#210
Carlos Childe / Josemi Carmona / David de Jacoba
jueves 14/9/2023 21:00
HOLANOLA LAB-FEST

Carlos Childe. Banjoista e cantante cun pe en Nova Orleans e outro en España. Tras estudar con Carl Leblanc (excomponente da banda de Fats Domino e Sun Ra) cumpriu o seu soño de tocar en Preservation Hall con algún dos máis importantes músicos actuais do jazz de Nova Orleans. O seu é un proxecto alcanzable a todos os oídos, enraizado na tradición das orixes do jazz.

Josemi Carmona, fillo do maestro Pepe Habichuela, é un punto de referencia na fusión das músicas do mundo. A súa carreira está caracterizada pola heterodoxia e a fusión entre o flamenco e o jazz, a salsa, a bossa-nova, o rai e mesmo coa música mandinga. A súa figura en Ketama foi imprescindible.

David de Jacoba. A súa voz exclusiva, única, distinta, e o seu sentido do ritmo e afinación perfectos levárono a traballar coas máis grandes figuras do flamenco: Niño Josele, El Güito, Joaquin Cortés, Tomatito… e mesmo cos maestro Enrique Morente e Paco de Lucía. Malia sentirse especialmente cómodo no máis puro cante ortodoxo, ten coqueteado con primeiras figuras do latin-jazz como Giovanni Hidalgo, Jerry González, Alain Pérez ou Caramelo, aportando a súa rotunda voz.

https://holanolafest.com/
#210 Carlos Childe / Josemi Carmona / David de Jacoba jueves 14/9/2023 21:00
HOLANOLA LAB-FEST
15€ / 40€ abono
(+ gastos)
Puntos de venda:
Ataquilla.com / Riquela Club Entradas
Comparte! Dentro da programación do Holanola Lab-Fest 2023
#390
Próximamente

Este Nadal, a comida de empresa, a cea coa cuadrilla ou a xuntanza familiar pódense facer no Riquela. Preparamos dous menús para grupos pensados para compartir, con produto caseiro, bebida incluída e opción vegana en todos os pratos. E se despois da comida queredes alongar a festa, tamén podemos montala.

## Opción 1 · 35 € por persoa

**Para comezar e compartir**
Gildas variadas caseiras
Táboa de queixos curados de ovella con pesto, mojo picón, boletos e trufa negra

#390 Celebra o Nadal no Riquela Club Próximamente
Prezo por concretar
#389

Concerto

#389 Amparo Sánchez
Concerto
15€ Entradas
#388
viernes 23/10/2026 20:30
Concerto

Un disco sobre buscar un lugar propio 🎶

Portosanto presenta Ten que haber un sitio para nós, o seu novo disco, con dez cancións sobre dúas ideas: a necesidade de atopar un lugar propio e o peso da memoria. Os adiantamentos Vinte de agosto e o tema que dá título ao disco xa deixaban ver esas dúas liñas, e a canción principal fala do desconcerto de chegar á madurez sen que aparezan as certezas que se prometían.

📅 Venres 23 de outubro
🕣 21:00
🎟️ Entradas desde 13,60 €

#388 Portosanto viernes 23/10/2026 20:30
Concerto
13,60€ Entradas
#387
sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

No duerme nadie.
Así se pecha o Festival Flamenco.

Gregorio Moya e Paco Cortés despiden os tres días cunha homenaxe a Enrique Morente, a figura que abriu o flamenco a todo o que viña de fóra sen soltar nunca a raíz.

Morente rompeu regras e hoxe ninguén o discute. Que artista actual cres que está facendo o mesmo? 👇

Non deixes a entrada para o último día.

#387 Gregorio Moya & Paco Cortés sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
#386
viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela

"Unha obra sobre o cante como resistencia máxima."
Teresa Hernández canta na Igrexa da Universidade.

A cantaora chega acompañada por Kike Terrón e El Peli para poñer a voz no centro absoluto, nun espazo que engade unha acústica e unha solemnidade difíciles de repetir.

⚠️ Importante: na apertura de portas acceden primeiro as persoas con abono do festival. Despois ábrese a entrada libre para o público xeral ata encher.

#386 Teresa Herández viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela
Entrada libre
#385
jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

Dúas almas, unha mesma linguaxe.
Así arranca o Festival Flamenco en Santiago.

Francisco Escudero "El Perrete" e Rubén Levaniegos abren os tres días con Binomio. Dos almas, un solo lenguaje: un espectáculo construído sobre o encontro entre o cante e o toque, e sobre o diálogo entre dous intérpretes que se entenden sen falar.

#385 Francisco Escudero: El Perrete jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
Anterior Siguiente