#200
Sanny
sábado 17/6/2023 13:00

Sanny, o nome artístico tras o que se agocha Sandra Gómez, é unha artista viguesa cun pé nos primeiros anos de Bob Dylan e no Nebraska de Bruce Springsteen, e co outro en artistas indie contemporáneas como Phoebe Bridgers e Sharon Van Etten. Desenvolve o seu particular estilo compositivo e interpretativo. A comezos do 2019, realiza unha estadía de 3 meses en Preston (Reino Unido) e percorre cada semana os micros abertos dos pubs locais mentres investiga sobre música e sociedade nos EUA. Ademais, este tempo sérvelle para rematar de perfilar os temas que forman parte do seu primeiro EP Loners Downtown (2019), gravado en Estudos Mans. O traballo componse de cinco cancións nas que se explora o tema da soidade e nos que se evidencia claramente a influencia do sonido ‘Americana’. Con este traballo, Sanny participa en escenarios diversos como o Smalltown ou o Sofar Sounds Porto e chega a telonear a Sidonie e Iván Ferreiro nos seus concertos no TerraCeo e no EspazoFest, respectivamente. Agora comeza unha nova etapa musical coa presentación de dous novos singles ‘25’ e ‘Bird in a Cage’, dous temas gravados o pasado verán en Radar Estudios (Vigo) e producidos por Pablo Iglesias. Con estes dous temas, a artista dá a coñecer a flagrante nova banda que agora a acompaña: Denis Carballás á guitarra, Bruno Costas ao baixo e Anxo Paz á batería. Ademais, o folk máis tradicional das cancións do seu primeiro EP deixa paso agora a melodías máis elaboradas e unha produción máis coidada.

https://www.instagram.com/p/CWktTjQM-RE/
#200 Sanny sábado 17/6/2023 13:00
8€ / 6€ anticipada
(+ gastos)
Puntos de venda:
A Reixa Tenda e Riquela Club
Comparte! Sonido americana desde Vigo
#381
miércoles 11/11/2026 20:30
Concerto

#381 Sara Hebe miércoles 11/11/2026 20:30
Concerto
18,44€ Entradas
#380
miércoles 18/11/2026 20:00
Doble data

Barrence Whitfield é un artista salvaxe e potente que leva máis de 40 anos ofrecendo interpretacións vocais explosivas, sendo un dos últimos shouters que quedan en activo e en plena forma. Tanto con The Savages como en solitario, Barrence sempre o dá todo, e agora conta co apoio da magnífica banda de frat rock and roll MFC Chicken (inesquecible o seu concerto no Outono Códax 2022) para varios concertos especiais nos que repasarán o repertorio dos primeiros tempos de Barrence, cando empezou a […]

#380 Barrence Whitfield & MFC Chicken miércoles 18/11/2026 20:00
Doble data
18€ Entradas
#379
miércoles 11/11/2026 0:20
Concerto

rancés de nacemento, texano por adopción musical e cantante de soul con alma de bluesman, Tiwayo é un espírito libre que ten tocado na rúa e viaxado por todo o mundo, absorbendo as raíces do blues, o soul e o góspel seguen dando forma á súa música. Foi precisamente nunha viaxe a Memphis onde un veterano músico cajún de blues quedou fascinado polo contraste entre o aspecto xuvenil deste músico e a profundidade áspera e da súa voz. E foi el quen o bautizou como «The Young Old» («o mozo vello»[…]

#379 Tiwayo miércoles 11/11/2026 0:20
Concerto
18€ Entradas
#378
domingo 25/10/2026 20:30
Concerto

#378 Julia Perminova Trío domingo 25/10/2026 20:30
Concerto
TBC
#377
domingo 21/2/2027 18:30
Monólogo

Tabú es un espectáculo de stand-up comedy en el que Dani Alés explora, con inteligencia y una escritura extraordinariamente cuidada, las contradicciones de nuestro tiempo.

Sin recurrir a la provocación fácil ni al humor ofensivo, el espectáculo se adentra en esos asuntos que parecen intocables para demostrar que el verdadero límite del humor no está en los temas, sino en la falta de talento.

Con un ritmo constante, una mirada afilada y un inusual equilibrio entre reflexión y car[…]

#377 Dani Aléx presenta: Tabú domingo 21/2/2027 18:30
Monólogo
17,80€ Entradas
#376
domingo 1/11/2026 19:00
Concerto

Amparo Sánchez (Alcalá la Real, Jaén, 24 de septiembre de 1969) es una cantante, compositora, música, escritora y productora española, reconocida internacionalmente como una de las pioneras y referentes del mestizaje musical y la fusión de estilos (como el reggae, el rock, el ska y la música latina)

#376 Amparo Sánchez domingo 1/11/2026 19:00
Concerto
15€ Entradas
Anterior Siguiente