Falar de Soleá Morente é dicir moitas cousas en poucas palabras. É falar dunha das familias máis importantes a nivel cultural neste país, a que montaron o innovador cantaor falmenco granadino Enrique Morente e a bailaora Aurora Carbonell. De aí xurdiu unha estirpe que ensanchou os límites da creatividade en innumerables campos, e non nos trabucamos se dicimos que Soleá é a máis versátil, a máis camaleónica, a máis rompedora.
http://shorturl.at/rCGQ8 https://www.instagram.com/soleamorente/?hl=es18€/15€ anticipada
(+ gastos) Puntos de venda:
SON Estrella Entradas
Comparte! Presentando o disco "Aurora y Enrique"
Non todas as penas poden afogarse nun vaso de whisky. Algunhas se arrastran eternamente como un peso morto que dificulta o camiñar ou se gardan no máis profundo dun caixón que se abre de cando en vez; outras se expoñen para sandar ou transformar a ferida en algo belo. Dylan LeBlanc (Louisiana, 1990) tomou ese carreiro. O músico norteamericano -cualificado como “o novo Neil Young” e comparado con Townes Van Zant ou Ryan Adams– transformou o seu turbulento pasado en cancións folk onde beleza e […]
Concerto
Prezo por concretar
Tras anos converténdose nun secreto a voces en Santiago subindo cancións de corte doméstico, mariagrep decidiu ser a raíña dun urban melódico tan conectado co bedroom pop como coa vaporwave. Ofreceu decenas de directos nalgúns dos festivais máis importantes do país, e na súa música habita unha sensación de estar a dar a volta ao pop electrónica, cunha actitude tan preto da música industrial como dos medios tempos de estética noventera ou mesmo o punk-pop. Ademais, mariagrep é unha das tres pa[…]
Concerto
Prezo por concretar
Helena Egea debutou no Festival da Luz de 2023 co seu proxecto musical Flares of Life, caracterizado pola forza e paixón da súa voz. Cun repertorio en inglés e galego inspirado en xéneros como jazz, soul, blues, pop e rock, a violinista e cantante emprega as súas composicións como medio de expresión e autodescubrimento, evocando a potencia de icónicas artistas como Aretha Franklin, Nina Simone e Janis Joplin.
Pola súa parte, Cora Velasco e Carlos Gil coñecéronse en 2018 durante a grav[…]
Forxado na intensa e variada escena de Austin (Texas) , Jack Burton emerxeu como un enérxico cantautor dentro do Folk – Blues. O seu novo disco, cargado de letras inspiradoras e coa súa profunda voz como protagonista, é unha mestura crúa e conmovedora de blues alternative e folk-rock.”
En formato cuarteto , preséntanse por primeira vez en Galicia, ofrecendo un espectaculo de Blues moi xenuíno e fóra das estruturas do xero.
Concerto
Entrada libre
The Fabulous Resaca Brothers leva pateando escenarios case 10 anos, nos que teñen acompañado a bandas do calibre de Rede House, Gisele Jackson, The Agapornis ou Marcos Coll. Tamén foron banda residente nun clásico garito de Compostela, onde tocarían uns 150 concertos.
Son varios os musicos que pasaron pola formación, que se mantén sempre cambiante para interpretar temas clásicos do Blues eléctrico. O que non cambia nunca é a FESTA que montan encima do escenario. Ás veces mesmo a montan […]
Concerto
10€