Que Girl Ultra teña nome de súper heroína en realidade non é casual porque sabemos que ten, como mínimo, un súper poder: dominar todas as variantes do pop contemporáneo baixo un só proxecto. Alguén dá máis? Aínda que sempre foi un talento versátil, a mexicana destapouse definitivamente como unha vocalista multiusos co seu último EP, blush, publicado polo selo británico Big Dada (casa discográfica de yaya bey, Rahill ou Gaika). E é que blush é un despregamento ilimitado de recursos: en menos dun cuarto de hora, Girl Ultra salta do dance-pop á maneira de Saint Etienne á experimentación post-club, da súa propia concepción do jazz á nostalxia UK garage para expandir os límites da canción en castelán.
https://www.instagram.com/girlultra/ https://www.instagram.com/girlultra/

#271
Girl Ultra
Mércores 20/11/2024 20:30
Concerto
15€
(+ gastos) Puntos de venda:
Dice Entradas
Comparte!
Concerto
15€
(+ gastos) Puntos de venda:
Dice Entradas
Comparte!