#66
NASTASIA ZÜRCHER BEAT TRÍO
viernes 9/6/2017 21:00

Inmersa na preparación do seu novo proxecto discográfico, Nastasia Zürcher convocanos para despedir a súa xira e actuacións da seu primeiro longa duración, My Flight, cun concerto en Riquela Club o venres 9 de xuño. A nova cantante e compositora Nastasia Zürcher foi gañadora do Premio Martín Códax da Música 2016 na categoría de Blues, Funk & Soul grazas a este álbum de debut que mereceu comentarios como “un dos debuts máis emocionantes do ano no noso país” ou “exquisito para os oídos”. Composto entre Madrid e Galicia, My Flight conxuga estilos e sonoridades nunha fusión de neo beat soul, pop vocal de autor, world music e nujazz, interpretados dende a personalidade vocal de Nastasia Zürcher. Ecléctico, atrevido e, sobre todo, moi auténtico, en My Flight Nastasia Zürcher aporta frescura e sentimento sobre unha base de liberdade creativa coa que trata cuestión universais e reflexións sensoriais musicalizadas en cativantes estribillos e intensas letras. Narci Rodríguez (beatbox e guitarras) e Adrían Saavedra (teclados) completan a formación Nastasia Zürcher Beat Trío coa que a artista suizo-galega se presenta directo.

http://www.nastasiazurcher.com https://www.facebook.com/nastasiazurcherofficial
#66 NASTASIA ZÜRCHER BEAT TRÍO viernes 9/6/2017 21:00
10€/8€ (anticipada)
(+ gastos)
Puntos de venda:
A Reixa Tenda, Riquela
Comparte!
#387
sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

No duerme nadie.
Así se pecha o Festival Flamenco.

Gregorio Moya e Paco Cortés despiden os tres días cunha homenaxe a Enrique Morente, a figura que abriu o flamenco a todo o que viña de fóra sen soltar nunca a raíz.

Morente rompeu regras e hoxe ninguén o discute. Que artista actual cres que está facendo o mesmo? 👇

Non deixes a entrada para o último día.

#387 Gregorio Moya & Paco Cortés sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
#386
viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela

"Unha obra sobre o cante como resistencia máxima."
Teresa Hernández canta na Igrexa da Universidade.

A cantaora chega acompañada por Kike Terrón e El Peli para poñer a voz no centro absoluto, nun espazo que engade unha acústica e unha solemnidade difíciles de repetir.

⚠️ Importante: na apertura de portas acceden primeiro as persoas con abono do festival. Despois ábrese a entrada libre para o público xeral ata encher.

#386 Teresa Herández viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela
Entrada libre
#385
jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

Dúas almas, unha mesma linguaxe.
Así arranca o Festival Flamenco en Santiago.

Francisco Escudero "El Perrete" e Rubén Levaniegos abren os tres días con Binomio. Dos almas, un solo lenguaje: un espectáculo construído sobre o encontro entre o cante e o toque, e sobre o diálogo entre dous intérpretes que se entenden sen falar.

#385 Francisco Escudero: El Perrete jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
#384
domingo 15/11/2026 20:30
Concerto

Sharp Pins es el proyecto de pop lo-fi, muy sólido, del talentoso músico de Chicago Kai Slater, de Lifeguard y Dwaal Troupe.

#384 Sharp Pins domingo 15/11/2026 20:30
Concerto
19,80€  Entradas
#383
sábado 24/10/2026 20:30

#383 Lucky Dados + Mad Martin sábado 24/10/2026 20:30
10€
#382
jueves 22/10/2026 20:30
Concerto

#382 corto.alto jueves 22/10/2026 20:30
Concerto
21,63€ Entradas
Anterior Siguiente