Coma dous barcos carregados de música colisionando no medio da maruxía. Así xurde Family Folks. Dúas voces míticas da escena viguesa, dous tipos familiares que se atopan por casualidade, chocan coma barcos, contan historias e renden tributo ós mestres da boa música. Rubén Xuárez (Mec Mecs, HIgh Sierras, Foggy Mental Breakdown) une as súas forzas con Bosco Hill (The Last But One, Hill & The Revolution) nesta viaxe astral e cósmica, salvaxe e doce, colisionando cargas de rock, blues e soul taberneiro baixo a bandeira negra do folk.
https://www.facebook.com/familyfolks/ https://familyfolks.bandcamp.com/
Ukestra do medio apresenta ‘De Aqui e de Acolá’, o seu terceiro disco grande, um trabalho que inclui 10 temas e que se abre a inspiraçons nom exploradas anteriormente. Assi, a cúmbia, a bossa nova ou a música de ar tradicional convivem com ritmos mais habituais nos trabalhos da Ukestra como som o pop, o swing, o folk ou a música country. Umha mestura intencionalmente eclética e heterodoxa.
‘De Aquí e de Acolá’ apresenta-se como o disco mais alegre da Ukestra do Medio, no que predominam[…]
KARAOKE CON ESTEBAN volve a Riquela para que saques ao artista que levas dentro. Entrada libre, micrófono aberto e ganas de cantar ata que se seque o viño.
Ven cos teus amigos, elixe o teu temazo e prepárate para unha noite desas que terminan coas gargantas rotas e a memoria chea de bos momentos.
📅 VENRES 3 DE ABRIL (Venres Santo)
⏰ A partir das 22:00h
📍 Riquela Club
🎟 ENTRADA LIBRE
Confesión? Esta noite non rezo, canto. 🙌🎶
#RiquelaClub #KaraokeCo[…]
Karaoke
Entrada libre
Patricia Espello, natural, espontánea e moi divertida.
Cun humor totalmente afastado da realidade pero que á vez te mergulla no esencial dela, o teu riso será inevitable e a gargallada continúa, non soamente aprenderás cousas novas, tamén esquecerás todo o que sabías ata o de agora. Case unha hora e media de risos.
No momento que a coñezas xa non poderás vivir sen ela.
Este sábado 28 de marzo, a noite ponse salvaxe. The Botillos e Zalomon Grass sóbense ao mesmo escenario para regalarnos un conciertazo dos que se lembran.
Dúas bandas, dous estilos, unha mesma enerxía. Rock, groove, actitude e moito directo. Se buscas plan para este sábado, xa o atopaches.
🗓 SÁBADO 28 DE MARZO
⏰ Puertas 20:00h | Concerto 20:30h
📍 Riquela Club
🎟 Entradas: 12€
Onde conseguir as túas?
🎫 Lucille
🎫 Rock Café
🎫 A Culpable
Concerto
12€
O xoves 12 de marzo, a cantautora presenta "Cada vez que che vexo enténdoo", o seu novo disco. Un traballo íntimo e experimental nacido desde a curiosidade, o xogo e o amor en todas as súas formas.
Acompañada por Nacho Mur no directo, a súa música converte o espazo nun instrumento vivo. Unha noite para emocionarse e deixarse levar por unha das voces máis delicadas e profundas da escena.
🗓 XOVES 12 MARZO
⏰ 20:30h
📍 Riquela Club
🎟 Entradas: 12€ en Entradium (link[…]
O venres 24 de abril, desembarca en Santiago a proposta máis luminosa e fresca do cantábrico: JAGUAYANO.
Pablo Gómez, desde a Costa Crebada cántabra, aterra coa súa ukelele e a súa guitarra de nylon para transportarnos a praias paradisíacas que só existen na imaxinación. Ou quizá si existen. As súas.
A súa música ponche un sorriso na cara. As súas melodías arrólanche con aparente lixeireza. Pero por baixo, esa voz rachada e inconfundible escarba a alma e deixa un pouso de verdad[…]
