#47
TON RISCO TRÍO
miércoles 15/3/2017 21:30

TON RISCO TRÍO
TON RISCO vibráfono
ALEX SALGUEIRO órgano Hammond
IAGO FERNÁNDEZ batería

Aínda que estes tres músicos son vellos coñecidos doutras formacións, non foi ata finais de 2013 que naceu este trío formado por Iago Fernández (batería), Alex Salgueiro (órgano Hammond) e Ton Risco (vibráfono). TON RISCO TRÍO ten a súa razón de ser na intención de xuntar dous timbres singulares coma son o do vibráfono e o do órgano nunha formación pequena e autónoma, emulando o tándem Joey DeFrancesco & Bobby Hutcherson. O son resultante ten o toque tradicional do trío, mais cunha tonalidade cool, diferente do trío de jazz clásico. O repertorio de Ton Risco Trío móvese entre os temas orixinais e os standards, onde as sonoridades máis íntimas se misturan con grooves e up tempos.
Nado en Ourense en 1979, TON RISCO trasládouse en 1999 a Holanda para licenciarse en percusión clásica e vibráfono jazz no Real Conservatorio da Haia. Recibíu clases de Joe Locke (New York), Dave Samuels e Tony Micelli (Delaware University, New Jersey) e David Friedman (Berlín). Formado en música clásica e jazz, o seu carácter ecléctico lévao a colaborar cunha grande variedade de artistas entre os que salientan a Metropole Orkest (Ámsterdam), Vince Mendoza, Kenny Werner, Orquestra de Jazz de Galicia, Andreas Prittwitz, Xosé Manuel Budiño, Narf, Enrique Oliver, Paco Charlín, Víctor Prieto Trío, LAR Legido, Jacobo de Miguel, etc., participando en festivais en Estados Unidos, México, Holanda, Bélxica, España e Taiwán. Con tres discos baixo o seu nome, compaxina a súa faciana de músico freelance coa docencia no Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela. IAGO FERNÁNDEZ (Cangas, 1987) formouse entre Cangas (percusión clásica) e Pontevedra (Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra) para despois graduarse no Centro Superior de Música del País Vasco, Musikene (especialidade de jazz-batería), onde recibiu clases de Jorge Rossy, Jo Krause, Albert Sanz e Guillermo Klein entre outros. A partir dos 20 anos toca con regularidade en festivais e clubes de jazz de toda a península Ibérica, ademais de realizar en esporádicos proxectos por Europa. Ten colaborando con músicos como Avishai Cohen, Omer Avital, Perico Sambeat, Marcus Strickland, Lage Lund, Masa Kamaguchi, Javier Colina, Albert Sanz, Chris Kase, Jorge Rossy, Guillermo Klein, Jesús Santandreu, Logan Richardson, John O'Gallagher ou Ptros Klampanis. Ten gravado máis de vinte traballos como colaborador e tres discos como líder: Agromando (2011), Acougo (2015) e Brisa (2016). Frautista, teclista e organista "Hammond", ALEX SALGUEIRO (A Estrada, 1983) formou parte da Banda Cultural de Teo e da Banda Municipal da Estrada como frauta principal/solista durante 14 anos. Logo de licenciarse en frauta traveseira no Conservatorio Superior da Coruña con Julio Cabo e Fernando Gracia, iniciou estudos de piano moderno na Escola Estudio e no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra co mestre Paco Charlín. Na actualidade centra a súa actividade no estudo e na práctica do órgano Hammond, o que o leva a colaborar con numerosas agrupacións e a liderar os seus propios conxuntos.

http://www.tonrisco.com/
#47 TON RISCO TRÍO miércoles 15/3/2017 21:30
5€
(+ gastos)
Puntos de venda:
Riquela
Comparte! Riquela Jazz | Deleite ao vivo | Consumición mínima incluida na entrada | Apertura portas 20.30h Logos
#368
sábado 10/10/2026 19:00
Monólogo

O domingo 04 de outubro, Riquela vístese de comedia (e de sarcasmo marca Castela) coa chegada de Laura de Val e o seu novo show.

Unha hora longa onde a identidade, a ironía e as malas decisións mestúranse con chistes malos (como o que acabas de ler, probablemente) e unha promesa importante: non haberá hummus. 🧆❌

Laura escribe esta sinopse en terceira persoa... aínda que é ela mesma a que o está facendo. Porque así funciona a súa cabeza: todo soa mellor antes de dicilo. Pásache a[…]

#368 Laura de Val sábado 10/10/2026 19:00
Monólogo
18€
#367
viernes 5/6/2026 20:30
Concerto

Tras un tempo de descanso, Néboa regresan con novo disco, que verá a luz no mes de maio, e volven actuar en Santiago o próximo 5 de xuño na sala Riquela.

#367 Néboa viernes 5/6/2026 20:30
Concerto
13€ Entradas
#366
sábado 13/6/2026 20:30
Concerto

O sábado 13 de xuño, Riquela recibe a unha auténtica besta do escenario: Boom Boom Kid, o proxecto en solitario de Carlos Rodríguez (ex Fun People).

Hardcore, punk, rock alternativo... pero tamén folk, rockabilly e psychobilly. Todo vale baixo o seu propio selo, Ugly Marcas. Un directo sen rede, visceral e honesto, que non deixa a ninguén indiferente.

Se che gusta o ruído ben feito e a actitude sen filtros, esta é a túa noite.

🗓️ SÁBADO 13 DE XUÑO
⏰ 20:30h
📍 R[…]

#366 Boom Boom Kid sábado 13/6/2026 20:30
Concerto
#365
jueves 25/6/2026 20:30
Concerto

O xoves 25 de xuño, Riquela recibe a unha das mellores bandas nacionais do momento. Vera Fauna chega a Santiago co seu disco "Díme onde estamos" debaixo do brazo e un directo que conquistou salas e festivais de arriba a abaixo.

O seu xa non é unha promesa. É realidade. O 2025 foi o ano da súa consagración, e agora veñen demostralo na nosa casa. Cancións que enganchan, unha posta en escena impecable e ese non sei que que converte cada concerto nunha festa.

#365 Vera Fauna jueves 25/6/2026 20:30
Concerto
22€ Entradas
#364
jueves 28/5/2026 20:30
Concerto

🎶🌿 EMILIA E PABLO EN RIQUELA

O xoves 28 de maio, o dúo chileno-español presenta un adianto de "De Púrpura e Melancolía", o seu novo traballo. Unha viaxe musical pola poesía de Gabriela Mistral, Alejandra Pizarnik e outras grandes, xunto ao mellor dos seus discos anteriores.

Fusión de raíz latinoamericana e flamenca, recoñecidos pola crítica (Mondo Sonoro, Premios MIN) e con colaboracións con Estrella Morente ou Niño de Elxe.

🗓 XOVES 28 MAIO
⏰ 20:30h
📍 Riquela […]

#364 Emiia y Pablo jueves 28/5/2026 20:30
Concerto
10€  Entradas
#363
domingo 12/4/2026 13:00
Concerto

Ukestra do medio apresenta ‘De Aqui e de Acolá’, o seu terceiro disco grande, um trabalho que inclui 10 temas e que se abre a inspiraçons nom exploradas anteriormente. Assi, a cúmbia, a bossa nova ou a música de ar tradicional convivem com ritmos mais habituais nos trabalhos da Ukestra como som o pop, o swing, o folk ou a música country. Umha mestura intencionalmente eclética e heterodoxa.

‘De Aquí e de Acolá’ apresenta-se como o disco mais alegre da Ukestra do Medio, no que predominam[…]

#363 Ukestra do Medio domingo 12/4/2026 13:00
Concerto
5€ Entradas
Anterior Siguiente