), Arnaldo y su Talisman (música caribeña), Son del nene (son Cubano e música tradicional), Alejandro Vargas Quartet (jazz latino) ou Ernesto Camilo (jazz latino). Con estas agrupaciones actuou en diferentes festivais e realizou xiras internacionais entre os que cómpre salientar o Festival de Jazz de Ecuador, Carnaval de Cuba en Londres, Festival de Jazz de La Habana, Mercado Cultural Sao Paulo/Bahia, Festival de Jazz de Noruega, Festival de Sines, Casa da Música de Porto (compartindo escenario con Chucho Valdés e Irakere). En 2009 trasládase a vivir a Galicia, onde ten colaborado en concertos e gravacións con artistas e grupos como Marful, Guadi Galego, Uxia Senlle, Ugia Pedreira, Xavier Díaz, Virxilio da Silva, Marcos Teira, Os Cempés, Linho do Cuco, Fred Martins, Pablo Seoane Trío, Felipe Villar Trío, Coralie Quartet, etc. Actualmente prepara o primeiro disco da súa propia formación.

#45 PABLO SEOANE & JOSÉ MANUEL DÍAZ domingo 23/4/2017 20:30
5€
(+ gastos)
Puntos de venda:
Riquela
Comparte! Riquela Jazz | Deleite ao vivo | Consumición mínima incluida na entrada | Apertura portas 19.30h Logos
#382
jueves 22/10/2026 20:30
Concerto

#382 corto.alto jueves 22/10/2026 20:30
Concerto
21,63€ Entradas
#381
miércoles 11/11/2026 20:30
Concerto

#381 Sara Hebe miércoles 11/11/2026 20:30
Concerto
18,44€ Entradas
#380
miércoles 18/11/2026 20:00
Doble data

Barrence Whitfield é un artista salvaxe e potente que leva máis de 40 anos ofrecendo interpretacións vocais explosivas, sendo un dos últimos shouters que quedan en activo e en plena forma. Tanto con The Savages como en solitario, Barrence sempre o dá todo, e agora conta co apoio da magnífica banda de frat rock and roll MFC Chicken (inesquecible o seu concerto no Outono Códax 2022) para varios concertos especiais nos que repasarán o repertorio dos primeiros tempos de Barrence, cando empezou a […]

#380 Barrence Whitfield & MFC Chicken miércoles 18/11/2026 20:00
Doble data
18€ Entradas
#379
miércoles 11/11/2026 0:20
Concerto

rancés de nacemento, texano por adopción musical e cantante de soul con alma de bluesman, Tiwayo é un espírito libre que ten tocado na rúa e viaxado por todo o mundo, absorbendo as raíces do blues, o soul e o góspel seguen dando forma á súa música. Foi precisamente nunha viaxe a Memphis onde un veterano músico cajún de blues quedou fascinado polo contraste entre o aspecto xuvenil deste músico e a profundidade áspera e da súa voz. E foi el quen o bautizou como «The Young Old» («o mozo vello»[…]

#379 Tiwayo miércoles 11/11/2026 0:20
Concerto
18€ Entradas
#378
domingo 25/10/2026 20:30
Concerto

#378 Julia Perminova Trío domingo 25/10/2026 20:30
Concerto
TBC
#377
domingo 21/2/2027 18:30
Monólogo

Tabú es un espectáculo de stand-up comedy en el que Dani Alés explora, con inteligencia y una escritura extraordinariamente cuidada, las contradicciones de nuestro tiempo.

Sin recurrir a la provocación fácil ni al humor ofensivo, el espectáculo se adentra en esos asuntos que parecen intocables para demostrar que el verdadero límite del humor no está en los temas, sino en la falta de talento.

Con un ritmo constante, una mirada afilada y un inusual equilibrio entre reflexión y car[…]

#377 Dani Aléx presenta: Tabú domingo 21/2/2027 18:30
Monólogo
17,80€ Entradas
Anterior Siguiente