#82
MARIMANHAS
Martes 25/7/2017 22:30
Pases: 18/7/201, 25/7/2017, 1/8/2017

Riquela Club acollerá os martes, dentro da súa programación especial de verán, sesións dedicadas ao folk e a música popular. As tres primeiros concertos estarán protagonizados polo cuarteto galego Marimanhas e celebraranse os dous últimos martes de xullo (18 e 25 de xullo, día grande de Santiago) e o primeiro martes de agosto (1 de agosto).

MARIMANHAS
XIAO BERLAI guitarra / mandolina / voz
MARÍA G. BLANCO violín
XABIER AGRA frauta traveseira
XABIER BLANCO acordeón diatónico

O cuarteto MARIMANHAS toma como base a tradición galega para conseguir unha música chea de enerxía e potencia. Con acordeón diatónico, guitarra e mandolina, violín e frauta traveseira de madeira conseguen unha tímbrica chea de matices onde a sonoridade galega está presente xa dende os ritmos, os modos e as melodías. Mais Marimanhas non fica só na parte instrumental, senón que a voz e as melodías cantadas completan o abano sonoro da agrupación. Os compoñentes do cuarteto son músicos consagrados na música galega que proveñen de grupos como Fía na Roca, Os d'Abaixo, Tis Che Tein, Berlai, etc.

#82 MARIMANHAS Martes 25/7/2017 22:30
Pases: 18/7/201, 25/7/2017, 1/8/2017
entrada gratuita (+ gastos) Puntos de venda:

Comparte! Entrada gratuita ata completar o aforo do local | Riquela verán | Apertura de portas 21.30h
#201
Domingo 25/6/2023 13:00

Dúas son as principais inquedanzas que animan a os músicos Pablo Castanho e Marcos Pin a formar unha orquestra de Jazz; en Compostela, no ano 2017. Ámbos concluíron os seus estudos de música no estranxeiro; Pablo en Nova York (New School) e Marcos en Holanda (Royal Conservatorium) e é aí, nas respectivas escolas, onde descobren a importancia que ten esta, a formación máis glamurosa do Jazz —a “Big Band”—, para o desenvolvemento musical dun intérprete neste estilo. Sabedores, apostan pola tran[…]

#201 Castaño-Pin Jazz Orquestra Domingo 25/6/2023 13:00
Entrada gratuita
#200
Sábado 17/6/2023 13:00

Sanny, o nome artístico tras o que se agocha Sandra Gómez, é unha artista viguesa cun pé nos primeiros anos de Bob Dylan e no Nebraska de Bruce Springsteen, e co outro en artistas indie contemporáneas como Phoebe Bridgers e Sharon Van Etten. Desenvolve o seu particular estilo compositivo e interpretativo. A comezos do 2019, realiza unha estadía de 3 meses en Preston (Reino Unido) e percorre cada semana os micros abertos dos pubs locais mentres investiga sobre música e sociedade nos EUA. Adema[…]

#200 Sanny Sábado 17/6/2023 13:00
8€ / 6€ anticipada
#199
Xoves 15/6/2023 23:00

Akazie é o nome baixo o que a artista Acacia Ojea (Vigo, 1994) exerce como DJ e selectora de contido musical maioritariamente enfocado na escena postclub, cun gran interese nos discursos máis próximos á música deconstruida e o ruído. Despois de estudar música clásica, graduarse en Belas Artes e especializarse en cinema experimental e electroacústica, Acacia desenvolve transversalmente proxectos vinculados ás artes sonoras e á linguaxe fílmica a través dun achegamento conceptual e investiga ao[…]

#199 Akazie Xoves 15/6/2023 23:00
Entrada gratuita
#197
Sábado 10/6/2023 12:00

Temos preparado un festival que ides flipar. O vindeiro 10 de xuño ás 12h no Riquela Club. Entrada de balde. Haberá música e teatro. Ademais o aloumnado de foto e vídeo documentarán todo. O cartaz é obra da nosa alumna de deseño @lloromicas el a profe @maruastray

#197 Garaxeland Sábado 10/6/2023 12:00
Entrada gratuita
#198
Venres 9/6/2023 21:00

Berlai é o projeto musical criado por Xiao Berlai. Um projeto baseado numha música sem complexos que bebe directamente da tradiçom galega, do indie-pop, do rock e da música electrónica.
As letras das cancións nacem como imagens obsesivas do universo galego: onde as berzas som urbanas, ou o milho necessita cintas de baliçamento policial.
Berlai é indie rururbano, como consecuência lógica á música post-bravu, e assi se transmite nos dous discos de Berlai: Desconhecido e Cas Berlai.<[…]

#198 Berlai Venres 9/6/2023 21:00
8€
#196
Sábado 3/6/2023 21:00

Quinto aniversario de Nora Tattoo Compostela!

- Flash day de 11:00h a 20:00h con máis de 30 tatuadores convidados. MORENO MORENO/RUSS
- Sesión vermú de 13:00h a 17:00h na Praza de Feixoo. MONOLIUOUS DOP DJ
- Concertos 21:00h: MAUSOLEO e SOMOS LA HERENCIA (Entrada 15€)
- DJs Feitizos e Amiga

Artistas flash day:
BLACK DUCK . BRUXISMO . CHAINI . CHRIS WEISHAUPT . C SILVA . DAVID DIZ . DIEGO RÚA . FUTURO FINAL . GRETA DEBELIUS . IAN RODRÍGUEZ . INSER . IVÁN M[…]

#196 Aniversario Nora Tattoo Sábado 3/6/2023 21:00
15€
Anterior Siguiente