#18
Dani Wilde
martes 6/12/2016 21:00

Gañadora do galardón á mellor voz nos British Blues Awards 2015, a cantante Dani Wilde actuou nos últimos 10 anos en centos de salas e festivais de Europa, Estados UNidos, Canadá e África, dende o prestigioso Royal Albert Hall londinense ou o Times Square de Nova Iorque ata comunidades desfavorecidas de Kenia con motivo da súa labor humanitaria na loita contra a pobreza infantil nese país. Dani WIlde acadou tres número 1 na Oficial I-Tunes Blues Music Charts e abriu concertos para artistas da talla de Jools Holland, Nazaret, Johnny Winter, JOurney, Foreigner, Maddie Prior, Robert Ford... Tamén actuou no The Legendary Rhythm and Blues Cruise xunto a Bobby Blue Band e fixo colaboracións en directo con Pee Wee Ellis, Christopher Hollan, SAmantha Fish ou Sue Foley. Gravou con recoñecidos productores como Stuart Dixon e o lexendario Mike Vernon (Fleetwood Mac, Eric Clapton). Dani Wilde publicou 3 discos en solitario ademais do álbum "Girls With Guitars". Riquela Club recibe a súa visita o martes 6 de decembro no marco da súa xira española de presentación do seu último disco, "Songs about you", no que colaboran grandes músicos do Reino Unido como Fergus Gerrand (Madonna, Sting) á batería, o baixista Roger Inniss (Chaka Khan), o pianista Janos Barrista (Jimmy Ruffin), o organista Greg Coulson (La Selecter) e o chelista Behany Porter (Peter Gabriel, Kula Shaker). Un cancioneiro honesto e íntimo que combina country, blues e gospel en lelodías fascinantes.

http://www.daniwilde.com
#18 Dani Wilde martes 6/12/2016 21:00
12€/10€ (anticipada)
(+ gastos)
Puntos de venda:
Riquela, A Reixa Tenda, Tickentradas Entradas
Comparte! Mellor vocalista feminina nos British Blues Awards 2016. Presentación do disco "Songs About You". Apertura portas 20.00h
#368
sábado 10/10/2026 19:00
Monólogo

O domingo 04 de outubro, Riquela vístese de comedia (e de sarcasmo marca Castela) coa chegada de Laura de Val e o seu novo show.

Unha hora longa onde a identidade, a ironía e as malas decisións mestúranse con chistes malos (como o que acabas de ler, probablemente) e unha promesa importante: non haberá hummus. 🧆❌

Laura escribe esta sinopse en terceira persoa... aínda que é ela mesma a que o está facendo. Porque así funciona a súa cabeza: todo soa mellor antes de dicilo. Pásache a[…]

#368 Laura de Val sábado 10/10/2026 19:00
Monólogo
18€
#367
viernes 5/6/2026 20:30
Concerto

Tras un tempo de descanso, Néboa regresan con novo disco, que verá a luz no mes de maio, e volven actuar en Santiago o próximo 5 de xuño na sala Riquela.

#367 Néboa viernes 5/6/2026 20:30
Concerto
13€ Entradas
#366
sábado 13/6/2026 20:30
Concerto

O sábado 13 de xuño, Riquela recibe a unha auténtica besta do escenario: Boom Boom Kid, o proxecto en solitario de Carlos Rodríguez (ex Fun People).

Hardcore, punk, rock alternativo... pero tamén folk, rockabilly e psychobilly. Todo vale baixo o seu propio selo, Ugly Marcas. Un directo sen rede, visceral e honesto, que non deixa a ninguén indiferente.

Se che gusta o ruído ben feito e a actitude sen filtros, esta é a túa noite.

🗓️ SÁBADO 13 DE XUÑO
⏰ 20:30h
📍 R[…]

#366 Boom Boom Kid sábado 13/6/2026 20:30
Concerto
#365
jueves 25/6/2026 20:30
Concerto

O xoves 25 de xuño, Riquela recibe a unha das mellores bandas nacionais do momento. Vera Fauna chega a Santiago co seu disco "Díme onde estamos" debaixo do brazo e un directo que conquistou salas e festivais de arriba a abaixo.

O seu xa non é unha promesa. É realidade. O 2025 foi o ano da súa consagración, e agora veñen demostralo na nosa casa. Cancións que enganchan, unha posta en escena impecable e ese non sei que que converte cada concerto nunha festa.

#365 Vera Fauna jueves 25/6/2026 20:30
Concerto
22€ Entradas
#364
jueves 28/5/2026 20:30
Concerto

🎶🌿 EMILIA E PABLO EN RIQUELA

O xoves 28 de maio, o dúo chileno-español presenta un adianto de "De Púrpura e Melancolía", o seu novo traballo. Unha viaxe musical pola poesía de Gabriela Mistral, Alejandra Pizarnik e outras grandes, xunto ao mellor dos seus discos anteriores.

Fusión de raíz latinoamericana e flamenca, recoñecidos pola crítica (Mondo Sonoro, Premios MIN) e con colaboracións con Estrella Morente ou Niño de Elxe.

🗓 XOVES 28 MAIO
⏰ 20:30h
📍 Riquela […]

#364 Emiia y Pablo jueves 28/5/2026 20:30
Concerto
10€  Entradas
#363
domingo 12/4/2026 13:00
Concerto

Ukestra do medio apresenta ‘De Aqui e de Acolá’, o seu terceiro disco grande, um trabalho que inclui 10 temas e que se abre a inspiraçons nom exploradas anteriormente. Assi, a cúmbia, a bossa nova ou a música de ar tradicional convivem com ritmos mais habituais nos trabalhos da Ukestra como som o pop, o swing, o folk ou a música country. Umha mestura intencionalmente eclética e heterodoxa.

‘De Aquí e de Acolá’ apresenta-se como o disco mais alegre da Ukestra do Medio, no que predominam[…]

#363 Ukestra do Medio domingo 12/4/2026 13:00
Concerto
5€ Entradas
Anterior Siguiente