#51
Cracker
jueves 4/5/2017 21:30

Cracker foi definido de múltiples xeitos ao longo dos seus máis de 25 años de carreira: alt-rock, americana, country insurxente e, incluso, en termos como punk e rock clásico. Pero máis que calquera outra cousa, Cracker son supervivintes. Os cofundadores David Lowery e Johnny Hickman acumularon durante este tempo máis de 10 álbums de estudo, múltiples discos de ouro, miles de concertos en directo, exitosas cancións que aíndan se poden escoitar habitualmente en emisoras de radio de todo o planeta (como Low, Teen Angst (What the World Needs Now), Euro-Trash Girl, Get off this ou Turn on, tune in, drop out with me, por só citar algunhas) e unha lexión de incontables seguidores e fans por todo o mundo que non deixa de crecer cada ano.

Publicado a finais de 2014 como un dobre álbum, Berkeley to Bakersfield é ata a data a última gravación de estudo de Cracker que os seus fundadores, David Lowery e Johnny Hickman, presentan como unha viaxe por California na que están acompañados pola formación orixinal da banda. Para quen non o saiba, Berkeley e Bakersfield están só a cinco horas en coche (pouco, para os standards de Estados Unidos) pero as súas escenas musicais non poden ser máis distintas entre sí. Da zona da Bahía (Berkeley) xurdíu unha escena rock nos últimos 70 e xa nos 80, mentres Bakersfield é coñecida polo seu twang country popularizado por Buck Owens e Merle Haggard nos 60 e 70. A pesares destas grandes diferencias culturais, musicais, estes son os dous elementos fundamentais para David Lowery e Johnny Hickman en cada un dos discos que teñen gravado nos últimos 25 anos. Como explica Lowery: “No disco Berkeley está a formación orixinal de Cracker Davey Faragher, Michael Urbano, Johnny e eu mesmo. Era a primeira vez que estamos xuntos nunha habitación para gravar en case 20 anos. E case de xeito preconcibido, ao atoparnos nos estudos Easy Bay Recorders, en Berkeley, pensamos en centrarnos na música que asociamos inmediatamente coa East Bay (punk e garage con algún toque funky) e dotar de reivindicación política ás letras. Por outra banda, o disco Bakersfield explora a parte California country da banda. Sempre sobrevolamos polo mundo da Americana, pero esta vez queríamos ser irremediablemente country / country rock, dende as tripeiras dos vales de California”.

http://www.crackersoul.com https://www.facebook.com/CrackerSoul
#51 Cracker jueves 4/5/2017 21:30
20€/18€ (anticipada)
(+ gastos)
Puntos de venda:
Riquela, Ticketea Entradas
Comparte! Apertura de portas 20.30h
#368
sábado 10/10/2026 19:00
Monólogo

O domingo 04 de outubro, Riquela vístese de comedia (e de sarcasmo marca Castela) coa chegada de Laura de Val e o seu novo show.

Unha hora longa onde a identidade, a ironía e as malas decisións mestúranse con chistes malos (como o que acabas de ler, probablemente) e unha promesa importante: non haberá hummus. 🧆❌

Laura escribe esta sinopse en terceira persoa... aínda que é ela mesma a que o está facendo. Porque así funciona a súa cabeza: todo soa mellor antes de dicilo. Pásache a[…]

#368 Laura de Val sábado 10/10/2026 19:00
Monólogo
18€
#367
viernes 5/6/2026 20:30
Concerto

Tras un tempo de descanso, Néboa regresan con novo disco, que verá a luz no mes de maio, e volven actuar en Santiago o próximo 5 de xuño na sala Riquela.

#367 Néboa viernes 5/6/2026 20:30
Concerto
13€ Entradas
#366
sábado 13/6/2026 20:30
Concerto

O sábado 13 de xuño, Riquela recibe a unha auténtica besta do escenario: Boom Boom Kid, o proxecto en solitario de Carlos Rodríguez (ex Fun People).

Hardcore, punk, rock alternativo... pero tamén folk, rockabilly e psychobilly. Todo vale baixo o seu propio selo, Ugly Marcas. Un directo sen rede, visceral e honesto, que non deixa a ninguén indiferente.

Se che gusta o ruído ben feito e a actitude sen filtros, esta é a túa noite.

🗓️ SÁBADO 13 DE XUÑO
⏰ 20:30h
📍 R[…]

#366 Boom Boom Kid sábado 13/6/2026 20:30
Concerto
#365
jueves 25/6/2026 20:30
Concerto

O xoves 25 de xuño, Riquela recibe a unha das mellores bandas nacionais do momento. Vera Fauna chega a Santiago co seu disco "Díme onde estamos" debaixo do brazo e un directo que conquistou salas e festivais de arriba a abaixo.

O seu xa non é unha promesa. É realidade. O 2025 foi o ano da súa consagración, e agora veñen demostralo na nosa casa. Cancións que enganchan, unha posta en escena impecable e ese non sei que que converte cada concerto nunha festa.

#365 Vera Fauna jueves 25/6/2026 20:30
Concerto
22€ Entradas
#364
jueves 28/5/2026 20:30
Concerto

🎶🌿 EMILIA E PABLO EN RIQUELA

O xoves 28 de maio, o dúo chileno-español presenta un adianto de "De Púrpura e Melancolía", o seu novo traballo. Unha viaxe musical pola poesía de Gabriela Mistral, Alejandra Pizarnik e outras grandes, xunto ao mellor dos seus discos anteriores.

Fusión de raíz latinoamericana e flamenca, recoñecidos pola crítica (Mondo Sonoro, Premios MIN) e con colaboracións con Estrella Morente ou Niño de Elxe.

🗓 XOVES 28 MAIO
⏰ 20:30h
📍 Riquela […]

#364 Emiia y Pablo jueves 28/5/2026 20:30
Concerto
10€  Entradas
#363
domingo 12/4/2026 13:00
Concerto

Ukestra do medio apresenta ‘De Aqui e de Acolá’, o seu terceiro disco grande, um trabalho que inclui 10 temas e que se abre a inspiraçons nom exploradas anteriormente. Assi, a cúmbia, a bossa nova ou a música de ar tradicional convivem com ritmos mais habituais nos trabalhos da Ukestra como som o pop, o swing, o folk ou a música country. Umha mestura intencionalmente eclética e heterodoxa.

‘De Aquí e de Acolá’ apresenta-se como o disco mais alegre da Ukestra do Medio, no que predominam[…]

#363 Ukestra do Medio domingo 12/4/2026 13:00
Concerto
5€ Entradas
Anterior Siguiente