#40
HAVALINA
sábado 13/5/2017 21:00

Unha medusa xigante elévase sobre o horizonte dunha noite milimetricamente pechada. As súas formas de fungo atómico dispóñense a cubrir cada recuncho dun planeta ao borde da mutación. É lenta e ameazante, como os compases que abren as portas do novo disco, o sexto, de Havalina (Muerdesombra, Ernie Records 2017) e nos levan da man polos currunchos dunha terra en proceso de transformación onde o orgánico e o sintético xiran nunha mesma órbita. A portada de Emilio Lorente anticipa o novo escenario no que se adentra Havalina. Ao longo das nove cancións de Muerdesombra, o grupo crea unha descarnada banda sonora para o universo particular de Manuel Cabezalí, encadrado esta volta nas fronteiras da ciencia ficción e as chiscadelas a un dos seus autores favoritos, o norteamericano Brandon Sanderson. Muerdesombra mantén os sinais de identidade da banda: rocosas bases pesadas, liñas de baixo concisas, que morden e deixan espazo para que a voz hipnótica de Manuel Cabezali nos introduza nun mundo no que é doado entrar pero difícil saír. Guitarras incontestables que deixan espazo a novas sónicas, descoñecidas nos seus traballos anteriores e que confirman a gran laubora no deseño de son grazas, entre outras cousas, a sintetizadores e pads que alumean unha nova dimensión á esencia rock desta banda madrileña fundada en 2001 que presenta o seu novo disco en Riquela Club da man da programación de Son Estrella Galicia.

http://www.havalina.es https://www.facebook.com/HavalinaMadrid
#40 HAVALINA sábado 13/5/2017 21:00
15€/12€ (anticipada)
(+ gastos)
Puntos de venda:
Ticketea, A Reixa Tenda, Riquela Entradas
Comparte! Son Estrella Galicia | Presentación do disco "Muerdesombra" | Apertura de portas 20.00h
#387
sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

No duerme nadie.
Así se pecha o Festival Flamenco.

Gregorio Moya e Paco Cortés despiden os tres días cunha homenaxe a Enrique Morente, a figura que abriu o flamenco a todo o que viña de fóra sen soltar nunca a raíz.

Morente rompeu regras e hoxe ninguén o discute. Que artista actual cres que está facendo o mesmo? 👇

Non deixes a entrada para o último día.

#387 Gregorio Moya & Paco Cortés sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
#386
viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela

"Unha obra sobre o cante como resistencia máxima."
Teresa Hernández canta na Igrexa da Universidade.

A cantaora chega acompañada por Kike Terrón e El Peli para poñer a voz no centro absoluto, nun espazo que engade unha acústica e unha solemnidade difíciles de repetir.

⚠️ Importante: na apertura de portas acceden primeiro as persoas con abono do festival. Despois ábrese a entrada libre para o público xeral ata encher.

#386 Teresa Herández viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela
Entrada libre
#385
jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

Dúas almas, unha mesma linguaxe.
Así arranca o Festival Flamenco en Santiago.

Francisco Escudero "El Perrete" e Rubén Levaniegos abren os tres días con Binomio. Dos almas, un solo lenguaje: un espectáculo construído sobre o encontro entre o cante e o toque, e sobre o diálogo entre dous intérpretes que se entenden sen falar.

#385 Francisco Escudero: El Perrete jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
#384
domingo 15/11/2026 20:30
Concerto

Sharp Pins es el proyecto de pop lo-fi, muy sólido, del talentoso músico de Chicago Kai Slater, de Lifeguard y Dwaal Troupe.

#384 Sharp Pins domingo 15/11/2026 20:30
Concerto
19,80€  Entradas
#383
sábado 24/10/2026 20:30

#383 Lucky Dados + Mad Martin sábado 24/10/2026 20:30
10€
#382
jueves 22/10/2026 20:30
Concerto

#382 corto.alto jueves 22/10/2026 20:30
Concerto
21,63€ Entradas
Anterior Siguiente