#70
MATT ELLIOTT
miércoles 3/5/2017 21:30
+ SACROMONTE

Tras tres anos de silencio discográfico, Matt Elliott presenta o seu novo lunga duración The Calm Before (Ici D’Ailleurs) co que chega ao compostelán Riquela Club o mércores 3 de maio. Moito antes de chegar á maioría de idade, Matt Elliott tiña decidido consagrar a súa vida á música e convertérase nun dos actores principais da vibrante escena de Bristol dos noventa. A finais de siglo e rondando os vinte anos, xa tivera tempo de traballar na mítica tenda de discos Revolver, transformarse un reputado DJ e asinar unha influinte discografía co seu proxecto The Third Eye Foundation. Matt Elliott acadara notoriedade a mediados dos noventa cando publicou Semtex, considerado un dos discos máis influintes de drum & bass da época e cuxo son emparentouse, entre outros, a My Bloody Valentine. Activo na escena musical de Bristol, daquela dominada por nomes como Portishead e Massive Attack, comezou a facer remezclas para outros artistas, entre os que cómpre salientar Amp, Hood, Yann Tiersen, Mogwai, The Pastels ou Thurston Moore. En 2003, comezou a editar discos como Matt Elliott no que supuxo un marcado xiro estilístico orientado cara a música folk, feita con guitarra e piano e encarnada no longa duración The Mess We Made. Drinking Songs, publicado en 2005, foi quizais o disco máis aclamado da súa carreira. Despois editou outros seis discos aos que se suma agora The Calm Before, un álbum que nos devolve a un Matt Elliott pausado, escorado ao folk, coa guitarra española e os seus pedais como mellores aliados, rebuscando nas entrañas como só el sabe facer. Sempre que Matt Elliott toma un escenario o entorno desaparece, nunha sensación compartida por público e artista en empatía e íntima colaboración. É o hipnótico efecto que este artista británico causa ao vivo.

Abrirá este concerto Sacromonte, o proxecto do compositor castellonense residente en Berlín Alberto R. Lucendo, músico que atesoura unha intensa carreira tamén como guitarrista e productor. O proxecto Sacromonte naceu a finais de 2015 e Rime é o seu álbum de debut. Este traballo xurde da necesidade de acadar a esencia en espazos de fondas emocións, facendo da fraxilidade e da sutileza as principais aliadas. Voces como pequenos mantras, resonancias, ecos que chegan de lugares máxicos, loops e ricos matices crean atmósferas intensas e entornos profundos, eternos lugares cos que as melodías nos fan soñar. As cancións de Sacromonte miran de fronte ao son e as súas posibilidades expresivas, sen nunca deixar de latexar o corazón.

https://mattelliott.bandcamp.com/ http://www.thirdeyefoundation.com/
#70 MATT ELLIOTT miércoles 3/5/2017 21:30
+ SACROMONTE
9€ / 6€ (anticipada)
(+ gastos)
Puntos de venda:
www.workonsunday.es, Riquela, A Reixa Tenda Entradas
Comparte! presentación novo disco "The Calm Before" | Apertura de portas 20.30h
#368
sábado 10/10/2026 19:00
Monólogo

O domingo 04 de outubro, Riquela vístese de comedia (e de sarcasmo marca Castela) coa chegada de Laura de Val e o seu novo show.

Unha hora longa onde a identidade, a ironía e as malas decisións mestúranse con chistes malos (como o que acabas de ler, probablemente) e unha promesa importante: non haberá hummus. 🧆❌

Laura escribe esta sinopse en terceira persoa... aínda que é ela mesma a que o está facendo. Porque así funciona a súa cabeza: todo soa mellor antes de dicilo. Pásache a[…]

#368 Laura de Val sábado 10/10/2026 19:00
Monólogo
18€
#367
viernes 5/6/2026 20:30
Concerto

Tras un tempo de descanso, Néboa regresan con novo disco, que verá a luz no mes de maio, e volven actuar en Santiago o próximo 5 de xuño na sala Riquela.

#367 Néboa viernes 5/6/2026 20:30
Concerto
13€ Entradas
#366
sábado 13/6/2026 20:30
Concerto

O sábado 13 de xuño, Riquela recibe a unha auténtica besta do escenario: Boom Boom Kid, o proxecto en solitario de Carlos Rodríguez (ex Fun People).

Hardcore, punk, rock alternativo... pero tamén folk, rockabilly e psychobilly. Todo vale baixo o seu propio selo, Ugly Marcas. Un directo sen rede, visceral e honesto, que non deixa a ninguén indiferente.

Se che gusta o ruído ben feito e a actitude sen filtros, esta é a túa noite.

🗓️ SÁBADO 13 DE XUÑO
⏰ 20:30h
📍 R[…]

#366 Boom Boom Kid sábado 13/6/2026 20:30
Concerto
#365
jueves 25/6/2026 20:30
Concerto

O xoves 25 de xuño, Riquela recibe a unha das mellores bandas nacionais do momento. Vera Fauna chega a Santiago co seu disco "Díme onde estamos" debaixo do brazo e un directo que conquistou salas e festivais de arriba a abaixo.

O seu xa non é unha promesa. É realidade. O 2025 foi o ano da súa consagración, e agora veñen demostralo na nosa casa. Cancións que enganchan, unha posta en escena impecable e ese non sei que que converte cada concerto nunha festa.

#365 Vera Fauna jueves 25/6/2026 20:30
Concerto
22€ Entradas
#364
jueves 28/5/2026 20:30
Concerto

🎶🌿 EMILIA E PABLO EN RIQUELA

O xoves 28 de maio, o dúo chileno-español presenta un adianto de "De Púrpura e Melancolía", o seu novo traballo. Unha viaxe musical pola poesía de Gabriela Mistral, Alejandra Pizarnik e outras grandes, xunto ao mellor dos seus discos anteriores.

Fusión de raíz latinoamericana e flamenca, recoñecidos pola crítica (Mondo Sonoro, Premios MIN) e con colaboracións con Estrella Morente ou Niño de Elxe.

🗓 XOVES 28 MAIO
⏰ 20:30h
📍 Riquela […]

#364 Emiia y Pablo jueves 28/5/2026 20:30
Concerto
10€  Entradas
#363
domingo 12/4/2026 13:00
Concerto

Ukestra do medio apresenta ‘De Aqui e de Acolá’, o seu terceiro disco grande, um trabalho que inclui 10 temas e que se abre a inspiraçons nom exploradas anteriormente. Assi, a cúmbia, a bossa nova ou a música de ar tradicional convivem com ritmos mais habituais nos trabalhos da Ukestra como som o pop, o swing, o folk ou a música country. Umha mestura intencionalmente eclética e heterodoxa.

‘De Aquí e de Acolá’ apresenta-se como o disco mais alegre da Ukestra do Medio, no que predominam[…]

#363 Ukestra do Medio domingo 12/4/2026 13:00
Concerto
5€ Entradas
Anterior Siguiente