Comedia Delivery é un micro abierto presentado por Jorge Baleo. Como calquera micro aberto, os cómicos e as cómicas suben ó escenario a probar chistes e ver así se serven para os seus shows ou se non serven nin para unha comida familiar (porque practicar fronte ó espello e finxir que a xente rí non é realista a meirande parte das veces).
3€
(+ gastos) Puntos de venda:
Riquela Club
Comparte! Noite de comedia en Riquela Club
Sabela empeza o 2024 confirmando o Cinza circuíto, unha xira que pasará por algunhas das grandes cidades de España en 11 datas, 6 das cales se realizarán coa axuda de Virando Por Salas. A cantante natural de Ourol lánzase de novo á estrada para continuar coa xira de presentación do seu último disco Cinza, que comezou na Sala Capitol de Santiago de Compostela e que xa conquistou cidades como Madrid ou grandes festivais como o Festival Noroeste da Coruña, e onde interpretará os temas dos seus d[…]
Berta Franklin é unha banda galega que practica unha amalgama de sons, desde o soul e a psicodelia ata a new-wave e o rock actual, que pretende crear unha experiencia para os sentidos, achegando ao espectador unha atmosfera intimista, intensa e de factura delicada.
Formada a finais do ano 2017, chega á actualidade con tres EPs editados, baixo a produción de Arturo Vaquero no seu debut, e Hevi Malandrómeda nos seguintes. Ademais, no seu curto período de existencia xa conta no seu haber […]
Concerto
Entrada gratuita
Tia Carroll é soul, blues, poder e paixón. Ela canta ao corazón desde o corazón. California está ben representada cando esta poderosa vocalista comparte o seu talento en todo o mundo. Tia encabezou exitosas presentacións en festivais, clubs e teatros de medio mundo. Inspirada por lendas da música como: Koko Taylor, Tina Turner e Aretha Franklin, labrouse un nome no circuíto musical.
Gañadora do premio como mellor vocalista nos premios west coast blues hall, Tia liderou durante moito te[…]
Volve ao Riquela Club o rock and’roll clásico, e especialmente o surf rock no son do cuarteto de música instrumental catalán máis desenfreado, divertido e bailable. Los Tiki Phantoms preséntanse como El Dorado (guitarra solista), El Caníbal (guitarra rítmica), El Jíbaro (baixo) e El Bravo (batería). Levan tres décadas enriba dos escenarios, con presenzas en festivais de tanto calibre como o FIB, o Cruïlla, o Low Cost ou o Sonorama, caracterizados por aparecer sempre nos seus concertos vestido[…]
“A formación de rock and roll de dúas persoas máis grande do mundo”, así definiu a publicación británica The Next Big Thing a esta alianza entre Flavia Couri (guitarra e voz) e o batería Martin Couri. Veñen para abrir esta XIV edición do Outono Códax no Riquela Club avalados polo lendario selo londiniense Damaged Goods, cunha proposta na que teñen cabida o garaje, o blues, o surf e o rock and roll tinguido de amor polos anos 70 (en particular polo universo de Phill Spector e as melodías de gr[…]
Esta cantante, multiinstrumentista e compositora arxentina trasládanos a un trance alegre e festivo a través da fusión de ritmos dixitais, acordes de charango, melodías de guitarra e pinkullo. Ofrece unha reinterpretación do folclore latinoamericano enriquecido con elementos electrónicos e do hip-hop, facendo unha apaixonada homenaxe ás culturas indíxenas. A súa actuación é unha viaxe iniciática que, ademais de profundamente musical, nos mergulla nun universo sensorial e emocional, invitándon[…]
Festival Maré
Entrada gratuita