#61
DANIEL BACHMAN
martes 18/4/2017 21:30

DANIEL BACHMAN, intérprete de guitarra de 6 cordas e guitarra lap steel residente en Petersburg (Virginia), visita Compostela e o Riquela Club o martes 18 de abril para ofrecer, co apoio de Deleite ao Vivo, o seu único concerto en España da súa xira. Dende 2008 ata o momento ten producido, case exclusivamente, material musical de carácter instrumental ao mesmo tempo que xiraba por toda Europa e América, de Estambul a Los Ángeles. Daniel Bachman ven xogando dende que era adolescente co que el mesmo define como "Psychedelic Appalachia", publicando pequenas edicións en cinta, CD e LP nos últimos tres anos, cun son que evolucionou a partir drones e banjos tomando como base un son de guitarra actualizado. En xira constantemente a partir dos 17 anos, Daniel Bachman ten tocado en todos os recunchos dos Estados Unidos, compartindo escenario con artistas folk afíns como o seu compañeiro Jack Rose, para quen Daniel Bachman realizou a imaxe artística do lanzamento discográfico póstumo Luck in the Valley. O seu propio nome da título ao seu último longa duración editado por Three Lobed Recordings; Daniel Bachman é o seu oitavo álbum como solista e supón o seu traballo máis reflexivo e minuciosamente concibido ata a data. Incluso durante a canción máis concisa e directa do disco, Daniel Bachman tómase o seu tempo para considerar onde está e cara onde camiña como artista. Cando o ritmo comeza a acelerarse, Daniel Bachman pon o freno, facendo soar un longo acorde ou, incluso, deténdose completamente para evitar deixarse levar pola corrente.

http://danielbachman.com/
#61 DANIEL BACHMAN martes 18/4/2017 21:30
8€ / 6€ (anticipada)
(+ gastos)
Puntos de venda:
Ticketea, Riquela, A Reixa Tenda Entradas
Comparte! Deleite ao Vivo | Presentación do disco "Daniel Bachman" | Apertura de portas 21.00h Logos
#374
sábado 31/10/2026 20:30
Morno presenta:

Glockenwise é unha banda de Barcelos composta por Nuno Rodrigues (voz e guitarras), Rafael Ferreira (guitarras), Rui Fiusa (baixo) e Cláudio Tavares (bateria). Nos seus 15 anos de traxectoria, teñen actuado tanto nas principais citas do seu país coma en numerosos escenarios europeos. Contan con cinco discos editados: Building Waves (2011), Leeches (2013), Heat (2015), Plástico (2018) e Gótico Português (2023), e o 23 de setembro deste 2026 publicarán o seu sexto traballo, Vale Tudo Para Cheg[…]

#374 Glockenwise + Guilherme Zapata sábado 31/10/2026 20:30
Morno presenta:
Entradas
#373
viernes 2/10/2026 20:30
Concerto

El ciclo de conciertos O SON DOS ARRIEIROS nace como una apuesta por el talento emergente en un momento especialmente fértil para la escena musical gallega. Inspirado en el camino compartido de los arrieros, el proyecto busca dar continuidad e impulso al trabajo que ya se desarrolla en las salas de conciertos, acompañando a los artistas en su tránsito hacia escenarios más grandes. Cuidar y mantener estos espacios es esencial, ya que en ellos se cultiva y se garantiza la supervivencia de la mú[…]

#373 Dani Cornes + Santi Araujo viernes 2/10/2026 20:30
Concerto
19,80€ Entradas
#372
viernes 11/9/2026 20:30
Novos Impulsos

Taïn compone canciones para esos momentos en que es difícil explicar lo que uno lleva dentro. Con una voz desgarradora y un sonido de guitarra que oscila entre el pop rock y el punk, habla de amor, ansiedad, culpa y la búsqueda de un lugar propio. Sus canciones pueden ir desde la intimidad de una balada hasta la energía de un tema retro para cantar a pleno pulmón.

Tras el lanzamiento de su primer álbum, Amor Subterráneo, presenta La Rendición, un nuevo EP. Cuatro canciones sobre dejar[…]

#372 Taïn viernes 11/9/2026 20:30
Novos Impulsos
13,60€ Entradas
#371
viernes 18/9/2026 21:00
HolaNola Lab Festival

HolaNola Band é unha formación creada polos músicos participantes na residencia artística de OLA NOLA, na que conflúen o son de Nova Orleans, o flamenco, a música tradicional galega e outras influencias contemporáneas. A banda reúne a artistas como Aurora Nealand, Steve Lands, Martin Masakowski, Julián Maeso, Lucas de Mulder, Caamaño & Ameixeiras, Kike Terrón ou Ton Risco, entre outros. Xuntos converten o traballo colectivo, a improvisación e o intercambio artístico nun encontro musical único[…]

#371 HolaNola Band viernes 18/9/2026 21:00
HolaNola Lab Festival
16,50€ Entradas
#370
jueves 17/9/2026 21:00
HolaNola Lab Festival

🎷 Louis Ford & His New Orleans Flairs chegan a Holanola.

Quinta xeración dunha saga musical que arrinca en 1856. Fillo de Clarence Ford, saxofonista principal de Fats Domino durante 30 anos. Formado xunto a Ellis Marsalis e Kid Jordan. Habitual do Festival de Jazz de Nova Orleans e a Preservation Hall Jazz Band. Louis Ford non é só un virtuoso do clarinete e o saxofón: é Nova Orleans en persoa.

Acompáñanlle Carlos Childe ao banjo e voz, David Herrington á trompeta, Héctor Olivei[…]

#370 Louis Ford and His New Orleans Flairs jueves 17/9/2026 21:00
HolaNola Lab Festival
19,80€ Entradas
#369
miércoles 16/9/2026 21:00
HolaNola Lab Festival

🎸 Madisen Ward chega a Holanola.

Empezou tocando en cafeterías xunto á súa nai en Independence, Misuri. Deses escenarios pequenos e honestos naceu algo grande: Madisen Ward and the Mama Bear, o dúo familiar de folk que o mundo descubriu en 2014. Agora Madisen chega en solitario, co seu primeiro proxecto privado e ese mesmo son americano de raíz que o lanzou todo.

Un concerto íntimo que merece a pena non perderse.

📍 Riquela Club, Santiago de Compostela
📅 16 de setemb[…]

#369 Madisen Ward miércoles 16/9/2026 21:00
HolaNola Lab Festival
16,50€ Entradas
Anterior Siguiente