#105
MAD MARTIN TRIO
lunes 10/7/2017 20:30
Seráns en Feixóo

GUILLE GONZÁLEZ ”EL CALIFA” contrabaixo
LOLO “LOGAN” batería
“MAD MARTIN” guitarra / voz

Mad Martin Trio debutou o 17 de abril de 2014 coa presentación do EP It was a very good year, título tomado dun dos temas talismán da banda, unha versión dunha canción de Ervin Drake que fixo popular Frank Sinatra. A continuación publicaron un mini-LP, Seven Lucky Shots, e o longa duración Time To Go Mad editado para a discográfica sueca Vintjärn Records e que inclúe 11 temas propios y 3 versións de clásicos. Compartindo escenario con grandes figuras, Mad Martin Trío tense presentado en prestixiosos festivais e salas de concerto españois e europeos como Outono Códax Festival, Alligator Rockin', Hogaza Rock, V de Valarés, Salamanca Town of Rock & Roll, Madrid Motorcycle Film Festival, Free Riders 2017, Rockin' Vila, Azkena Rock, Rock at Sea, Big Lake Run, etc. Mad Martin Trio tamén participou en concursos, salientando o seu éxito gañando, entre máis de 1200 bandas inscritas de toda España, a final da sede de Madrid do concurso Azkena Rock Party. As cancións de Mad Martin Trio soan habitualmente na radio e un tema do seu último disco, Eileen, foi incluído entre os 100 favoritos do ano no programa El Sótano de Radio3. Actualmente Mad Martin Trío atópase en plena campaña de crowdfunding para financiar o seu próximo traballo discográfico, un proxecto que queren facer á antiga usanza: un mini-LP de 8 temas en vinilo de 10”. Para isto buscaron un produtor, Mike Mariconda, sobradamente coñecido polos amantes do bo rock and roll. Gravaran en analóxico unhas cantas cancións orixinais da banda e incluirán o tema Tornado, un clásico dos Giants de 1958 que dará dará nombre al disco e é unha das cancións favoritas do trío compostelán.

------------------

Organizados por dous locais míticos do Casco Vello compostelán que case non necesitan presentación, como A Borriquita de Belén e o Modus Vivendi, e por un recén chegado ao barrio como é o novo Riquela Club, que en menos dun ano xa se está a converter nunha das referencias do histórico centro de Compostela, nacen os SERÁNS EN FEIXÓO. En pouco máis de tres semanas, entre o 27 de xuño e o 20 de xullo, a fermosa e escenográfica Praza de Feixóo, en cuxas proximidades ben conviven estes tres activos locais que teñen en común o seu amor pola cidade e o compromiso coa música e a cultura, servirá de escenario para nove concertos, e un mercadiño solidario a beneficio da ONG libanesa BeFriend Me. Como non podería ser doutro xeito, esta programación de Seráns en Feixóo servirá de escaparate a unha suxestiva e variada selección de bandas locais e galegas que están a traballar con moita seriedade e son reflexo do gran talento que atesouran os nosos músicos. A eles se suma o reputado cantante e guitarrista cubano Kamankola que nestas datas estará visitando Galicia. Teremos rock, blues, boleros, tangos, fusión, jazz en moi diferentes e enriquecedoras propostas, flamenco, etc.

Abre os Seráns en Feixóo KAMANKOLA cun concerto o martes 27 de xuño no que teremos a oportunidade de gozar da inspirada fusión de xéneros que explora este guitarrista e cantante cubano. O segundo concerto o protagonizan os composteláns NOE BLACK & THE BANG BAND e o seu rock & roll dos anos cincuenta (venres 30 de xuño). As seguintes citas serán co flamenco sentido e emocionante de TACÓN GITANO na compañía de luxo do guitarrista de orixe gaditano MIGUEL FLORES (martes 4 de xullo) e co divertido blues canalla dos THE FABULOUS RESACA BROTHERS (venres 7 de xullo). O luns 10 de xullo será a vez de MAD MARTIN TRIO co seu impactante xeito de facer rockabilly e rock & roll. Tres singulares, brillantes e variadas propostas en torno ao mundo do jazz chegarán coa presenza do TATO TRÍO (soul-jazz) o martes 11 de xullo, do XAN CAMPOS ESD (jazz-rock) o venres 14 de xullo e de MONKILLOS (coa premisa “de como soaría Thelonious Monk por bulerías, rumba, bolero ou guajira…” explican este trío galego o seu proxecto musical) o luns 17 de xullo. O peche destes Seráns en Feixóo o xoves 20 de xullo correrá a cargo de DOS BALAZOS SONARON, novo dúo formado Sábela King e Néstor Pardo, dous artistas de forte persoalidade, contrastado talento e gran presenza escénica que se xuntan por primeira vez para achegarnos o seu modo de ver un repertorio de xéneros populares como os boleros, os tangos, as rancheras, etc.

Calendario Seráns en Feixóo:
KAMANKOLA - martes 27 xuño
NOE BLACK & THE BANG BAND - venres 30 xuño
TACÓN GITANO & MIGUEL FLORES - martes 4 xullo
THE FABULOUS RESACA BROTHERS - venres 7 xullo
MAD MARTIN TRIO - luns 10 xullo
TATO TRÍO - martes 11 xullo
XAN CAMPOS ESD - venres 14 xullo
MONKILLOS - luns 17 xullo
DOS BALAZOS SONARON- xoves 20 xullo

https://www.facebook.com/MadMartintrio/
#105 MAD MARTIN TRIO lunes 10/7/2017 20:30
Seráns en Feixóo
acceso libre e gratuito
(+ gastos)
Puntos de venda:

Comparte! Acceso libre e gratuito | Seráns en Feixóo | Organizan: Modus, A Borriquita de Belén, Riquela Club
#364
jueves 28/5/2026 20:30
Concerto

🎶🌿 EMILIA E PABLO EN RIQUELA

O xoves 28 de maio, o dúo chileno-español presenta un adianto de "De Púrpura e Melancolía", o seu novo traballo. Unha viaxe musical pola poesía de Gabriela Mistral, Alejandra Pizarnik e outras grandes, xunto ao mellor dos seus discos anteriores.

Fusión de raíz latinoamericana e flamenca, recoñecidos pola crítica (Mondo Sonoro, Premios MIN) e con colaboracións con Estrella Morente ou Niño de Elxe.

🗓 XOVES 28 MAIO
⏰ 20:30h
📍 Riquela […]

#364 Emiia y Pablo jueves 28/5/2026 20:30
Concerto
10€  Entradas
#363
domingo 12/4/2026 13:00
Concerto

Ukestra do medio apresenta ‘De Aqui e de Acolá’, o seu terceiro disco grande, um trabalho que inclui 10 temas e que se abre a inspiraçons nom exploradas anteriormente. Assi, a cúmbia, a bossa nova ou a música de ar tradicional convivem com ritmos mais habituais nos trabalhos da Ukestra como som o pop, o swing, o folk ou a música country. Umha mestura intencionalmente eclética e heterodoxa.

‘De Aquí e de Acolá’ apresenta-se como o disco mais alegre da Ukestra do Medio, no que predominam[…]

#363 Ukestra do Medio domingo 12/4/2026 13:00
Concerto
5€ Entradas
#362
viernes 3/4/2026 22:00
Karaoke

KARAOKE CON ESTEBAN volve a Riquela para que saques ao artista que levas dentro. Entrada libre, micrófono aberto e ganas de cantar ata que se seque o viño.

Ven cos teus amigos, elixe o teu temazo e prepárate para unha noite desas que terminan coas gargantas rotas e a memoria chea de bos momentos.

📅 VENRES 3 DE ABRIL (Venres Santo)
⏰ A partir das 22:00h
📍 Riquela Club
🎟 ENTRADA LIBRE

Confesión? Esta noite non rezo, canto. 🙌🎶

#RiquelaClub #KaraokeCo[…]

#362 Karaoke con Esteban viernes 3/4/2026 22:00
Karaoke
Entrada libre
#361
domingo 19/4/2026 19:00
Comedia de la buena

Patricia Espello, natural, espontánea e moi divertida.
Cun humor totalmente afastado da realidade pero que á vez te mergulla no esencial dela, o teu riso será inevitable e a gargallada continúa, non soamente aprenderás cousas novas, tamén esquecerás todo o que sabías ata o de agora. Case unha hora e media de risos.
No momento que a coñezas xa non poderás vivir sen ela.

#361 Patricia Espejo domingo 19/4/2026 19:00
Comedia de la buena
19,80€ Entradas
#360
sábado 28/3/2026 20:00
Concerto

Este sábado 28 de marzo, a noite ponse salvaxe. The Botillos e Zalomon Grass sóbense ao mesmo escenario para regalarnos un conciertazo dos que se lembran.

Dúas bandas, dous estilos, unha mesma enerxía. Rock, groove, actitude e moito directo. Se buscas plan para este sábado, xa o atopaches.

🗓 SÁBADO 28 DE MARZO
⏰ Puertas 20:00h | Concerto 20:30h
📍 Riquela Club
🎟 Entradas: 12€

Onde conseguir as túas?
🎫 Lucille
🎫 Rock Café
🎫 A Culpable

#360 Zalomon Grass & The Botillos sábado 28/3/2026 20:00
Concerto
12€
#359
jueves 12/3/2026 20:30
Concerto

O xoves 12 de marzo, a cantautora presenta "Cada vez que che vexo enténdoo", o seu novo disco. Un traballo íntimo e experimental nacido desde a curiosidade, o xogo e o amor en todas as súas formas.

Acompañada por Nacho Mur no directo, a súa música converte o espazo nun instrumento vivo. Unha noite para emocionarse e deixarse levar por unha das voces máis delicadas e profundas da escena.

🗓 XOVES 12 MARZO
⏰ 20:30h
📍 Riquela Club
🎟 Entradas: 12€ en Entradium (link[…]

#359 Amaia Miranda jueves 12/3/2026 20:30
Concerto
12€ Entradas
Anterior Siguiente