#185
Antía Muíño
Venres 14/4/2023 21:00

Case como unha elexía que levita entre harmónicos, aire e arpegios, Antía Muíño é unha desas voces que chega ao óso con só emitir son. A artista compostelá residente en Donosti conseguiu dotar á nova canción galega de elementos que van desde o tradicional ao jazz vocal, do folk americano á profundidade da canción ibérica, a bossa nova ou mesmo o fado.
Unha singularísima voz na que ecoan ecos que van desde Norah Jones, Diana Krall e Adriana Calcanhotto a Luisa Sobral, Sílvia Pérez Cruz, Luz Casal, Sole Giménez ou Astrud Gilberto; pero cuxa forma de acometer as cancións e a interpretación na súa guitarra, de corte clásico, convertérona nun pequeno gran fenómeno, con apenas tres cancións publicadas nos últimos anos.

https://www.instagram.com/antia.musan/?hl=es
#185 Antía Muíño Venres 14/4/2023 21:00
10€ (+ gastos) Puntos de venda:
Dice.fm Entradas
Comparte!
#201
Domingo 25/6/2023 13:00

Dúas son as principais inquedanzas que animan a os músicos Pablo Castanho e Marcos Pin a formar unha orquestra de Jazz; en Compostela, no ano 2017. Ámbos concluíron os seus estudos de música no estranxeiro; Pablo en Nova York (New School) e Marcos en Holanda (Royal Conservatorium) e é aí, nas respectivas escolas, onde descobren a importancia que ten esta, a formación máis glamurosa do Jazz —a “Big Band”—, para o desenvolvemento musical dun intérprete neste estilo. Sabedores, apostan pola tran[…]

#201 Castaño-Pin Jazz Orquestra Domingo 25/6/2023 13:00
Entrada gratuita
#200
Sábado 17/6/2023 13:00

Sanny, o nome artístico tras o que se agocha Sandra Gómez, é unha artista viguesa cun pé nos primeiros anos de Bob Dylan e no Nebraska de Bruce Springsteen, e co outro en artistas indie contemporáneas como Phoebe Bridgers e Sharon Van Etten. Desenvolve o seu particular estilo compositivo e interpretativo. A comezos do 2019, realiza unha estadía de 3 meses en Preston (Reino Unido) e percorre cada semana os micros abertos dos pubs locais mentres investiga sobre música e sociedade nos EUA. Adema[…]

#200 Sanny Sábado 17/6/2023 13:00
8€ / 6€ anticipada
#199
Xoves 15/6/2023 23:00

Akazie é o nome baixo o que a artista Acacia Ojea (Vigo, 1994) exerce como DJ e selectora de contido musical maioritariamente enfocado na escena postclub, cun gran interese nos discursos máis próximos á música deconstruida e o ruído. Despois de estudar música clásica, graduarse en Belas Artes e especializarse en cinema experimental e electroacústica, Acacia desenvolve transversalmente proxectos vinculados ás artes sonoras e á linguaxe fílmica a través dun achegamento conceptual e investiga ao[…]

#199 Akazie Xoves 15/6/2023 23:00
Entrada gratuita
#197
Sábado 10/6/2023 12:00

Temos preparado un festival que ides flipar. O vindeiro 10 de xuño ás 12h no Riquela Club. Entrada de balde. Haberá música e teatro. Ademais o aloumnado de foto e vídeo documentarán todo. O cartaz é obra da nosa alumna de deseño @lloromicas el a profe @maruastray

#197 Garaxeland Sábado 10/6/2023 12:00
Entrada gratuita
#198
Venres 9/6/2023 21:00

Berlai é o projeto musical criado por Xiao Berlai. Um projeto baseado numha música sem complexos que bebe directamente da tradiçom galega, do indie-pop, do rock e da música electrónica.
As letras das cancións nacem como imagens obsesivas do universo galego: onde as berzas som urbanas, ou o milho necessita cintas de baliçamento policial.
Berlai é indie rururbano, como consecuência lógica á música post-bravu, e assi se transmite nos dous discos de Berlai: Desconhecido e Cas Berlai.<[…]

#198 Berlai Venres 9/6/2023 21:00
8€
#196
Sábado 3/6/2023 21:00

Quinto aniversario de Nora Tattoo Compostela!

- Flash day de 11:00h a 20:00h con máis de 30 tatuadores convidados. MORENO MORENO/RUSS
- Sesión vermú de 13:00h a 17:00h na Praza de Feixoo. MONOLIUOUS DOP DJ
- Concertos 21:00h: MAUSOLEO e SOMOS LA HERENCIA (Entrada 15€)
- DJs Feitizos e Amiga

Artistas flash day:
BLACK DUCK . BRUXISMO . CHAINI . CHRIS WEISHAUPT . C SILVA . DAVID DIZ . DIEGO RÚA . FUTURO FINAL . GRETA DEBELIUS . IAN RODRÍGUEZ . INSER . IVÁN M[…]

#196 Aniversario Nora Tattoo Sábado 3/6/2023 21:00
15€
Anterior Siguiente