#69
BLUEDAYS
sábado 29/4/2017 21:00

Creada en 1997 en Valladolid, Blue Days é unha banda cun longo percorrido ás súas costas e catro discos no mercado. Con experiencia anterior en bandas de rhythm & blues, soul, roots, etc., os seus compoñentes atesouran unha traxectoria vencellada ao xénero do blues, ademais de ser recoñecidos profesionais pola súa pertenza e colaboración con artistas e bandas como Celtas Cortos, Velma Powell, Ñaco Goñi, Shortfuse, Spleen, Belén Dreik, Al Este del Edén, Cifu & La Calaña Sound, Freebells Blues Band, Carlos Chaouen, etc. No seu estilo predomina o son das bandas de Texas, con esa máxica mistura de elegancia e sólida base rítmica influenciada por bluesmen como T-Bone Walker, Albert King, Johnny Copeland, Albert Collins, B.B.King ou Stevie Ray Vaughan e míticas bandas como ZZ Top, Fabulous Thunderbirds e Allmann Brothers Band. No repertorio de Blue Days atopamos temas clásicos do Blues de Chicago, levados ao seu estilo con arranxos impulsivos e penetrantes, xunto a temas propios da banda caracterizados pola súa enerxía e potencia rítmica. Blue Days teñen labrada unha sólida reputación, tras máis de 700 concertos, grazas a uns directos divertidos e vitamínicos conducidos con oficio e cos que se teñen presentado en salas e festivais entre os que cómpre salientar Hondarribia, Ponferrada, Zizurkil, Guarda(Portugal), Universijazz, Tolosa, Portugalete, Valladollid, Caceres, Leioa, Jazz CyL, Islas Azores, etc.

http://www.bluedays.es https://www.facebook.com/bluedaysbluesband
#69 BLUEDAYS sábado 29/4/2017 21:00
Entrada de balde
Comparte! Entrada gratuita ata completar aforo | Apertura de portas 20.00h
#390
Próximamente

Este Nadal, a comida de empresa, a cea coa cuadrilla ou a xuntanza familiar pódense facer no Riquela. Preparamos dous menús para grupos pensados para compartir, con produto caseiro, bebida incluída e opción vegana en todos os pratos. E se despois da comida queredes alongar a festa, tamén podemos montala.

## Opción 1 · 35 € por persoa

**Para comezar e compartir**
Gildas variadas caseiras
Táboa de queixos curados de ovella con pesto, mojo picón, boletos e trufa negra

#390 Celebra o Nadal no Riquela Club Próximamente
Prezo por concretar
#389

Concerto

#389 Amparo Sánchez
Concerto
15€ Entradas
#388
viernes 23/10/2026 20:30
Concerto

Un disco sobre buscar un lugar propio 🎶

Portosanto presenta Ten que haber un sitio para nós, o seu novo disco, con dez cancións sobre dúas ideas: a necesidade de atopar un lugar propio e o peso da memoria. Os adiantamentos Vinte de agosto e o tema que dá título ao disco xa deixaban ver esas dúas liñas, e a canción principal fala do desconcerto de chegar á madurez sen que aparezan as certezas que se prometían.

📅 Venres 23 de outubro
🕣 21:00
🎟️ Entradas desde 13,60 €

#388 Portosanto viernes 23/10/2026 20:30
Concerto
13,60€ Entradas
#387
sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

No duerme nadie.
Así se pecha o Festival Flamenco.

Gregorio Moya e Paco Cortés despiden os tres días cunha homenaxe a Enrique Morente, a figura que abriu o flamenco a todo o que viña de fóra sen soltar nunca a raíz.

Morente rompeu regras e hoxe ninguén o discute. Que artista actual cres que está facendo o mesmo? 👇

Non deixes a entrada para o último día.

#387 Gregorio Moya & Paco Cortés sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
#386
viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela

"Unha obra sobre o cante como resistencia máxima."
Teresa Hernández canta na Igrexa da Universidade.

A cantaora chega acompañada por Kike Terrón e El Peli para poñer a voz no centro absoluto, nun espazo que engade unha acústica e unha solemnidade difíciles de repetir.

⚠️ Importante: na apertura de portas acceden primeiro as persoas con abono do festival. Despois ábrese a entrada libre para o público xeral ata encher.

#386 Teresa Herández viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela
Entrada libre
#385
jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

Dúas almas, unha mesma linguaxe.
Así arranca o Festival Flamenco en Santiago.

Francisco Escudero "El Perrete" e Rubén Levaniegos abren os tres días con Binomio. Dos almas, un solo lenguaje: un espectáculo construído sobre o encontro entre o cante e o toque, e sobre o diálogo entre dous intérpretes que se entenden sen falar.

#385 Francisco Escudero: El Perrete jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
Anterior Siguiente