#36
CRÓ!
viernes 31/3/2017 21:00

Cró! xurde en 2007 das profundidades da ría de Vigo. Banda de rock dificil de describir coas etiquetas comerciais da industria. Alternativo? Psicodelico? Post? Progressivo? Vintage? Que cosa é un Cró!? Calquera melodia vale, só hai que “croala”. Clasificar a Cró! faise daquela complicado. A súa música os define e as imaxes que os acompañan ao vivo os completan. Cró! é música instrumental, cancións e improvisación. Premio á mellor grupo de rock pola Asociación de Músicos ao Vivo en 2014 e habituais en salas de concertos e prestixiosos festivais en España, Alemaña, Portugal ou Francia, chegan a Riquela Club o 31 de marzo para presentar Mounstros, o seu último traballo discográfico…
O berro de Cró! volve a poder ser escoitado. Dentro das composicións do cuarteto de Vigo hai un ritmo e un discurso, unha latencia que, á marxe dos vaivéns da industria musical e as modas, vai crecendo e facéndose máis rico e complexo co paso dos anos: Mounstros é o cuarto álbum de estudo de Cró!, e conforma, modela, perfila ese berro interior (Clawdia, Roquentin, Mounstros) e exterior (Videovigilada, PDF) montado sobre unha instalación multicapa de sintetizadores, ritmos, guitarras e idiomas –español, galego e inglés túrnanse no álbum– e , por qué non, estruturas de xogo (Zapruder, Dezin, UniCró!nibot). As armas de Cró! diversificáronse en estilos e sonoridades ata o punto de converter este disco nunha coleción inigualable de discursos mantendo inmutable o espírito primixenio da banda. Gravado nunha única execución ao vivo nos Estudios Brazil de Madrid da man de Javier Ortiz, Mounstros clava una pica en novos terreos conquistados polos galegos, uns puntos de partida inmellorables.

http://www.spacecro.com https://www.facebook.com/spacecro/
#36 CRÓ! viernes 31/3/2017 21:00
6€/5€ (anticipada)
(+ gastos)
Puntos de venda:
Riquela, A Reixa Tenda
Comparte! Presentación novo disco Mounstros | Apertura portas 20.00h
#390
Próximamente

Este Nadal, a comida de empresa, a cea coa cuadrilla ou a xuntanza familiar pódense facer no Riquela. Preparamos dous menús para grupos pensados para compartir, con produto caseiro, bebida incluída e opción vegana en todos os pratos. E se despois da comida queredes alongar a festa, tamén podemos montala.

## Opción 1 · 35 € por persoa

**Para comezar e compartir**
Gildas variadas caseiras
Táboa de queixos curados de ovella con pesto, mojo picón, boletos e trufa negra

#390 Celebra o Nadal no Riquela Club Próximamente
Prezo por concretar
#389

Concerto

#389 Amparo Sánchez
Concerto
15€ Entradas
#388
viernes 23/10/2026 20:30
Concerto

Un disco sobre buscar un lugar propio 🎶

Portosanto presenta Ten que haber un sitio para nós, o seu novo disco, con dez cancións sobre dúas ideas: a necesidade de atopar un lugar propio e o peso da memoria. Os adiantamentos Vinte de agosto e o tema que dá título ao disco xa deixaban ver esas dúas liñas, e a canción principal fala do desconcerto de chegar á madurez sen que aparezan as certezas que se prometían.

📅 Venres 23 de outubro
🕣 21:00
🎟️ Entradas desde 13,60 €

#388 Portosanto viernes 23/10/2026 20:30
Concerto
13,60€ Entradas
#387
sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

No duerme nadie.
Así se pecha o Festival Flamenco.

Gregorio Moya e Paco Cortés despiden os tres días cunha homenaxe a Enrique Morente, a figura que abriu o flamenco a todo o que viña de fóra sen soltar nunca a raíz.

Morente rompeu regras e hoxe ninguén o discute. Que artista actual cres que está facendo o mesmo? 👇

Non deixes a entrada para o último día.

#387 Gregorio Moya & Paco Cortés sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
#386
viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela

"Unha obra sobre o cante como resistencia máxima."
Teresa Hernández canta na Igrexa da Universidade.

A cantaora chega acompañada por Kike Terrón e El Peli para poñer a voz no centro absoluto, nun espazo que engade unha acústica e unha solemnidade difíciles de repetir.

⚠️ Importante: na apertura de portas acceden primeiro as persoas con abono do festival. Despois ábrese a entrada libre para o público xeral ata encher.

#386 Teresa Herández viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela
Entrada libre
#385
jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

Dúas almas, unha mesma linguaxe.
Así arranca o Festival Flamenco en Santiago.

Francisco Escudero "El Perrete" e Rubén Levaniegos abren os tres días con Binomio. Dos almas, un solo lenguaje: un espectáculo construído sobre o encontro entre o cante e o toque, e sobre o diálogo entre dous intérpretes que se entenden sen falar.

#385 Francisco Escudero: El Perrete jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
Anterior Siguiente