#13
When the man comes around | Pardo
domingo 11/12/2016 20:30

“Só son un vello anaco de carbón, pero serei un diamante algún día” (Johnny Cash)

NÉSTOR PARDO guitarra e voz
ANTONIO RAMA guitarra solista
MIGUEL MARTÍNEZ contrabaixo

Néstor Pardo formou con só 19 anos en 2004 a súa primeira banda, The Loveless Cousins, formación de corte rock-a-billy coa que edita 2 álbums e que lidera como cantante, guitarrista e compositor durante 5 anos. O carisma de Néstor sobre o escenario sobresae desde o primeiro día e como proba diso é fotografado por Antonio Alay para o libro Rockin' Spain. En 2008 múdase a Madrid para rematar os seus estudos na Escola de Música Creativa, titulándose como guitarrista profesional en música moderna. En Madrid fai amizade co músico Roi Fontoira (The Phantom Keys / The Limboos), con quen monta a banda de R&B e swing The Allnight Workers, cos que afina a súa capacidade compositiva e grava dous álbums nos estudos Lightning Recordings de Berlín que publica o selo Gravacións De Impacto. Xiran por toda Europa e o seu prestixio increméntase sendo convidados a distintos festivais, tanto de jazz como de rock&roll, e converténdose na banda europea de Lala Brooks (The Crystals). En 2012 regresa á súa cidade natal, A Coruña, e comeza a tocar como músico de sesión para distintas formacións (Northwest Pickers, The Hot Chocolates, Dixie Lovers, The Honky Tonkin Boozers, Rockers Go To Hell, etc.) e en 2013 decide comezar unha carreira en solitario tocando a súa propia música e arrancando así unha nova etapa na que o músico escapa de calquera etiqueta ou prexuízo. É aquí cando nace Pardo, que non tarda en ver publicado un primeiro disco, gravado tan só coa súa guitarra e a súa voz e cunha celebrada versión do Everybody's Talking de Harry Nilson. Pasados un par de meses, chama a Miguel Martínez (contrabaixo) e a Adrián Seijas (batería) como banda de acompañamento e con esta formación presenta o disco por España cunha excelente aceptación e esgotando as 700 copias sen nengún tipo de promoción nin apoio de prensa. Coa súa banda grava en directo o seu segundo álbum, Let it stay, nos estudos Santa Cruz Recordings (New H-Records, 2015). En xaneiro de 2015 entra a formar parte do equipo de Laura Pausini no programa televisivo A Voz (Telecinco). Este ano gravou o seu terceiro disco como Pardo, cambiando o idioma dos seus proxectos á súa lingua materna e electrificando a banda; Sinto non ser o esperado é o título dun dos 11 temas incluídos, todos de composición propía.

MEMORIA DE JOHNNY CASH

Froito da colaboración con Licor 43 e baixo o nome GINGER 43 LIVE, un dos fíos conductores da primeira programación de Nadal do novo Riquela Club é unha homenaxe a un dos músicos máis influíntes do século XX, o gran Johnny Cash, ao que dedicaremos tres sesións que protagonizarán músicos galegos de variados estilos e contrastada calidade como Martín Esturao (Mad Martin), Sabela King, Nestor Pardo, Antonio López, Óscar Avendaño…, artistas que sen dúbida proporcionarán unha enriquecedora achega para redescubrir a este mítico e xenial artista de intensa personalidade ao que resulta difícil poñer unha etiqueta e que é considerado un dos máximos expoñentes da música country. Toño López (vocalista de The Soul Jacket) e Oscar Avendaño (Los Profesionales, Siniestro Total) unirán as súas forzas no primeiro dos concertos deste ciclo “Memoria de Johnny Cash”, mentres que o coruñés Pardo será o protagonista do segundo e, no terceiro, contamos cunha especial colaboración para a ocasión, a de Sabela King y Mad Martin. É a primeira vez que se celebran todos estes conciertos, trátase dunhas propostas cuxo estrea absoluta terá lugar no Riquela Club durante estas dúas semanas previas ao Nadal 2016. A entrada para os tres concertos é gratuíta ata completar o aforo do local.

http://www.johnnycash.com
#13 When the man comes around | Pardo domingo 11/12/2016 20:30
Entrada de balde
Comparte! Ginger 43 live! Riquela Nadal'16. Memoria de Johnny Cash II. PARDO. Apertura portas 19.30h Logos
#368
sábado 10/10/2026 19:00
Monólogo

O domingo 04 de outubro, Riquela vístese de comedia (e de sarcasmo marca Castela) coa chegada de Laura de Val e o seu novo show.

Unha hora longa onde a identidade, a ironía e as malas decisións mestúranse con chistes malos (como o que acabas de ler, probablemente) e unha promesa importante: non haberá hummus. 🧆❌

Laura escribe esta sinopse en terceira persoa... aínda que é ela mesma a que o está facendo. Porque así funciona a súa cabeza: todo soa mellor antes de dicilo. Pásache a[…]

#368 Laura de Val sábado 10/10/2026 19:00
Monólogo
18€
#367
viernes 5/6/2026 20:30
Concerto

Tras un tempo de descanso, Néboa regresan con novo disco, que verá a luz no mes de maio, e volven actuar en Santiago o próximo 5 de xuño na sala Riquela.

#367 Néboa viernes 5/6/2026 20:30
Concerto
13€ Entradas
#366
sábado 13/6/2026 20:30
Concerto

O sábado 13 de xuño, Riquela recibe a unha auténtica besta do escenario: Boom Boom Kid, o proxecto en solitario de Carlos Rodríguez (ex Fun People).

Hardcore, punk, rock alternativo... pero tamén folk, rockabilly e psychobilly. Todo vale baixo o seu propio selo, Ugly Marcas. Un directo sen rede, visceral e honesto, que non deixa a ninguén indiferente.

Se che gusta o ruído ben feito e a actitude sen filtros, esta é a túa noite.

🗓️ SÁBADO 13 DE XUÑO
⏰ 20:30h
📍 R[…]

#366 Boom Boom Kid sábado 13/6/2026 20:30
Concerto
#365
jueves 25/6/2026 20:30
Concerto

O xoves 25 de xuño, Riquela recibe a unha das mellores bandas nacionais do momento. Vera Fauna chega a Santiago co seu disco "Díme onde estamos" debaixo do brazo e un directo que conquistou salas e festivais de arriba a abaixo.

O seu xa non é unha promesa. É realidade. O 2025 foi o ano da súa consagración, e agora veñen demostralo na nosa casa. Cancións que enganchan, unha posta en escena impecable e ese non sei que que converte cada concerto nunha festa.

#365 Vera Fauna jueves 25/6/2026 20:30
Concerto
22€ Entradas
#364
jueves 28/5/2026 20:30
Concerto

🎶🌿 EMILIA E PABLO EN RIQUELA

O xoves 28 de maio, o dúo chileno-español presenta un adianto de "De Púrpura e Melancolía", o seu novo traballo. Unha viaxe musical pola poesía de Gabriela Mistral, Alejandra Pizarnik e outras grandes, xunto ao mellor dos seus discos anteriores.

Fusión de raíz latinoamericana e flamenca, recoñecidos pola crítica (Mondo Sonoro, Premios MIN) e con colaboracións con Estrella Morente ou Niño de Elxe.

🗓 XOVES 28 MAIO
⏰ 20:30h
📍 Riquela […]

#364 Emiia y Pablo jueves 28/5/2026 20:30
Concerto
10€  Entradas
#363
domingo 12/4/2026 13:00
Concerto

Ukestra do medio apresenta ‘De Aqui e de Acolá’, o seu terceiro disco grande, um trabalho que inclui 10 temas e que se abre a inspiraçons nom exploradas anteriormente. Assi, a cúmbia, a bossa nova ou a música de ar tradicional convivem com ritmos mais habituais nos trabalhos da Ukestra como som o pop, o swing, o folk ou a música country. Umha mestura intencionalmente eclética e heterodoxa.

‘De Aquí e de Acolá’ apresenta-se como o disco mais alegre da Ukestra do Medio, no que predominam[…]

#363 Ukestra do Medio domingo 12/4/2026 13:00
Concerto
5€ Entradas
Anterior Siguiente