#269
Aurora Nealand & the Royal Roses
viernes 6/12/2024 20:30
Concerto

Aurora Nealand & the Royal Roses no @riquelaclub ? Aurora Nealand é unha artista, compositora, improvisadora e instrumentista (saxofones, acordeón, voz) afincada en Nova Orleans (Luisiana) desde 2004. Destacou no rexurdimento do jazz tradicional de Nova Orleans entre a xeración máis nova de músicos da cidade, e é unha ávida defensora e intérprete da nova música orixinal e a música improvisada. Dirixe e participa activamente en varios proxectos, como The Royal Roses, The Monocle Ensemble, Panorama Jazz Band, Rory Danger e New Orleans Klezmer Allstars. Colaborou estreitamente con Preservation Hall Jazz Band, Tim Berne, Bill Frisell, Found Sound Nation, Animal Collective, Arto Lindsay, Tim Robbins, Joe Lally (Fugazi), Germaine Bazzle, John Boutte, Mannie Fresh, Solange Knowles e The Ross Brothers (banda sonora). Nealand tamén apareceu nas series de televisión de HBO Treme (papel recorrente como ela mesma) e NCSI: New Orleans.

http://www.auroranealand.com/ https://auroranealand.bandcamp.com/
#269 Aurora Nealand & the Royal Roses viernes 6/12/2024 20:30
Concerto
15€
(+ gastos)
Puntos de venda:
Ataquilla Entradas
Comparte! From New Orleans to Compostela!
#353
viernes 13/3/2026 20:30
Presentación Grandes Éxitos

Cando o persoal convértese en revolución sonora. 🎷🔥
O venres 13 de marzo, Riquela recibe o regreso dunha icona: Escandaloso Xpósito.

Non é só un concerto. É a presentación en vivo de «Grandes Éxitos», un manifesto sonoro que estira os límites do hip-hop alternativo e condensa todas as súas sensibilidades. Un álbum onde as letras son un espido integral e o son, unha exploración sen fronteiras.

MC e saxofonista nun mesmo alento, Xpósito volve para ofrecer un directo íntimo e[…]

#353 Escandaloso Xpósito viernes 13/3/2026 20:30
Presentación Grandes Éxitos
Prezo por concretar
#352
jueves 26/2/2026 21:00
Festa Drag

Prepara as plumas e o brillo, que Riquela transfórmase! ✨💃🕺
O xoves 26 de febreiro chega unha noite chea de glamour, diversión e puro espectáculo.

Un evento único con shows drag de infarto, sorteos incribles dos nosos patrocinadores e xogos para que interactúes e lévesche algo máis que bos recordos. Unha velada para celebrar a diversidade, a creatividade e a liberdade de ser.

O plan? Unha noite para deixarse sorprender, rir a gargalladas e vibrar co talento sobre o escenar[…]

#352 Raíñas jueves 26/2/2026 21:00
Festa Drag
7€ Entradas
#351
domingo 22/2/2026 16:00
Concerto benéfico

Este non é un concerto calquera. Isto é música con corazón, aprendizaxe con propósito e comunidade en estado puro. ❤️🎸

O domingo 22 de febreiro, Riquela abre as súas portas á canteira máis vibrante: o Festival Solidario da Casa do Rock, onde o verdadeiro protagonista é o talento e a xenerosidade.

En que consiste?
✨ 10 bandas (combos) formadas polo alumnado da escola, desde os máis novos ata os máis avanzados. Estilos variados: rock, metal, pop, blues e máis.
✨ Experi[…]

#351 Festival de Combos de A Casa do Rock domingo 22/2/2026 16:00
Concerto benéfico
#350
viernes 27/2/2026 20:30
Concerto

Se buscas unha banda para unha sesión vermú, ningunha
como Tona. Este novo proxecto sorprende coa súa
particular visión das coplas e melodías populares e cos
seus concertos participativos e festivos nos que non
bailar non é unha opción. Directos orgánicos, analóxicos e
divertidos cunha formación única: Miguel Cernadas
(Terbutalina) na voz, letras e composición; Tomás Ageitos
(Compañía do Ruído, Das Kapital) na batería e
composición; Roberto Come[…]

#350 Tona viernes 27/2/2026 20:30
Concerto
10€ Entradas
#349
jueves 7/5/2026 20:30
Concerto

Eris Mackenzie é o proxecto do produtor e compositor coruñés Carlos Eirís, que fusiona electrónica de vangarda con elementos da tradición galega.

O artista combina electrónica, minimal-techno ou hardstyle con alalás, jotas e melodías populares para construir un son propio. Autodidacta, crea desde un espazo moi persoal onde o piano e a produción dixital dialogan.

#349 Eris Mackenzie jueves 7/5/2026 20:30
Concerto
10€  Entradas
#348
viernes 20/2/2026 20:30
Concerto

O venres 20 de febreiro, Riquela réndese ao talento irresistible de Queen Rendi. Unha noite onde a actitude, a potencia vocal e o carácter único encherán cada recuncho da sala.

Se buscas un directo con personalidade propia, cheo de forza e con ese selo inconfundible, leste é o teu concerto. Queen Rendi non vén actuar, vén reinar no escenario. Estás listo para o show?

🗓️ VENRES 20 DE FEBREIRO 2026
⏰ 20:30h
📍 Riquela Club, Santiago de Compostela

🎟️ ENTRADAS (Afo[…]

#348 Queen Rendi viernes 20/2/2026 20:30
Concerto
7€ anticipada * Entradas
Anterior Siguiente