#48
JULIAN MAESO
viernes 17/3/2017 21:00

Tratándose de JULIÁN MAESO, unha auténtica enciclopedia do rock, falar de ampliación do catálogo de ritmos, sons e matices son palabras maiores. Pero iso é precisamente o que se agocha entre as apaixonadas cancións de Somewhere Somehow, o terceiro álbum en solitario do ex de The Sunday Drivers, que disecciona a historia do xénero en cada unha das súas intervencións, xa sexa discográfica ou interpretativa; neste caso é en forma dun novo álbum, o primeiro como artista de Sony Music, que presenta en Riquela Club o 17 de marzo. O concerto de Julián Maeso está enmarcado na colaboración de programación entre DELEITE AO VIVO e o ciclo RIQUELA Rhythm & BLUES.

En Somewhere somehow Julián Maeso entrégase ao seu instinto salvaxe de entusiasta do rock para completar unha obra excitante e conmovedora. Deixase a alma nas 11 cancións que o compoñen, cada unha distinta da outra, diferentes incluso entre o seu punto de partida e o de chegada, invitando ao ouvinte a converterse en protagonista dunha viaxe por cores e sons na que se coñece a orixe, pero nunca o destino. Os cimentos da música do toledano seguen asentados no soul e no rock dos anos setenta, pero o abanico das súas fontes se expande ao funk, ao country ou incluso ao jazz, ata completar o máis variado dos seus tres discos.

Somewhere Somehow toma o relevo do gran One way ticket to Saturn, o álbum de 2014 que relanzou a súa carreira e co que conquistou a público e prensa especializada. Medios como Ruta 66 ou Rolling Stone o situaron entre os mellores do ano. Curtido na escena do rock tamén en grupos como The Blackbirds, Speaklow, The Sweet Vandals, Aurora & The Betrayers, Pájaro, Los Labios, etc., Julián Maeso foi músico en xiras de M-Clan ou Quique González e puxo o seu talento dende o seu órgano Hammond ao servizo de grandes divas do soul como Irma Thomas, Betty Harris ou Martha High. Tamén tocou para Ken Stringfellow, Taylor McFerrin ou The New Master Sounds, ademais de telonear a grandes como Jakob Dylan, Paul Weller, Iggy Pop, The James Taylor Quartet, Maceo Parker ou Neneh Cherry. A carreira en solitario de Julián Maeso iniciouse en 2012 co dobre álbum Dreams are gone e agora lanza o seu terceiro disco en plena expansión do seu talento.

http://www.julianmaeso.com https://www.facebook.com/julimaeso/
#48 JULIAN MAESO viernes 17/3/2017 21:00
15€/12€ (anticipada)
(+ gastos)
Puntos de venda:
Riquela, A Reixa Tenda, Ticketea Entradas
Comparte! DELEITE AO VIVO | RIQUELA Rhythm & BLUES | Presentación do disco "Somewhere Somehow" | Apertura de portas 20.00h Logos
#381
miércoles 11/11/2026 20:30
Concerto

#381 Sara Hebe miércoles 11/11/2026 20:30
Concerto
18,44€ Entradas
#380
miércoles 18/11/2026 20:00
Doble data

Barrence Whitfield é un artista salvaxe e potente que leva máis de 40 anos ofrecendo interpretacións vocais explosivas, sendo un dos últimos shouters que quedan en activo e en plena forma. Tanto con The Savages como en solitario, Barrence sempre o dá todo, e agora conta co apoio da magnífica banda de frat rock and roll MFC Chicken (inesquecible o seu concerto no Outono Códax 2022) para varios concertos especiais nos que repasarán o repertorio dos primeiros tempos de Barrence, cando empezou a […]

#380 Barrence Whitfield & MFC Chicken miércoles 18/11/2026 20:00
Doble data
18€ Entradas
#379
miércoles 11/11/2026 0:20
Concerto

rancés de nacemento, texano por adopción musical e cantante de soul con alma de bluesman, Tiwayo é un espírito libre que ten tocado na rúa e viaxado por todo o mundo, absorbendo as raíces do blues, o soul e o góspel seguen dando forma á súa música. Foi precisamente nunha viaxe a Memphis onde un veterano músico cajún de blues quedou fascinado polo contraste entre o aspecto xuvenil deste músico e a profundidade áspera e da súa voz. E foi el quen o bautizou como «The Young Old» («o mozo vello»[…]

#379 Tiwayo miércoles 11/11/2026 0:20
Concerto
18€ Entradas
#378
domingo 25/10/2026 20:30
Concerto

#378 Julia Perminova Trío domingo 25/10/2026 20:30
Concerto
TBC
#377
domingo 21/2/2027 18:30
Monólogo

Tabú es un espectáculo de stand-up comedy en el que Dani Alés explora, con inteligencia y una escritura extraordinariamente cuidada, las contradicciones de nuestro tiempo.

Sin recurrir a la provocación fácil ni al humor ofensivo, el espectáculo se adentra en esos asuntos que parecen intocables para demostrar que el verdadero límite del humor no está en los temas, sino en la falta de talento.

Con un ritmo constante, una mirada afilada y un inusual equilibrio entre reflexión y car[…]

#377 Dani Aléx presenta: Tabú domingo 21/2/2027 18:30
Monólogo
17,80€ Entradas
#376
domingo 1/11/2026 19:00
Concerto

Amparo Sánchez (Alcalá la Real, Jaén, 24 de septiembre de 1969) es una cantante, compositora, música, escritora y productora española, reconocida internacionalmente como una de las pioneras y referentes del mestizaje musical y la fusión de estilos (como el reggae, el rock, el ska y la música latina)

#376 Amparo Sánchez domingo 1/11/2026 19:00
Concerto
15€ Entradas
Anterior Siguiente