#111
Andy Chango
jueves 21/9/2017 21:00

O polifacético artista arxentino ANDY CHANGO presenta en Riquela Club o próximo xoves 21 de setembro o seu primeiro espectáculo cómico unipersoal. Baixo o título EL HOMBRE NADA, Andy Chango deseñou unha serie de monólogos cercanos ao stand up, termo que, con bo humor, el detesta porque “discrimina aos lisiados e aos demais obríganos a estar de pé”. Nos seus soliloquios, eventualmente acompañado polo seu teclado electrónico, Andy Chango fainos rir e reflexionar sobre a relixión, o sexo, o amor, a vagancia, a policía, a paternidade, o rock, as drogas, o alcohol e outros temas de interese xeral filtrados ao través da súa experiencia e a súa disparatada e lúcida visión do patetismo humano.

ANDY CHANGO conta cunha ampla traxectoria como músico, cantante, compositor, con experiencia en televisión e radio e, agora, como escritor. Como músico e compositor ten publicado cinco discos, cos que xirou a ambas beiras do Atlántico, ademais de compoñer bandas sonoras para diferentes longametraxes. A súa faciana televisiva fórxase en 2001 a raíz dunha serie de entrevistas que provocaron unha inesperada popularidade no seu país. Comeza a colaborar en programas como “El Intermedio” en España e conságrase no seu país natal participando durante dúas tempadas no popular programa de televisión “Duro de Domar” cunha sección propia, “Chango Feroz”, por la que foi nominado aos importantes Premios Martín Fierro. No medio radiofónico comezou en Radio 3 RNE co programa “Andy y Amigos”, máis tarde na Radio Nacional Arxentina (“La espuma de las noches”) e, actualmente, no programa “Futuro Rock”. A Editorial Planeta ven de publicar o seu primeiro libro, Indianápolis.

https://www.facebook.com/andy.chango.OFICIAL/ https://twitter.com/changoandy?lang=es
#111 Andy Chango jueves 21/9/2017 21:00
12€ / 9€ anticipada
(+ gastos)
Puntos de venda:
Ticketea, Riquela, A Reixa Tenda Entradas
Comparte! Presentación do seu primeiro show cómico unipersoal, El hombre nada | Apertura de portas 20.30h
#368
sábado 10/10/2026 19:00
Monólogo

O domingo 04 de outubro, Riquela vístese de comedia (e de sarcasmo marca Castela) coa chegada de Laura de Val e o seu novo show.

Unha hora longa onde a identidade, a ironía e as malas decisións mestúranse con chistes malos (como o que acabas de ler, probablemente) e unha promesa importante: non haberá hummus. 🧆❌

Laura escribe esta sinopse en terceira persoa... aínda que é ela mesma a que o está facendo. Porque así funciona a súa cabeza: todo soa mellor antes de dicilo. Pásache a[…]

#368 Laura de Val sábado 10/10/2026 19:00
Monólogo
18€
#367
viernes 5/6/2026 20:30
Concerto

Tras un tempo de descanso, Néboa regresan con novo disco, que verá a luz no mes de maio, e volven actuar en Santiago o próximo 5 de xuño na sala Riquela.

#367 Néboa viernes 5/6/2026 20:30
Concerto
13€ Entradas
#366
sábado 13/6/2026 20:30
Concerto

O sábado 13 de xuño, Riquela recibe a unha auténtica besta do escenario: Boom Boom Kid, o proxecto en solitario de Carlos Rodríguez (ex Fun People).

Hardcore, punk, rock alternativo... pero tamén folk, rockabilly e psychobilly. Todo vale baixo o seu propio selo, Ugly Marcas. Un directo sen rede, visceral e honesto, que non deixa a ninguén indiferente.

Se che gusta o ruído ben feito e a actitude sen filtros, esta é a túa noite.

🗓️ SÁBADO 13 DE XUÑO
⏰ 20:30h
📍 R[…]

#366 Boom Boom Kid sábado 13/6/2026 20:30
Concerto
#365
jueves 25/6/2026 20:30
Concerto

O xoves 25 de xuño, Riquela recibe a unha das mellores bandas nacionais do momento. Vera Fauna chega a Santiago co seu disco "Díme onde estamos" debaixo do brazo e un directo que conquistou salas e festivais de arriba a abaixo.

O seu xa non é unha promesa. É realidade. O 2025 foi o ano da súa consagración, e agora veñen demostralo na nosa casa. Cancións que enganchan, unha posta en escena impecable e ese non sei que que converte cada concerto nunha festa.

#365 Vera Fauna jueves 25/6/2026 20:30
Concerto
22€ Entradas
#364
jueves 28/5/2026 20:30
Concerto

🎶🌿 EMILIA E PABLO EN RIQUELA

O xoves 28 de maio, o dúo chileno-español presenta un adianto de "De Púrpura e Melancolía", o seu novo traballo. Unha viaxe musical pola poesía de Gabriela Mistral, Alejandra Pizarnik e outras grandes, xunto ao mellor dos seus discos anteriores.

Fusión de raíz latinoamericana e flamenca, recoñecidos pola crítica (Mondo Sonoro, Premios MIN) e con colaboracións con Estrella Morente ou Niño de Elxe.

🗓 XOVES 28 MAIO
⏰ 20:30h
📍 Riquela […]

#364 Emiia y Pablo jueves 28/5/2026 20:30
Concerto
10€  Entradas
#363
domingo 12/4/2026 13:00
Concerto

Ukestra do medio apresenta ‘De Aqui e de Acolá’, o seu terceiro disco grande, um trabalho que inclui 10 temas e que se abre a inspiraçons nom exploradas anteriormente. Assi, a cúmbia, a bossa nova ou a música de ar tradicional convivem com ritmos mais habituais nos trabalhos da Ukestra como som o pop, o swing, o folk ou a música country. Umha mestura intencionalmente eclética e heterodoxa.

‘De Aquí e de Acolá’ apresenta-se como o disco mais alegre da Ukestra do Medio, no que predominam[…]

#363 Ukestra do Medio domingo 12/4/2026 13:00
Concerto
5€ Entradas
Anterior Siguiente