#374
Glockenwise + Guilherme Zapata
sábado 31/10/2026 20:30
Morno presenta:

Glockenwise é unha banda de Barcelos composta por Nuno Rodrigues (voz e guitarras), Rafael Ferreira (guitarras), Rui Fiusa (baixo) e Cláudio Tavares (bateria). Nos seus 15 anos de traxectoria, teñen actuado tanto nas principais citas do seu país coma en numerosos escenarios europeos. Contan con cinco discos editados: Building Waves (2011), Leeches (2013), Heat (2015), Plástico (2018) e Gótico Português (2023), e o 23 de setembro deste 2026 publicarán o seu sexto traballo, Vale Tudo Para Chegar a Algum Lado, da man do selo Vida Vã, creado pola propia banda en 2022.

Guilherme Zapata é un músico e produtor galego que lanza o seu primeiro disco en solitario,Segredo (2026): un artefacto cargado de neosoul, tropicalismo e pop elegante baixo o paraugas do groove. Unha colección de cancións en galego e castelán que o sitúan na liña de proxectos contemporáneos como El Michels Affair, Helado Negro, Pale Jay, Badbadnotgood ou Sessa.

#374 Glockenwise + Guilherme Zapata sábado 31/10/2026 20:30
Morno presenta:

(+ gastos)
Puntos de venda:
Soundtix Entradas
Comparte!
#390
Próximamente

Este Nadal, a comida de empresa, a cea coa cuadrilla ou a xuntanza familiar pódense facer no Riquela. Preparamos dous menús para grupos pensados para compartir, con produto caseiro, bebida incluída e opción vegana en todos os pratos. E se despois da comida queredes alongar a festa, tamén podemos montala.

## Opción 1 · 35 € por persoa

**Para comezar e compartir**
Gildas variadas caseiras
Táboa de queixos curados de ovella con pesto, mojo picón, boletos e trufa negra

#390 Celebra o Nadal no Riquela Club Próximamente
Prezo por concretar
#389

Concerto

#389 Amparo Sánchez
Concerto
15€ Entradas
#388
viernes 23/10/2026 20:30
Concerto

Un disco sobre buscar un lugar propio 🎶

Portosanto presenta Ten que haber un sitio para nós, o seu novo disco, con dez cancións sobre dúas ideas: a necesidade de atopar un lugar propio e o peso da memoria. Os adiantamentos Vinte de agosto e o tema que dá título ao disco xa deixaban ver esas dúas liñas, e a canción principal fala do desconcerto de chegar á madurez sen que aparezan as certezas que se prometían.

📅 Venres 23 de outubro
🕣 21:00
🎟️ Entradas desde 13,60 €

#388 Portosanto viernes 23/10/2026 20:30
Concerto
13,60€ Entradas
#387
sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

No duerme nadie.
Así se pecha o Festival Flamenco.

Gregorio Moya e Paco Cortés despiden os tres días cunha homenaxe a Enrique Morente, a figura que abriu o flamenco a todo o que viña de fóra sen soltar nunca a raíz.

Morente rompeu regras e hoxe ninguén o discute. Que artista actual cres que está facendo o mesmo? 👇

Non deixes a entrada para o último día.

#387 Gregorio Moya & Paco Cortés sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
#386
viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela

"Unha obra sobre o cante como resistencia máxima."
Teresa Hernández canta na Igrexa da Universidade.

A cantaora chega acompañada por Kike Terrón e El Peli para poñer a voz no centro absoluto, nun espazo que engade unha acústica e unha solemnidade difíciles de repetir.

⚠️ Importante: na apertura de portas acceden primeiro as persoas con abono do festival. Despois ábrese a entrada libre para o público xeral ata encher.

#386 Teresa Herández viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela
Entrada libre
#385
jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

Dúas almas, unha mesma linguaxe.
Así arranca o Festival Flamenco en Santiago.

Francisco Escudero "El Perrete" e Rubén Levaniegos abren os tres días con Binomio. Dos almas, un solo lenguaje: un espectáculo construído sobre o encontro entre o cante e o toque, e sobre o diálogo entre dous intérpretes que se entenden sen falar.

#385 Francisco Escudero: El Perrete jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
Anterior Siguiente