Tacón Gitano é flamenco, o flamenco do pobo xitano, que expresa coma ninguén os seus sentimentos feitos música. Dende os palos máis tradicionais ata os máis modernos danse cita nun espectáculo fresco, natural, sen máis pretensión que a de ser un mesmo. Tacón Gitano conta coa colaboración da guitarra do gaditano Miguel Flores, sinónimo de bo gusto e un dos artistas flamencos máis activos do panorama musical galego. Os mércores deste verán 2017, a partir do 12 de xullo e ata o 30 de agosto, o flamenco será o protagonista no escenario de Riquela Club da man de Tacón Gitano e Miguel Flores.
TACÓN GITANO & MIGUEL FLORES
RUBÉN FERNÁNDEZ cante
ISAÍAS SALAZAR baile
MOISÉS FERNÁNDEZ cajón
MIGUEL FLORES guitarra
Moisés Fernández debutou no flamenco con quince anos e dende daquela non parou de tocar compartindo escenario con artistas como Falete, Paquete, Marcos Teira ou Alejandro Vargas. Rubén Fernández é irmán de Moisés Fernández e ambos os dous son fillos do guitarrista Marchena, habitual do madrileño tablao Torres Bermejas; iniciouse no flamenco co piano, para despois namorarse da guitarra e do cante, converténdose nunha figura habitual nos escenarios flamencos de Galicia. Isaías Salazar xa de pequeno era chamado para bailar nas festas, chegando a compartir escenario con artistas como Duquende; a súa paixón é o flamenco e bebe das fontes máis clásicas deste arte, seguindo a escola dos Farruco.
Miguel Flores iniciouse no flamenco en Madrid, na academia Amor de Dios e no Conservatorio Casa Patas, onde entra en contacto con outros afeccionados e profesionais do flamenco, e ademais tomou clases con Aquilino Fernández “Entri” e, máis tarde, con Óscar Herrero. Ten participado, xunto á familia Serranito, no Festival Flamenco e na Peña Flamenca de Ceuta. Dende a súa chegada a Galicia non deixou de colaborar en diferentes proxectos musicais e artísticos que o levaron a compartir escenario con artistas como Narf, Guadi Galego, Iria Peña, Monica de Nut, Montse Rivera, Pablo Pérez, Carlos Freire, etc., formando parte de bandas como Miguel Flores Trío, Pesdelán, Mamá Cabra, Isaías Salazar Trío ou Kelibén.
http://www.miguelflores.es/Pases: 12/7/2017, 19/7/2017, 26/7/2017, 2/8/2017, 9/8/2017, 16/8/2017, 23/8/2017, 30/8/2017
6€
(+ gastos) Puntos de venda:
Riquela
Comparte! Riquela verán | Apertura de portas 21.30h