#151
Cantigas e agarimos e Caldo
sábado 24/9/2022 12:00
HOLANOLA / praza feixoo

Cantigas e agarimos.
A comezos do século XX fórmase o coro Queixumes dos Pinos baixo a presidencia de Salvador Cabeza de León e a dirección dun novísimo Bernardo del Río. A necesidade de introducir voces femininas no repertorio chocaba coas ideas do Centro Católico no que ensaiaban. Lonxe de reprimir a súa evolución artística, o grupo buscou refuxio nos locais da Unión Protectora de Artesáns. O 29 de xullo do 1921 presentouse á cidadanía no Teatro Principal e na Alameda baixo o nome de Cantigas e Agarimos.
A partir de entón nacería en Compostela unha agrupación referente e peza indispensable da sociedade compostelá. O piar sobre o que se asentou e serviu de base firme para a súa proxección no tempo responde ao nome de Bernardo del Río, que xa demostrara anteriormente dotes para a dirección artística. O estudo e coñecemento do repertorio tradicional translócese na inspiración galeguista das súas obras, ás que aplicaba a súa formación académica. Entre as súas composicións destaca o pasodobre galego “Cantigas e Agarimos”, incluído frecuentemente no repertorio das bandas de música.
Esta agrupación folclórica, unha das máis antigas do folclore galego, sempre estivo adicada á recuperación, conservación e transmisión da cultura tradicional galega, traballando activamente na consolidación da identidade cultural de Galicia.

Caldo
María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz e pandeireta) e Pedro Fariñas (guitarra e gaita) forman Caldo, un trío afincado no Valmiñor que achega a música tradicional a contextos sonoros contemporáneos a través da experimentación cos propios instrumentos. Presentan unha proposta na que integran melodías tradicionais galegas e composicións propias con influencias das músicas europeas e atlánticas, unha fusión natural que vai directa ao sentir do público.
Para o seu primeiro disco, gravado en directo, tomaron como fío condutor o repertorio da aldea de Moscoso (Pazos de Borbén, Pontevedra), facendo una revisión do material recollido por Xisco Feijóo ás informantes Rosa e Aída Garrido.
Caldo preparan agora o seu novo traballo discográfico, no que afianzan a súa sonoridade engadindo novas texturas e atmosferas, sen abandonar o son orgánico dos instrumentos que empregan. O álbum, producido por Alberto Cernadas (crnds), estará formado por melodías instrumentais de composición propia e por pezas con voz aprendidas do repertorio da tradición oral galega. Nesta nova etapa, escriben e reinterpretan as letras, escolléndoas coidadosamente para adaptalas ás novas realidades.

https://www.cantigaseagarimos.es/ https://www.facebook.com/caldo.gal
#151 Cantigas e agarimos e Caldo sábado 24/9/2022 12:00
HOLANOLA / praza feixoo
Entrada de balde
Comparte! HOLANOLA FESTIVAL. Tradicional, flamenco, New Orleans
#368
sábado 10/10/2026 19:00
Monólogo

O domingo 04 de outubro, Riquela vístese de comedia (e de sarcasmo marca Castela) coa chegada de Laura de Val e o seu novo show.

Unha hora longa onde a identidade, a ironía e as malas decisións mestúranse con chistes malos (como o que acabas de ler, probablemente) e unha promesa importante: non haberá hummus. 🧆❌

Laura escribe esta sinopse en terceira persoa... aínda que é ela mesma a que o está facendo. Porque así funciona a súa cabeza: todo soa mellor antes de dicilo. Pásache a[…]

#368 Laura de Val sábado 10/10/2026 19:00
Monólogo
18€
#367
viernes 5/6/2026 20:30
Concerto

Tras un tempo de descanso, Néboa regresan con novo disco, que verá a luz no mes de maio, e volven actuar en Santiago o próximo 5 de xuño na sala Riquela.

#367 Néboa viernes 5/6/2026 20:30
Concerto
13€ Entradas
#366
sábado 13/6/2026 20:30
Concerto

O sábado 13 de xuño, Riquela recibe a unha auténtica besta do escenario: Boom Boom Kid, o proxecto en solitario de Carlos Rodríguez (ex Fun People).

Hardcore, punk, rock alternativo... pero tamén folk, rockabilly e psychobilly. Todo vale baixo o seu propio selo, Ugly Marcas. Un directo sen rede, visceral e honesto, que non deixa a ninguén indiferente.

Se che gusta o ruído ben feito e a actitude sen filtros, esta é a túa noite.

🗓️ SÁBADO 13 DE XUÑO
⏰ 20:30h
📍 R[…]

#366 Boom Boom Kid sábado 13/6/2026 20:30
Concerto
#365
jueves 25/6/2026 20:30
Concerto

O xoves 25 de xuño, Riquela recibe a unha das mellores bandas nacionais do momento. Vera Fauna chega a Santiago co seu disco "Díme onde estamos" debaixo do brazo e un directo que conquistou salas e festivais de arriba a abaixo.

O seu xa non é unha promesa. É realidade. O 2025 foi o ano da súa consagración, e agora veñen demostralo na nosa casa. Cancións que enganchan, unha posta en escena impecable e ese non sei que que converte cada concerto nunha festa.

#365 Vera Fauna jueves 25/6/2026 20:30
Concerto
22€ Entradas
#364
jueves 28/5/2026 20:30
Concerto

🎶🌿 EMILIA E PABLO EN RIQUELA

O xoves 28 de maio, o dúo chileno-español presenta un adianto de "De Púrpura e Melancolía", o seu novo traballo. Unha viaxe musical pola poesía de Gabriela Mistral, Alejandra Pizarnik e outras grandes, xunto ao mellor dos seus discos anteriores.

Fusión de raíz latinoamericana e flamenca, recoñecidos pola crítica (Mondo Sonoro, Premios MIN) e con colaboracións con Estrella Morente ou Niño de Elxe.

🗓 XOVES 28 MAIO
⏰ 20:30h
📍 Riquela […]

#364 Emiia y Pablo jueves 28/5/2026 20:30
Concerto
10€  Entradas
#363
domingo 12/4/2026 13:00
Concerto

Ukestra do medio apresenta ‘De Aqui e de Acolá’, o seu terceiro disco grande, um trabalho que inclui 10 temas e que se abre a inspiraçons nom exploradas anteriormente. Assi, a cúmbia, a bossa nova ou a música de ar tradicional convivem com ritmos mais habituais nos trabalhos da Ukestra como som o pop, o swing, o folk ou a música country. Umha mestura intencionalmente eclética e heterodoxa.

‘De Aquí e de Acolá’ apresenta-se como o disco mais alegre da Ukestra do Medio, no que predominam[…]

#363 Ukestra do Medio domingo 12/4/2026 13:00
Concerto
5€ Entradas
Anterior Siguiente