#8
Ángel Stanich + Indomable
jueves 1/12/2016 21:30

Ángel Stanich, a revelación máis rotunda do ano, pecha este mes de decembro unha longa xira emprendida en 2015 con "Camino Ácido", o seu primeiro LP. Un traballo superior e impecable que tornou a Stanich no ermitaño do pop e co que acadou abarrotar todo tipo de salas e festivais provocando auténticos karaokes de indie alternativo e pegadizo. Escurridizo, políticamente incorrecto, misteriose... son algúns dos diagnósticos mediáticos que xera o desbordante e inusual enxeño de Ángel Stanich, arroupado de mordacidade certeira e unha afondura emocional impropia da súa idade. Tras máis de 200 concertos enchendo bares dende os seus inicios coa súa guitarra acústica ou arrasando co seu demoledor directo polos máis importantes festivais (BIME, Arenal Sound, FACYL, MatMad, Contempopránea...), Ángel Stanich pecha o ciclo cos derradeiros conciertos de fin de xira que incluen un concerto moi especial no compostelán Riquela Club o xives 1 de decembro.

Indomable súmase como artista convidado ó concerto de Ángel Stanich do xoves 1 de decembro no Riquela Club. Indomable é o novo proxecto acústico do coruñés Arturo Rodríguez, que abrirá a noite presentando o seu disco "Incondicional e Imperfecto". Unha colección de cancións concebidas entre Galicia, Madrid, Alemania e Australia, gravadas, mesturadas e masterizadas íntegramente nos estudios Bruar de A Coruña por Xavier Ferreiro, e coa produción de Sergio Delgado.

https://www.angelstanich.com/ https://indomable.bandcamp.com
#8 Ángel Stanich + Indomable jueves 1/12/2016 21:30
15€/12€ (anticipada)
(+ gastos)
Puntos de venda:
Ticketea, Riquela, A Reixa Tenda Entradas
Comparte! Conciertos de despedida da xira “Cámino ácido”. Artista convidado: Indomable. Apertura portas 20.30h
#390
Próximamente

Este Nadal, a comida de empresa, a cea coa cuadrilla ou a xuntanza familiar pódense facer no Riquela. Preparamos dous menús para grupos pensados para compartir, con produto caseiro, bebida incluída e opción vegana en todos os pratos. E se despois da comida queredes alongar a festa, tamén podemos montala.

## Opción 1 · 35 € por persoa

**Para comezar e compartir**
Gildas variadas caseiras
Táboa de queixos curados de ovella con pesto, mojo picón, boletos e trufa negra

#390 Celebra o Nadal no Riquela Club Próximamente
Prezo por concretar
#389

Concerto

#389 Amparo Sánchez
Concerto
15€ Entradas
#388
viernes 23/10/2026 20:30
Concerto

Un disco sobre buscar un lugar propio 🎶

Portosanto presenta Ten que haber un sitio para nós, o seu novo disco, con dez cancións sobre dúas ideas: a necesidade de atopar un lugar propio e o peso da memoria. Os adiantamentos Vinte de agosto e o tema que dá título ao disco xa deixaban ver esas dúas liñas, e a canción principal fala do desconcerto de chegar á madurez sen que aparezan as certezas que se prometían.

📅 Venres 23 de outubro
🕣 21:00
🎟️ Entradas desde 13,60 €

#388 Portosanto viernes 23/10/2026 20:30
Concerto
13,60€ Entradas
#387
sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

No duerme nadie.
Así se pecha o Festival Flamenco.

Gregorio Moya e Paco Cortés despiden os tres días cunha homenaxe a Enrique Morente, a figura que abriu o flamenco a todo o que viña de fóra sen soltar nunca a raíz.

Morente rompeu regras e hoxe ninguén o discute. Que artista actual cres que está facendo o mesmo? 👇

Non deixes a entrada para o último día.

#387 Gregorio Moya & Paco Cortés sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
#386
viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela

"Unha obra sobre o cante como resistencia máxima."
Teresa Hernández canta na Igrexa da Universidade.

A cantaora chega acompañada por Kike Terrón e El Peli para poñer a voz no centro absoluto, nun espazo que engade unha acústica e unha solemnidade difíciles de repetir.

⚠️ Importante: na apertura de portas acceden primeiro as persoas con abono do festival. Despois ábrese a entrada libre para o público xeral ata encher.

#386 Teresa Herández viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela
Entrada libre
#385
jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

Dúas almas, unha mesma linguaxe.
Así arranca o Festival Flamenco en Santiago.

Francisco Escudero "El Perrete" e Rubén Levaniegos abren os tres días con Binomio. Dos almas, un solo lenguaje: un espectáculo construído sobre o encontro entre o cante e o toque, e sobre o diálogo entre dous intérpretes que se entenden sen falar.

#385 Francisco Escudero: El Perrete jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
Anterior Siguiente