#57
BOB STROGER
jueves 20/4/2017 21:30

Bob Stroger, lenda do blues, visita Compostela para ofrecer un concerto único o xoves 20 de abril en Riquela Club. Nado en Hayti (Missouri) en 1930, Bob Stroger trasladouse coa súa familia sendo un adolescente a Chicago, onde vivía na parte traseira dun clube onde Howlin’ Wolf e Muddy Waters adoitaban tocar, e quedou fascinado para sempre polo blues. Este veterano baixista, compositor e cantante formou parte dalgunhas das máis míticas formacións da historia do blues (Otis Rush, Eddie King, Jimmy Rogers, Sunnyland Slim, Homesick James, Louisiana Red, Snooky Pryor, etc.) ata que no 2000 decide comezar a gravar como líder da súa propia banda. Bob Stroger é unha das escasas conexións que nos quedan coa época dourada do blues e todo un referente na historia da música afroamericana e, en particular, do blues. Bob Stroger foi galardoado en dúas ocasións, 2011 e 2013, nos Blues Music Award como mellor baixista de blues. Bob Stroger está acompañado neste único concerto en Galicia por Quique Gómez (harmónica), Luca Giordano (guitarra) e Guillaume Destarac (batería).

#57 BOB STROGER jueves 20/4/2017 21:30
15€/13€ (anticipada)
(+ gastos)
Puntos de venda:
A Reixa Bar, Riquela, A Reixa Tenda, Duduá, Komic Libraría, Ticketea Entradas
Comparte! Apertura de portas 20.30h
#387
sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

No duerme nadie.
Así se pecha o Festival Flamenco.

Gregorio Moya e Paco Cortés despiden os tres días cunha homenaxe a Enrique Morente, a figura que abriu o flamenco a todo o que viña de fóra sen soltar nunca a raíz.

Morente rompeu regras e hoxe ninguén o discute. Que artista actual cres que está facendo o mesmo? 👇

Non deixes a entrada para o último día.

#387 Gregorio Moya & Paco Cortés sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
#386
viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela

"Unha obra sobre o cante como resistencia máxima."
Teresa Hernández canta na Igrexa da Universidade.

A cantaora chega acompañada por Kike Terrón e El Peli para poñer a voz no centro absoluto, nun espazo que engade unha acústica e unha solemnidade difíciles de repetir.

⚠️ Importante: na apertura de portas acceden primeiro as persoas con abono do festival. Despois ábrese a entrada libre para o público xeral ata encher.

#386 Teresa Herández viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela
Entrada libre
#385
jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

Dúas almas, unha mesma linguaxe.
Así arranca o Festival Flamenco en Santiago.

Francisco Escudero "El Perrete" e Rubén Levaniegos abren os tres días con Binomio. Dos almas, un solo lenguaje: un espectáculo construído sobre o encontro entre o cante e o toque, e sobre o diálogo entre dous intérpretes que se entenden sen falar.

#385 Francisco Escudero: El Perrete jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
#384
domingo 15/11/2026 20:30
Concerto

Sharp Pins es el proyecto de pop lo-fi, muy sólido, del talentoso músico de Chicago Kai Slater, de Lifeguard y Dwaal Troupe.

#384 Sharp Pins domingo 15/11/2026 20:30
Concerto
19,80€  Entradas
#383
sábado 24/10/2026 20:30

#383 Lucky Dados + Mad Martin sábado 24/10/2026 20:30
10€
#382
jueves 22/10/2026 20:30
Concerto

#382 corto.alto jueves 22/10/2026 20:30
Concerto
21,63€ Entradas
Anterior Siguiente