#142
Sonny & the Sunsets
jueves 1/9/2022 21:00

Sonny Smith é un dos escritores, compositores e cantantes máis interesantes da Bay Area de San Francisco. Desde 2007, o seu carácter polifacético canalizouse no musical a través de Sonny & The Sunsets, banda na que se rodeou de Kelly Stoltz e membros de The Fresh & Onlys e Thee Oh Sees. Cancións como “Too Young To Burn” bastáronlle a Sonny e as súas Sunsets para facerse un oco nese podio de pop retro que capitanean M. Ward e Cass McCombs. As súas composicións, vindas doutra época, picotean de Buddy Hollie e os Modern Lovers, do rock dos cincuenta e o pop caramelizado dos sesenta.

No seu haber contan con dez álbums publicados, Tomorrow Is Alright (2010), Hit After Hit (2011), Longtime Companion (2012), Antenna to the Afterworld (2013), Talent Night at the Ashram (2015), Moods Baby Moods (2016), Sees All Knows All (2016) ou Rod for Your Love (2018); ademais dos dous últimos, que presentará na súa xira española: Hairdressers From Heaven (2019) e New Day With New Possibilities (2021), gravados xusto antes e xusto despois da pandemia.

Todos eles discos cheos de pop asollado con sabor anello e de escoita agradecida, mesturados cun pouquiño de rythm & blues, swing, doo-woop, psicodelia sesenteira, bonitas melodías, asubíos, palmas e xogos vocais de baixa fidelidade, onde todo flúe con tranquilidade e bo humor, e cada tema soa fresco e adictivo.

https://www.instagram.com/sonnyandthesunsets/?hl=es https://en.wikipedia.org/wiki/Sonny_Smith_(musician)
#142 Sonny & the Sunsets jueves 1/9/2022 21:00
10€/8€ anticipada
(+ gastos)
Puntos de venda:
A Reixa Tenda e Riquela
Comparte! Presentando o disco "New Day With New Possibilities"
#387
sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

No duerme nadie.
Así se pecha o Festival Flamenco.

Gregorio Moya e Paco Cortés despiden os tres días cunha homenaxe a Enrique Morente, a figura que abriu o flamenco a todo o que viña de fóra sen soltar nunca a raíz.

Morente rompeu regras e hoxe ninguén o discute. Que artista actual cres que está facendo o mesmo? 👇

Non deixes a entrada para o último día.

#387 Gregorio Moya & Paco Cortés sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
#386
viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela

"Unha obra sobre o cante como resistencia máxima."
Teresa Hernández canta na Igrexa da Universidade.

A cantaora chega acompañada por Kike Terrón e El Peli para poñer a voz no centro absoluto, nun espazo que engade unha acústica e unha solemnidade difíciles de repetir.

⚠️ Importante: na apertura de portas acceden primeiro as persoas con abono do festival. Despois ábrese a entrada libre para o público xeral ata encher.

#386 Teresa Herández viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela
Entrada libre
#385
jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

Dúas almas, unha mesma linguaxe.
Así arranca o Festival Flamenco en Santiago.

Francisco Escudero "El Perrete" e Rubén Levaniegos abren os tres días con Binomio. Dos almas, un solo lenguaje: un espectáculo construído sobre o encontro entre o cante e o toque, e sobre o diálogo entre dous intérpretes que se entenden sen falar.

#385 Francisco Escudero: El Perrete jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
#384
domingo 15/11/2026 20:30
Concerto

Sharp Pins es el proyecto de pop lo-fi, muy sólido, del talentoso músico de Chicago Kai Slater, de Lifeguard y Dwaal Troupe.

#384 Sharp Pins domingo 15/11/2026 20:30
Concerto
19,80€  Entradas
#383
sábado 24/10/2026 20:30

#383 Lucky Dados + Mad Martin sábado 24/10/2026 20:30
10€
#382
jueves 22/10/2026 20:30
Concerto

#382 corto.alto jueves 22/10/2026 20:30
Concerto
21,63€ Entradas
Anterior Siguiente