#4
The Pretty Shirts
Sábado 15/10/2016 22:00

Tras rodar por múltiples escenarios co "single" baixo o brazo, The Pretty Shirts graba o seu primiro LP homónimo en abril de 2015 en Baixo Miño Estudios. O disco consta de 8 temas nos que por unha banda vese a enerxía que derrochan en directo e por outra o lado máis sosegado da banda, cousa que nos traballos anteriores deixaran sen reflectir. O disco comezou a presentarse en setembro e a banda comezou a xira de presentación cunha lista de datas que vai aumentando a medida que pasan os días. Cabe destacar tamén que a banda foi gañadora do 1º Concurso de Bandas organizado polo Pub Morrisey de Sada y nomeados mellor disco do ano 2015 polos seguidores del blog Rocksoulthings.

https://www.facebook.com/theprettyshirts/ https://theprettyshirts.bandcamp.com/
#4 The Pretty Shirts Sábado 15/10/2016 22:00
Entrada de balde
Comparte! Presentación do disco The Pretty Shirts. Apertura portas 21.00h
#268
Venres 25/10/2024 20:30
Concerto

Sabela empeza o 2024 confirmando o Cinza circuíto, unha xira que pasará por algunhas das grandes cidades de España en 11 datas, 6 das cales se realizarán coa axuda de Virando Por Salas. A cantante natural de Ourol lánzase de novo á estrada para continuar coa xira de presentación do seu último disco Cinza, que comezou na Sala Capitol de Santiago de Compostela e que xa conquistou cidades como Madrid ou grandes festivais como o Festival Noroeste da Coruña, e onde interpretará os temas dos seus d[…]

#268 Sabela Venres 25/10/2024 20:30
Concerto
12€ Entradas
#267
Xoves 17/10/2024 21:00
Concerto

Berta Franklin é unha banda galega que practica unha amalgama de sons, desde o soul e a psicodelia ata a new-wave e o rock actual, que pretende crear unha experiencia para os sentidos, achegando ao espectador unha atmosfera intimista, intensa e de factura delicada.

Formada a finais do ano 2017, chega á actualidade con tres EPs editados, baixo a produción de Arturo Vaquero no seu debut, e Hevi Malandrómeda nos seguintes. Ademais, no seu curto período de existencia xa conta no seu haber […]

#267 Berta Franklin Xoves 17/10/2024 21:00
Concerto
Entrada gratuita
#266
Xoves 10/10/2024 20:30
Concerto

Tia Carroll é soul, blues, poder e paixón. Ela canta ao corazón desde o corazón. California está ben representada cando esta poderosa vocalista comparte o seu talento en todo o mundo. Tia encabezou exitosas presentacións en festivais, clubs e teatros de medio mundo. Inspirada por lendas da música como: Koko Taylor, Tina Turner e Aretha Franklin, labrouse un nome no circuíto musical.

Gañadora do premio como mellor vocalista nos premios west coast blues hall, Tia liderou durante moito te[…]

#266 Tia Carroll Xoves 10/10/2024 20:30
Concerto
12€ Entradas
#265
Venres 15/11/2024 20:30
Outono Códax Festival

Volve ao Riquela Club o rock and’roll clásico, e especialmente o surf rock no son do cuarteto de música instrumental catalán máis desenfreado, divertido e bailable. Los Tiki Phantoms preséntanse como El Dorado (guitarra solista), El Caníbal (guitarra rítmica), El Jíbaro (baixo) e El Bravo (batería). Levan tres décadas enriba dos escenarios, con presenzas en festivais de tanto calibre como o FIB, o Cruïlla, o Low Cost ou o Sonorama, caracterizados por aparecer sempre nos seus concertos vestido[…]

#265 Los Tiki Phantoms Venres 15/11/2024 20:30
Outono Códax Festival
15€ Entradas
#264
Xoves 31/10/2024 20:30
Outono Códax Festival

“A formación de rock and roll de dúas persoas máis grande do mundo”, así definiu a publicación británica The Next Big Thing a esta alianza entre Flavia Couri (guitarra e voz) e o batería Martin Couri. Veñen para abrir esta XIV edición do Outono Códax no Riquela Club avalados polo lendario selo londiniense Damaged Goods, cunha proposta na que teñen cabida o garaje, o blues, o surf e o rock and roll tinguido de amor polos anos 70 (en particular polo universo de Phill Spector e as melodías de gr[…]

#264 The Courettes Xoves 31/10/2024 20:30
Outono Códax Festival
15€ Entradas
#263
Xoves 26/9/2024 23:59
Festival Maré

Esta cantante, multiinstrumentista e compositora arxentina trasládanos a un trance alegre e festivo a través da fusión de ritmos dixitais, acordes de charango, melodías de guitarra e pinkullo. Ofrece unha reinterpretación do folclore latinoamericano enriquecido con elementos electrónicos e do hip-hop, facendo unha apaixonada homenaxe ás culturas indíxenas. A súa actuación é unha viaxe iniciática que, ademais de profundamente musical, nos mergulla nun universo sensorial e emocional, invitándon[…]

#263 Aluminé Guerrero Xoves 26/9/2024 23:59
Festival Maré
Entrada gratuita
Anterior Siguiente